Guerra das Comunidades de Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
m bot Modificado: en:Revolt of the Comuneros
m bot Engadido: sv:Comunerosupproret
Liña 160: Liña 160:
[[pt:Guerra das Comunidades de Castela]]
[[pt:Guerra das Comunidades de Castela]]
[[ru:Восстание комунерос]]
[[ru:Восстание комунерос]]
[[sv:Comunerosupproret]]

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2008 ás 19:23

A revolta e guerra das Comunidades de Castela foi un levantamento contra a coroa que tivo lugar entre 1520 e 1522, protagonizado polas cidades do interior da Coroa de Castela.

Algúns historiadores califícana como a primeira revolución moderna de Europa, contra as pretensións do rei Carlos I de modificar o goberno da Coroa, sustraendo poder ás "Comunidades de Villa y Tierra castellanas" (as cidades) co obxectivo de profundizar na centralización do poder. Outros califícana como un último intento dos casteláns de ancorarse na Idade Media e frear o avance do poder real, ó que suma un compoñente de odio ó estranxeiro nesta revolta. Son da primeira opinión José Antonio Maravall[1], Julio Valdeón Baruque ou o historiador francés Joseph Pérez[2], autor do libro Los comuneros, e quizais o maior experto no movemento comuneiro.

Fronte a eles, os partidarios da segunda opinión defenden que un maior poder real era garantía de modernidade, xa que era característico do medievo a fragmentación do poder e, no caso da coroa de Castela, a necesidade dos monarcas, desde antigo, de apoiarse nas cidades (nas denominadas "cidades con voto en Cortes", que tiñan un poder importante polo seu dereito a participar nas Cortes estamentais mediante o envío de representantes), polo que a Guerra das Comunidades suporía un último intento desas cidades por manter o poder que acumularan ó longo de séculos e impedir a continuación dun camiño hacia o absolutismo.

Os Comuneiros Padilla, Bravo e Maldonado no Patíbulo. Antonio Gisbert Pérez, 1860.

A revolta das Comunidades non foi unha revolta popular. Modelo:ReferenciaRequerida Foi unha rebelión da comunidade política (a oligarquía local, a nobreza) contra o crecente poder do Rei. O que os comuneiros pretendían era frear ese incipente absolutismo real para intentar conseguir un réxime político similar ó que tradicionalmente existira na Coroa de Aragón, Modelo:ReferenciaRequerida un sistema de goberno pactista entre o Rei e o Reino (as Cortes), porque ven perder o seu poder fronte a un poder rexio cada vez máis absoluto. Economicamente, os comuneiros apostaron decididamente por fomentar o desarrollo dunha industria manufacturera castelá, o que os enfrentou ós grandes mercaderes exportadores de Burgos. Por este motivo, o concello foi a única cidade castelá do bando realistaModelo:ReferenciaRequerida. Malia o carácter urbano da rebelión, no verán de 1520 sumáronse no mundo rural numerosos insurrectos nos señoríos, desexando pasar ó realengo.

En todo caso, trátase dun episodio notable e trascendente da historia.

Antecedentes

Aínda que a causa inmediata da revolta foi que, ó chegar un rei estranxeiro, impuxo como homes de confianza no goberno do reino a outros estranxeiros, así como o uso dos recursos e impostos de Castela en favor do Imperio, as raíces do problema hai que buscalas máis atrás, na época das rexencias en Castela (1504-1517) na que saíron á luz importantes conflictos da sociedade castelá: a preocupación da nobreza por recuperar poder tralo reinado de Isabel I que llo reducira notablemente (en xeral, os comuneiros serían membros da pequena burguesía comercial e artesanal das cidades castelás); o conflicto entre os grandes comerciantes (representados por Burgos, sede do Consulado del Mar, onde se centraban as exportacións da lá castelá) que desexaban exportar a lá en bruto, e os manufactureiros (representados por Segovia) que desexaban unha maior cuota para poder desarrollar unha incipiente industria textil en Castela (como a que existía, por exemplo, en Flandes e que precisamente utilizaba lá castelá); o problema dos conversos debido ó rigor da Inquisición; ou as tensións nas cidades onde o poder político estaba en mans de clans determinados.

