Castro de Viladonga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m provincia de Lugo
Lansbricae (conversa | contribucións)
poño marcador de copyvio que Elvire esqueceu por aqui na Galipedia como si fixo na wiki en Portugués
Liña 1: Liña 1:
{{copyvio|http://www.aaviladonga.es/ga/castro.htm}}
{{Coordenadas|43_09_38.96_N_07_23_19.32_W| 43° 9' 39" N 7° 23' 19" O}}
{{Coordenadas|43_09_38.96_N_07_23_19.32_W| 43° 9' 39" N 7° 23' 19" O}}
{{Castro
{{Castro

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2008 ás 20:24

9' 39" N 7° 23' 19" O_E_ 0°00′00″N 0°00′00″L / 43_09_38.96_N_07_23_19.32_W, 43° 9' 39" N 7° 23' 19" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Castro de Viladonga
ParroquiaViladonga
Concello[[Castro de Rei]]
ProvinciaLugo
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Datas de ocupaciónséculo III d.C. a Século V d.C.
Data da descubertaPrincipios do século XX
Períodos de escavación1971 a 1978
1983 ata a actualidade
Estado actualen proceso de escavación. Consolidado. Visita libre. Museo anexo
Extensión estimada4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

O Castro de Viladonga, que destaca na paisaxe da parte nordeste da Terra Chá lucense, empezouse a escavar en Viladonga, Castro de Rei no ano 1972 e continúan nel, de forma periódica, os traballos arqueolóxicos tanto de escavación como de limpeza e consolidación. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do Xacemento.

As estruturas defensivas e de habitación, e os abondosos materiais que continuamente proporciona o xacemento arqueolóxico (e que se expoñen de xeito selectivo no seu Museo), evidencian para o Castro de Viladonga un asentamento ou ocupación duradeira e importante sobre todo entre os séculos III e V d.C., facendo del un sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros na etapa galaico-romana.

Situación

Vista xeral do Castro

Sitúase na parroquia de Viladonga do concello de Castro de Rei, a uns 25 km ao noroeste da cidade de Lugo, sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O xacemento ocupa unha extensión aproximada de 4 Ha[1] intra murallas, deles 10.000 m² corresponden á croa de forma cuadrangular irregular (100x95m) cos ángulos redondeados.

Escavacións arqueolóxicas

Grazas a iniciativa de Ramón Falcón Rodríguez realizáronse traballos arqueolóxicos desde 1971 a 1978.

1972-1975. Manuel Chamoso Lamas

Nas catro campañas exhumaron a maioría das construcións da croa, de gran diversidade tipolóxica, e fixéronse catas noutros puntos do xacemento (antecroas e sistemas defensivos).

1983. Felipe Arias Vilas

Na campaña de 1983 marcáronse os seguintes obxectivos:

  • Escavación e retirada dos muros testigos de terra deixados nas escavacións anteriores.
  • Comprobación da estratigrafía dos restos de estruturas da croa.
  • Rozado e limpeza do terreo intramurallas.
  • Continuación de traballos museolóxicos.
  • Levantamento topográfico e elaboración de planos do xacemento (1984).

Descrición

Habitación con lareira

O xacemento é un verdadeiro modelo formal de castro característico do Noroeste, con varias murallas e foxos, que albergan dous antecastros ou antecroas, conformando aterrazamentos, e unha ampla croa ou acrópole ou coroa central.

Xa aparece mencionado na bibliografía de comezos do século XX, Manuel Amor Meilán xa o cita na súa obra Historia de la Provincia de Lugo (Lugo, 1918)

Sistemas defensivos

A muralla principal é de perpiaños de pìzarra, que chega a unha altura de 12 a 14 metros cara ao foxo.

Croa

Neste recinto principal é onde se atopan a maioría das construcións descubertas ata agora: vivendas, currais e almacéns, algún edificio de uso social ou comunal... Todas estas construccións están agrupadas formando conxuntos ou "barrios" que se artellan en torno a dúas ruas principais e unha rúa de ronda que descurre paralela á muralla principal.

Achádegos

Construción circular

Predominan os materiais de época romana avanzada ou tardorromana.

Ouriveria e elementos metálicos

No ano 1911 apareceu no castro un torque de ouro[2] con remates en perilla, de 20 quilates e un peso de 180 gramos, e que na actualidade se conserva no Museo Provincial de Lugo[3]

Nas escavacións de 1972-1975 atopouse outro torques de tipoloxía similar ao aparecido en 1911, pero de ouro máis baixo. Tamén se atoparon un anel de ouro con chatón de esmeralda, e dous aúreos de Arcadio, así como apliques, broches, fíbulas, compases ou un pasarrendas de cabalo.

Outros achádegos salientables foron os de dous tableiros de xogo "tabula latrunculata", un machado de talón de bronce de 4 anelas ou un puñaliño de antenas de bronce.

Notas

  1. Arias Vilas, Felipe. Castro de Viladonga. Campaña 1983. Arqueoloxía/Memorias. Xunta de Galicia. 1985. Páx. 5.
  2. Foi atopado casualmente polo labrego José Abelleira Palmeiro cando traballaba a terra. A peza formou parte da colección Blanco-Cicerón, pasando máis tarde á de Gil Varela ata chegar ao Museo de Lugo
  3. López Cuevillas, Florentino, Las Joyas Castreñas, 1951, Madrid.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Felipe Arias Vilas (1985). Castro de Viladonga. Campaña 1983. Arqueoloxía/Memorias. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela. Depósito Legal C-1082/1985. 
  • Felipe Arias Vilas, María Consuelo Durán Rivas (1996). Museo do Castro de Viladonga. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-1697-4. 
  • Arias Vilas, Felipe. (1979), Castro de Viladonga, Folleto do Ministerio de Cultura. Lugo.

Artigos

  • Chamoso Lamas, Manuel. "Las excavaciones del Castro de Viladonga y la problemática que plantean sus resultados". Actas del Coloquio sobre el Bimilenario de Lugo. Lugo, (1977). páxs. 41-46.
  • Arias Vilas, Felipe. "Novos materiais arqueolóxicos do Castro de Viladonga no Museo de Lugo". Boletín do Museo Provincial de Lugo,(1983), páxs. 203-208.
  • López Gómez, Felipe Senén. "O folklore do Castro de Viladonga e da súa bisbarra". Actas XV C.A.N., Zaragoza, (1979), páxs. 623-630.

Outros artigos

Ligazóns Externas