Eadweard Muybridge: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Eadweard Muybridge
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fi:Eadweard Muybridge
Liña 20: Liña 20:
[[en:Eadweard Muybridge]]
[[en:Eadweard Muybridge]]
[[es:Eadweard Muybridge]]
[[es:Eadweard Muybridge]]
[[fi:Eadweard Muybridge]]
[[fr:Eadweard Muybridge]]
[[fr:Eadweard Muybridge]]
[[he:אדוארד מייברידג']]
[[he:אדוארד מייברידג']]

Revisión como estaba o 29 de outubro de 2008 ás 21:32

Cabalo en movemento

Eadweard Muybridge (Edward James Muggeridge) fotógrafo e investigador nacido en Inglaterra no día 9 de abril de 1830 e falecido no día 8 de maio de 1904, coñecido principalmente polos seus experimentos como a xeración do movemento.

As súas investigacións sobre a descomposición do movemento iniciadas en 1872 foron realizadas de forma paralela cos traballos de Étienne Jules Marey. En 1878, e grazas ao encargo do home de negocios Leland Stanford, conseguíu fotografar unha égua galopando cunha serie de vintecatro fotogramas. Cada unha das cámaras foi colocada de forma paralela ao traxecto da supracitada e cun cabo ligado ao disparador de cada cámara que se interpuña no citado traxecto a fin de que durante o galope a égua foi accionando as cámaras.

Cabalo en movemento

Este experimento fotográfico é coñecido polo título de "O Cabalo en movemento" e mostranos algo que xa afirmara Étienne Jules Marey e que sen impedimento non conseguira demostrar, o cabalo cando galopa mantén os catro cascos no aire dunha vez sen manter apoio algún sobre o terreo, embora o ollo humano non capte.

O sistema foi precursor para o posterior desenvolvemento das cámaras de cinema.

Muybridge utilizou esta técnica en moitas outras ocasións para fotografar persoas e animais a fin de estudar os seus movementos, chegando a colaborar con Étienne Jules Marey en Paris, en 1881.

Nos anos 90 do século XX, o grupo de música U2 fixo un videoclip para a súa canción Lemon que supón un tributo ás técnicas de Muybridge.