Igrexa de San Pedro de Ansemil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
retiro cat
Liña 92: Liña 92:
[[Categoría:Silleda]]
[[Categoría:Silleda]]
[[Categoría:Igrexas románicas de Galicia]]
[[Categoría:Igrexas románicas de Galicia]]
[[Categoría:Mosteiros e conventos da provincia de Pontevedra]]


[[pt:Igreja de San Pedro de Ansemil]]
[[pt:Igreja de San Pedro de Ansemil]]

Revisión como estaba o 10 de novembro de 2008 ás 21:12

Ficheiro:Igrexa de San Pedro de Ansemil.JPG
Fachada da igrexa e capela

San Pedro de Ansemil é a igrexa parroquial de Ansemil, no concello de Silleda. Conforma o conxunto unha igrexa románica de planta basilical con tres naves e tres ábsidas, á que se lle uniu unha capela gótica que serviu para soterrar os cadaleitos da familia dos condes de Deza.

Historia

Fachada gótica da Capela dos Deza

É todo o que se conserva dun mosteiro medieval de monxas bieitas de bastante importancia na comarca, e veciño do Mosteiro de Carboeiro.

As orixes do mosteiro suponse que se remontan ao mandato do bispo Sisnando, sendo nos seus inicios un mosteiro dúplice[1]. Segundo Antonio López Ferreiro a súa orixe remontariase ao século IX ou X.[2]. O mesmo autor afirma que no século XII desapareceu a comunidade feminina, pero o mosteiro non deixou de citarse en diversos documentos, polo que considérase que continuou funcionando unha comunidade relixiosa pero quizais masculina en sustitución da femenina. A comunidade femenina volveríase a integrar no século XIII ou principios do XIV.

No século XVI, con motivo da reforma das comunidades monásticas que iniciaran os Reis Católicos a comunidade uníuse a San Paio de Antealtares.

Intepreta Bango Torviso que o templo ata o primeiro tercio do século XII debeu corresponderse "cunha primitiva estrutura basilical asturiana". Nese momento faríanse restauracións do primitivo edificio, principalmente na capela central e na fachada ocidental ou principal. Cando a finais do século XIII ou principios do XIV volve a ser ocupada por unha comunidade feminina constrúese a capela funeraria dos Deza e a porta setentrional, así como o capitel con cabeza de asno e faciana humana da capela central. Considera este autor que esta igrexa como moitas outras do románico galego presenta a pervivencia de moitas das formas do arte asturiano.

Descrición

Fachada occidental

Na actualidade consérvanse dúas construcións: unha igrexa románica e acaroada ao seu muro sur unha capela gótica. A primeira foi o resultado da reforma dunha construción anterior perrománica, e debeu rematarse arredor do ano 1171.

No decorativo destacan os seus capiteis e sobre todo os canzorros exteriores caracterizados por unha gran variedade morfolóxica e plasticidade.

Interior

A igrexa é de planta basilical de tres naves separadas por intercolumnios de arcos semicirculares peraltados e unha ábsida rectangular con dúas capelas engadidas. Cúbrese con tellado de madeira e as naves divídense en tramos por piares de sección cuadrangular no centro e adosados no do testeiro e en columna no muro ociental. Os piares son encapitelados por unha moldura de tenia e chaflán recto uns e ourts en nacela. As basas cunha moldura en chaflán recto, e unha delas presenta uhas piñas.

O interior do templo está encalado na súa casi totaliade. No muro occidental sobre a moderna ventá unha cabeza de carneiro reaproveitada polos construtores da reforma da fachada no século vinte. Nos laterais do mesmo muro as dúas saeteras ábrense con derrame interior en arco de medio punto.

O muro meridional presenta unha saetera a medio tapiar e un gran arco apuntado que comunica coa capela funeraria. As naves cúbrense de madeira, plana na central e a unha vertente nas laterais.

As ábsidas

Vano gótico da Capela

A ábsida lateral meridional ábrese cun arco triunfal de medio punto peraltado e doblado apoiado sobre pilastras a modo de xambas. No interior cúbrese con bóveda de canón. A ábsida lateral setentrional aparece pechada por un murete cunha porta no centro. A bóveda desta ábsida arrinca apoiada nunha imposta a maior altura ca do arco trunfal.

A ábsida central presenta un arco semicircular peraltado e dobrado sobre o que se atopa unha saetera con derrame interior. Cúbrese con bóveda de canón enlucida que descansao sobre o arco trunfal e un arco toral que descansan en columnas entregas.

