Salto, Vimianzo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:

{{Parroquia
|nome = Salto
|imaxe =
|lenda =
|concello = Vimianzo
|superficie =
|poboación = 840
|densidade =
|altitude =
|entidades = 7
}}

Parroquia do municipio de [[Vimianzo]], A Coruña, arciprestado de Soneira e diócese de [[Santiago de Compostela]].
Parroquia do municipio de [[Vimianzo]], A Coruña, arciprestado de Soneira e diócese de [[Santiago de Compostela]].



Revisión como estaba o 30 de outubro de 2008 ás 17:48

Salto
ConcelloVimianzo
Coordenadas43°06′48″N 8°59′51″O / 43.11340714, -8.99742513Coordenadas: 43°06′48″N 8°59′51″O / 43.11340714, -8.99742513
Poboación840 hab.
Entidades de poboación7
editar datos en Wikidata ]

[[Categoría:Vimianzo poboación {{{ano}}}]]

Parroquia do municipio de Vimianzo, A Coruña, arciprestado de Soneira e diócese de Santiago de Compostela.

Situación Xeográfica

Está delimitada por Nandes, Tines, Bamiro, Vimianzo e Calo, distando 3,2 Qm. da capital do municipio e sumando 840 habitantes en total. Divídese nos núcleos de Careixo, Castro, Castromil, Reboredo, Señorás, Torelo e Reparada.

Enclaves naturais

Cabe destaca-lo monte de San Bartolomeu, con 407 m. de altitude e o paso dos ríos Castro e Grande do Porto.

Historia

Batáns do Mosquetín

Tomando en referencia os restos castreños en Castro e mámoas en Reparada, pódese asegurar que os orixes de esta comunidade, ó igual cas súas veciñas colindantes, remóntanse a antes da chegada dos romanos.

Nembargantes, é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico arco de medio punto románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a bóveda da sacristía e os capiteles das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo gótico. No 1789 foron engadidos dous retablos máis obra de Francisco Agudín, de estilo neoclásico e outros vestixios coma a Virxe do Rosario, de líneas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no 1956, sendo definitivamente una igrexa de cruz latina. Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o eixe da economía correspóndelle ós Batáns do Mosquetín. Estes muiños sitúanse á esquerda do río Grande e suman en total sete máis tres batáns. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o liño e . Durante séculos constituiu unha importante industria e os seus servizos eran demandandos máis aló dos límites naturais de Soneira. Actualmente están sendo rehabilitados pola Deputación da Coruña co obxetivo de reformalos nun museo.

Ermitas

Ademais da igrexa principal existen numerosas ermitas distribuidas pola parroquia destacando a de San Bartolomeu no cumio deste monte e as da Virxe Peregrina, Santa Eirena e Santo Antonio.