Cleómenes I: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: sh:Kleomen I |
m bot Engadido: hu:I. Kleomenész |
||
Liña 27: | Liña 27: | ||
[[es:Cleómenes I]] |
[[es:Cleómenes I]] |
||
[[fr:Cléomène Ier]] |
[[fr:Cléomène Ier]] |
||
[[hu:I. Kleomenész]] |
|||
[[it:Cleomene I]] |
[[it:Cleomene I]] |
||
[[ja:クレオメネス1世]] |
[[ja:クレオメネス1世]] |
Revisión como estaba o 26 de outubro de 2008 ás 04:42
Cleómenes I, rei de Esparta de circa 520 aC a circa 489 aC.
Da familia dos Axíadas, sucede ao seu pai Anaxandridas II sobre 520 aC no trono de Esparta, e goberna conxuntamente co segundo rei, Demarato, ata 492 aC. A asociación dos dous soberanos é problemática pois Demarato frea a miúdo a Cleómenes.
Este afirma a primacía de Esparta ao intervir moitas veces nos asuntos internos de Atenas. En 510 aC, axuda aos Alcmeónidas a derrubar a tiranía de Hipias pero tenta logo apoiar o partido aristocrático de Iságoras contra os demócratas liderados por Clístenes. En dúas ocasións, en 507 aC e en 506 aC, tenta, en van, poñer fin á experiencia democrática posta en marcha por Clístenes.
Logo da revolta dos Gregos de Xonia, négalle toda axuda de Esparta a Aristágoras, o tirano de Mileto. En 494 aC, inflixe a Argos unha derrota en Sepeia, reforzando así o poderío espartiata no Peloponeso. En 492 aC, expulsa a Demarato, quen se refuxia en Persia.
Morreu no ano 489 aC. Tolo, parece que se suicidou.
Tivo como filla a Gorgo, unha das mulleres máis célebres da Grecia Antiga.
Esparta | ||
---|---|---|
Segue a: Anaxandridas II |
Cleómenes I | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Axíadas |