O servizo de Carlos I

A chegada de Carlos I reavivou estes problemas e engadiu novos conflictos, xa que o rei era inexperto, estranxeiro, descoñecedor do castelán, e favorecía á súa cameriña flamenca. Estando en Barcelona enterouse da súa elección como Rei de romanos, así que convocou Cortes en Santiago de Compostela para marzo de 1520 (iniciándose o 1 de abril) para obter un servizo económico para sufragar os gastos do monarca no estranxeiro, pero a oposición dos procuradores, e a expulsión dos procuradores de Salamanca e Toledo, motivou o translado das Cortes á Coruña, con vistas á súa próxima partida. Aínda que os procuradores casteláns ían na súa gran maioría coas consignas ben claras para votar en contra, tras coaccións ou sobornos, o servizo quedou finalmente aprobado, o que produciu malestar e indignación nas cidades. Así, os procuradores de Zamora e Burgos fuxiron, e o de Segovia foi aforcado. Ants diso, o 22 de maio, o rei saíu do reino deixando como gobernador ó Cardenal Adriano de Utrecht.

Formación da Santa Xunta e Inicio da guerra

O 29 de xullo de 1520 formouse en Ávila a Santa Junta del Reino formada inicialmente por representantes das cidades de Segovia, Salamanca, Toro, Toledo e Ávila, coa fin de organizar a súa protesta, elexíndose como presidente ó toledano Pedro Lasso de Vega (irmán do poeta e membro do exército imperial Garcilaso de la Vega), e como xefe do exército comuneiro ó tamén toledano Juan de Padilla.

Para castigar o crime de Segovia requeríase a artillería depositada en Medina del Campo, pero a cidade resistiuse e foi incendiada o 21 de agosto polo exército realista. Desta forma a rebelión extendeuse en Castela, adheríndose unha trintena de cidades á Xunta, entre elas Valladolid, quedando prisioneiro o rexente o 1 de novembro.

Desarrollo das Comunidades

A Santa Xunta transladouse a Tordesillas, coa esperanza de que a confinada raíña Xoana I servise de apoio ós comuneiros: Malia que inicialmente parecía que a raíña lles daba o seu apoio, pasando o tempo non sacaron nada dada a súa inestabilidade mental e a súa reticencia a asinar documento algún.

Dado que a revolta se extendeu das cidades ó campo, producíndose levantamentos antiseñoriais no campesiñado como en Bribiesca, en Haro, ou en Tierra de Campos. A nobreza abandonou o seu inhibimento en apoio á autoridade monárquica. Carlos I nomeou dous novos virreis de entre a nobreza castelá: nomeou Condestable de Castela a Iñigo Fernández de Velasco (señor de Burgos), e Almirante de Castela ó señor Modelo:ReferenciaRequerida de Medina de Rioseco.

Co apoio nobiliario e fuxido de Valladolid, o rexente emprende a contraofensiva a partir do 31 de outubro, agrupando tropas nas terras do Almirante, xunto a Medina de Rioseco, e co apoio económico do rei de Portugal. O mando recae en Pedro Fernández de Velasco, conde de Haro, fillo do Condestable, que xa reunira tropas na cidade de Burgos conforme ó tradicional repartimento, acudindo na súa axuda o tamén fillo do duque de Nájera, con artillería procedente de Navarra e Fuenterrabía, deixando desguarnecida a fronteira francesa. Tamén acodiron os condes de Benavente e de Altamira, os marqueses de Astorga e de Falces, e os condes de Salinas e de Luna. Aínda así o número de lanzas a cabalo non excedía das 2000. [3]

Os realistas toman Tordesillas o 5 de decembro, e a Xunta escapa a Valladolid. Juan de Padilla volve a Toledo para reclutar reforzos. En 1521 o bispo de Zamora Antonio de Acuña organiza un exército en Tierra de Campos que asalta fortalezas señoriais para despois marchar á meseta sur. Mentras, a Xunta dividiuse entre os partidarios da negociación e os da radicalización contra os señores, o que provocou a progresiva desafección de cidades.

