Roberto Vidal Bolaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
+ datiño
Rei-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pt:Roberto Vidal Bolaño
Liña 66: Liña 66:
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Vidal Bolano]]
[[Categoría:Escritores en lingua galega|Vidal Bolano]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Vidal Bolano]]
[[Categoría:Escritores de Galicia|Vidal Bolano]]

[[pt:Roberto Vidal Bolaño]]

Revisión como estaba o 23 de outubro de 2008 ás 18:43

Roberto Vidal Bolaño (nado en Santiago de Compostela en 1950 e falecido na mesma cidade o 11 de setembro de 2002) foi un autor e actor de teatro galego.

Vida

Iniciouse no mundo teatral da man do grupo Antroido, co cal o actor representou as suas primeiras obras. Con Antroido acudirá ás Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia (1973-1980), mostras nas que se dará a coñecer como dramaturgo e escenógrafo (co pseudónimo de Julia Brens).

Vidal Bolaño foi un dos maiores artícifices da profesionalización do teatro galego. Debido a ser despedido en 1977 do banco no que traballaba, este dramaturgo viuse na obriga de converter o Grupo Antroido na primeira compañía teatral galega.

Tamén foi un dos primeiros directores que participaron do teatro institucional, levando ao taboado (co Centro Dramático Galego) en 1984 a obra da súa autoría Agasallo de sombras.

Cultivou, alén da dramática, o audiovisual, realizando guións para Televisión de Galicia e a Televisión Española. Traballos como Malos Tratos, Novo de Parmiude ou Morosos Varios son da súa autoría. Tamén levou á pantalla relatos de grandes escritores galegos do século XX, como Ánxel Fole (Cara de Lúa) e Eduardo Blanco Amor (O Noxo), e incluso chegou a participar como actor en series televisivas de prestixio, como Mareas vivas.

No ano 2001, representa co Centro Dramático Galego a Rosalía que Ramón Otero Pedrayo escribira en 1958.

As súas últimas actuacions serían para o grupo "Teatro do aquí", a súa compañia nos ultimos anos.

Obra

A obra de Roberto Vidal Bolaño está marcada pola estética da derrota e a crítica da modernidade. Talvez influído por Ramón Otero Pedrayo, defende unha certa recuperación do popular. Cultivou igualmente, como Otero, o teatro histórico, arredor da figura de Rosalía de Castro, obras que constitúen verdeiros ensaios sobre a vida e obra da nosa poeta máis universal. Porén, unha das súas maiores influencias foi o teatro de Valle-Inclán, a quen menciona varias veces ao longo da súa obra.

As súas obras recollen e mesturan as correntes estéticas do realismo, simbolismo, surrealismo e expresionismo. Son pezas as súas nas que se coida o diálogo co público.

Representacións Destacadas

Vidal Bolaño destacou como actor, director, escenógrafo e iluminador. Entre outras, podemos citar:

Obras Escritas Destacadas

Entre as súas moitas obras, sobrancean:

  • Laudamuco, Señor de Ningures (1976)
  • Bailadela da morte ditosa (1980)
  • Agasallo de Sombras (1992)
  • Días sen Gloria (1992)
  • Saxo Tenor (1993)
  • As Actas Escuras (1994)
  • Rastros (1998)
  • O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar

Ensaio

  • Perspectivas do Teatro Galego Actual (2002)

Premios e mencións honoríficas

  • Abrente (1976), con Laudamuco Señor de ningures.
  • Abrente (1978) Mención Especial (Memorias de Mortos e Ausentes).
  • Abrente (1980), con Bailadela da Morte Ditosa
  • O Facho (1977). Mención honorífica con Xaxara, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamon ou Trocar en Rato Pequeno o Meirande Xigantón".
  • O Facho (1979) Mencion honorífica con Ruada das Papas e do Unto.
  • Medalla de ouro (Premio cidade de valladolid) (1983-1984) por unha adaptación teatral de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín.
  • Premio Rafael Dieste
  • Premio Álvaro Cunqueiro
  • Premio Xacobeo (1992)
  • Premio Eixo Atlántico
  • Premios Max de Teatro (2001) (mellor texto de teatro en lingua galega)
  • Premio Colgao do ano (2002)

Véxase tamén

Ligazóns externas