Edda: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: uk:Едди |
m bot Engadido: eu:Edda |
||
Liña 37: | Liña 37: | ||
[[es:Edda]] |
[[es:Edda]] |
||
[[et:Eddad]] |
[[et:Eddad]] |
||
[[eu:Edda]] |
|||
[[fi:Edda]] |
[[fi:Edda]] |
||
[[fr:Eddas]] |
[[fr:Eddas]] |
Revisión como estaba o 6 de novembro de 2008 ás 04:21
As Eddas son coleccións de historias relacionadas coa mitoloxía nórdica. Con ese nome coñécense dúas recompilacións literarias islandesas medievais que xuntas forman o corpus máis importante para coñece-la mitoloxía nórdica.
Estas son partes fragmentarias dunha antiga tradición escáldica de narración oral (actualmente perdida) que foi recompilada e escrita por eruditos que preservaron unha parte destas historias.
As escolmas son dúas: A Edda prosaica (coñecida tamén como Edda menor ou Edda de Snorri) e a Edda poética (tamén chamada Edda Maior ou Edda de Saemund).
Na Edda poética recompiláronse poemas moi antigos, de carácter mitolóxico e heroico, realizada por un autor anónimo cara o ano 1250.
A Edda de Snórri foi composta por Snorri Sturluson (1179-1241) contra os anos 1220 ou 1225. Esta Edda non está formada por poemas, xa que está escrita en prosa. Con esta Edda o poeta e guerreiro islandés Snorri tentaba axudar á formación de poetas no estilo tradicional escáldico, unha forma de poesía que data do século IX, moi popular en Islandia.
Existe un número de teorías referentes á orixe do termo Edda. Unha teoría sostén que é idéntica á palabra que parece significar "a grande avoa" (véxase Ríg). Outra teoría argumenta que Edda significa "poética". Unha terceira teoría estipula que significa "O libro de Oddi", onde Oddi é o lugar onde Snorri Sturluson foi educado.