A morte na literatura popular galega: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
locucións en col da morte
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 30 de outubro de 2008 ás 21:38

Locucións

  • Á morte: estar a piques de morrer.
  • A vida ou morte: facer algo con evidente perigo de morrer.
  • Aire de morto: crenza supersticiosa segundo a cal as persoas que vían un cadáver cando o lvaban ó cemiterio, non tardaban en morrer tamén.
  • Aire dun difunto: denominación inespecífica para algúns defectos físicos ou taras
  • Antes a morte: expresión de rexeitamento de algo que se estima intolerable.
  • Arrincar a un dos brazos da morte: salvarlle a vida cando estaba a morrer.
  • Ata a morte: firmemente resolto, pase o que pase.
  • Axudar a ben morrer: auxiliar ó moribundo coas oracións apropiadas.
  • Busca-la morte: facer voluntariamente certas cousas que poden representar grave perigo.
  • Caer na cova: recibir sepultura, ser enterrado.
  • Caer redondo: caer repentinamente ó chan, morto.
  • Caerlle a facha a alguén: dise de quen está a piques de morrer.
  • Calado (caladiño) coma un morto, coma un defunto, coma un defuntiño: estar moi calado, sen dar fala.
  • Chamar Deus a un: morrer. Tamén, chamouno Deus pra si.
  • Como quen fala cun morto: frase de resignación ante non contesta ou non fai caso ningún.
  • Dar morte: matar a alguén.
  • De mala morte: loc. adxectiva que expresa un valor mínimo, despreciable.
  • De morte: implacablemente, con ferocidade.
  • Deus te aparte do día das gabanzas: aplícase ó día da morte, momento no que só se reciben loubanzas.
  • Estar á morte: estar un enfermo en estado crítico.
  • Estar comendo pedra.
  • Estar comendo terra: dise da persoa que morreu e está enterrada.
  • Estar entre a vida e a morte: estar en inminente risco de morrer.
  • Estar gozando de Deus: estar xa morto e, supostamente, no ceo.
  • Estar ó pé da morte: estar un enfermo en estado crítico.
  • Estar pensando na morte da becerra: non estar atento ó que se di ou se fai, estar absorto noutros pensamentos. Tamén, estar pensando na morte da burra.
  • Estar tan morto coma a miña avoa: frase despectiva ante algo pasado de moda e xa sen valor. Tamén ten o sentido directo, co que se asegura que unha persona está morta.
  • Este ovo asado vai: aplícase a quen, por vello ou enfermo, está próximo a morrer.
  • Feito de mala morte: feito mal, de calquera forma, sen nincún coidado.
  • Feo coma a morte: extremadamente feo. Tamén Máis feo cá morte.
  • Frío coma a morte
  • Guerra a morte: sen dar cuartel.
  • Ir pra baixo do chan coma as teupas: frase que anuncia a inminente morte dalguén.
  • Ir pró ceo das teupas
  • Ir soltando o ferro: frase coa que se indica a decadencia física dun vello. Procede do feito de que cando unha roda do carro vai vella, perde os cravos e as lamias.
  • Ir garda-los pitos ó abade: morrer. Refírese á práctica de enterra-los mortos no adro da igrexa, próximo á casa rectoral.
  • Loitar coa morte: estar durante longo tempo en agonía.
  • Máis morto que vivo
  • ¡Máis valera morrer!: expresión ante unha desgracia irremediable e de graves consecuencias.
  • Morra o conto: frase para cortar unha discusión, forzando o paso a outro tema. Tamén se usa para pechar un trato.
  • Morrer á miñoca: morrer na máis absoluta miseria, de fame. Tamén morrer á mioca.
  • Morrer adoecendo coma un can: morrer desesperado, padecendo moita dor.
  • Morrer coma un can: morrer un só e abandonado de familiares e amigos, sen que ninguén coide de un ou se compadeza del.
  • Morre-lo fogo: apagarse o lume.
  • Morrer vestido: morrer violentamente.
  • Morte en fóra: frase coa que se garante que se vai cumpri-lo compromiso adquirido, poñendo como única excepción a propia morte.
  • Non ha de morrer de cornada de burro: aplícase a quen toma excesivas precaucións, mesmo ante perigos inexistentes.
  • Non ser de morte: frase irónica ante un accidente ou enfermidade que non representa realmente ningún perigo grave.
  • Non ser morte de home: ser menor o dano do que se esperaba, non ser tan prexudicial como se temía.
  • Non ter aínda a tega chea: non ser aínda a hora de morrer.
  • Ó pé da morte: a punto de morrer.
  • Pan da morte: denominación xenérica de calquera cogomelo velenoso. Tamén pan da zorra e pan do demo.
  • Paxaro da morte: denominación xenérica de calquera ave rapaz nocturna. Adoita usarse, por se-las máis comúns, ó moucho ou á curuxa.
  • Pena de morte: a pena capital.
  • Pola morte que debo a Dios: expresión coa que se reafirma a veracidade do que se asegura.
  • Ser bo para [ir] busca-la morte: frase irónica que se aplica a quen tarda demasiado en facer un encargo que implica certa dilixencia.
  • Ser tan certo como que temos que morrer: frase coa que se acredita que o que se di é absolutamente verídico.
  • Sofrir morte e pasión: sentirse moi contrariado, atormentado, violento.
  • Tardarlle a un a brosa: dise do vello acabado próximo á morte. A brosa é a machada.
  • Ver a morte ós ollos: atoparse nunha situación de extremo perigo.
  • Ver a morte preto
  • Volver un da morte á vida: recuperarse con ben dunha grave enfermidade.