Os capiteis do arco trunfal presenta motivos vexetais, dous tipos de grandes follas rematadas en espiral. Os fustes confórmanse por dous tambores de tamaño desigual. As basas son áticas co plinto redondeado e unha cabecina de lobo invertida no centro da escota e aos lados dúas pomas.

As columnas do arco toral son unha de características similares ás do arco trunfal e a outra, a da esquerda, formada por unha basa cun plinto e catro toros estreitos superpostos en degradación e fuste partido en catro prtes desiguais, No capitel follas alanceladas e nas caras estreitas unha faciana humana e unha cabeza de asno.

Exterior

Exteriormente non semella que o templo esté composto de tres naves xa que é un rectángulo cuberto a dúas augas con tres ábsidas engadidas á cabeceira.

Capitel esquerdo da fachada occidental
Capitel dereito da fachada occidental

A fachada occidental é plana, sen contrafortes e rematada cunha torre de principios do século XX[3]. A ámbolos lados da porta ábrense dúas saeteras fronte as naves menores e unhas fiestras xeminadas de tempos de Afonso III, elementos reutilizados do primeiro templo. As arquivoltas descansan sobre dous pares de columnas con basas áticas con algunhas alteracións, fustes monolíticos, lisos e exentos. Os capiteis máis exteriores presentan motivos vexetais: grandes follas con vértices terminado en espiral a modo de volutas. Os capiteis interiores, o dereito representa dous leóns enfrontados e o esquerdo a un home vestido con túnica e calzado con borceguí sostendo nas mans sobre o peito un libro aberto. Fáltalle a cabeza. No mesmo capitel tralo home dúas cabezas humanas e aos lados dous homes espidos cunha man no muslo e outra nos xenitais.

Tampouco presentan contrafortes os muros laterais. O muro meridional apenas é visible catro metros por ter engadida a capela. No aleiro presenta unha decoración con bolas no chaflán da cobixa, con canzorros de follas, cabeza de felino e outra de bóvido. Tamén se abre cunha saetera. O muro setentrional semella modificado. Carece de cornixa e de saeteras. Ábrese cunha porta alintelada, o lintel un enorme perpiaño presenta traballado un arco de medio punto e inscrito nel un arquiño pentalobulado (con arcos de ferradura) e no seu interior unha cruz grega.

Canzorro erótico

O muro ocidental aparece prolongado por un conraforte que se mella engadido con posterioridade. Ábrese cunha pequena saetera. No piñón do muro un carneiro cunha cruz trebolada de brazos flexionados.

Os ábsidas son rectangulares, sendo o central de maiores proporcións. Os laterais cúbrense a unha auga e o central a dúas. O muro do testeiro da ábsida central ábrese cunha saetera. No muro lateral setentrional un alero de chaflán recto con canzorros con cabeza de bóvido, folla picuda con poma, unha gran cabeza humana cuxo copro só se representa coas extremidades inferiores encollidas, un posible felino e un canzorro cun gran baquetón no extremo superior. No muro lateral meridional presenta unha ventá retangular moderna e unha cornixa similar á do oposto con canzorros que representan: un animal indeterminado, unha cabeza de bóvido, un canzorro de voluta, unha figura humana, un de tema irrecoñecible e unha cabeza de felino.

Na ábsida lateral setentrional, o muro do testeiro presenta unha pequena saetera e presenta por cornixa un alero liso.

A ábsida lateral meridional presenta unha morfoloxía similar a súa oposta. Presenta metido no seu muro testeiro un gran can cunha cabeza de bóvido co corno dereito roto.

A Capela funeraria dos Deza

Agnus Dei
Virxe co neno

A dereita da igrexa e unida a ela a través dun arco apuntado atópase a coñecida como Capela señorial dos Deza, obra gótica do século XIV chamada así por conservarse nela o sepulcro de Diego Gómez de Deza do ano 1341.

Trátase dun espazo independiente da igrexa composto por unha nave e unha ábsida rectangular cuberta con bóveda de crucería.

Na fachada mostra un lintel co Agnus Dei xunto a unha Virxe co neno sentada baixo un dosel gótico. Un rosetón e abondosa decoración nos canzorros rematan o conxunto.

Galería de imaxes: Canzorros

Notas

  1. Conformado por relixiosos de ambos sexos.
  2. A. López Ferreiro. O niño de Pombas, (1905). Santiago de compostela. .
  3. Con total seguridade con posterioridade ao ano 1909, ano no que Enrique Campo fixo un debuxo da fachada onde se ve unha espadaña de dúas troneiras cun carneiro, e en lugar da ventá rectangular actual unha saetera.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bango Torviso, Isidro Gonzalo (1979). Arquitectura románica en Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza, páx 96-98. ISBN 84-300-0847-0.