A Batalla de Villalar

Ver artigo propio Batalla de Villalar

En febreiro de 1521 as tropas comuneiras inician unha ofensiva sobre a fortaleza de Torrelobatón, que cae o 25 de febreiro. O 12 de abril, no episodio máis atroz da guerra, tropas do rei asaltan a cidade de Mora (Toledo), quemando a igrexa onde se refuxiaran máis de 3.000 ancianos, mulleres e nenos, que morreron. Finalmente o 23 de abril de madrugada as tropas comuneiras saen de Torrelobatón, buscando refuxiarse en Toro. Nembargantes as tropas do rei persiguen ó exército comunerio dándolle alcance en Villalar. As tropas comuneiras, baixo a forte choiva e sen a protección da artillería, son dispersadas pola cabalería dos nobres. Os comuneiros peerden entre 500 e 1.000 homes, mentras que 6.000 son feitos prisioneiros. Na madrugada do 24 de abril foron executados os principais líderes comuneiros, pertencentes á nobreza castelá, o toledano Juan de Padilla e o atencino Juan Bravo, capitán dos comuneiros segovianos. Horas máis tarde sumóuselles o salmantino Francisco Maldonado.

Antes da execución, Juan Bravo e Juan de Padilla cruzaron unhas palabras que pasaron á posteridad: ó subir ó cadalso, Juan de Padilla díxolle ó seu camarada: Señor Bravo: ayer era día de pelear como caballero... hoy es día de morir como cristiano. Isto orixinou que Juan Bravo pedise ser executado antes que Padilla, para no ver la muerte de tan buen caballero. Trala batalla unha parte do maltreito exército comuneiro cruzou a fronteira de Portugal a traves de Fermoselle, e o resto contactou con Toledo, reforzando a resistencia da cidade do Texo durante uns meses máis.

A caída de Toledo

Aínda que esta non foi a fin das Comunidades, foi o principio da fin. Tódalas cidades comuneiras do norte de Castela caeron trala derrota de Villalar. En xuño de 1521 as tropas de Carlos I asedian Madrid, que se rinde finalmente. Murcia, que tamén secundara a revolta comuneira, caeu tras un forte sitio. O 1 de setembro de 1521 comenzou o asedio á cidade de Toledo, que, desfalecida, rendiuse o 25 de outubro a condición de que se respetese a vida de María Pacheco (que recibiu o sobrenome de Leona de Castilla) e doutros adalides comuneiros da cidade. Carlos derruíu o pazo de Padilla en Toledo.

O 9 de xaneiro de 1522 foi nomeado Papa o cardenal Hadrián, en agradecemento de Carlos I polos favores prestados. As manifestacións de xúbilo por parte do cabildo catedralicio de Toledo foron toda unha provocación. María de Pacheco cos seus fieis tomou o Alcázar e liberou ós comuneiros presos. O 3 de febreiro entraron as tropas imperiais, acabando con esta resurrección comuneira. María de Pacheco fuxiu coa súa filla a Portugal, onde morreu 10 anos despois sen renunciar ós ideais comuneiros.

Consecuencias da derrota

Trala derrota definitiva houbo unha feroz represión. Víctimas dela foron líderes comuneiros como Pedro Maldonado, os irmáns Guzmán, o licenciado Urrez, o conde de Salvatierra, Juan de Zapata, o afamado pelexeiro de Salamanca Juan de Villoria, o bispo Acuña e outros membros destacados das Xuntas comuneiras ou do clero.

As cidades comuneiras foron sometidas ó pago de cuantiosas indemnizacións, que supuxeron a ruína das cidades manufactureiras como Segovia, fronte ó triúnfo dos intereses exportadores dos mercaderes burgaleses, o que impediu a continuidade rendible de gran parte da industria da Coroa, co agravante da ausencia dunha política proteccionista. Finalmente, acrecentouse o poder da monarquía, e a nobreza viu reducido o seu poder e o seu réxime de privilexios, o que contribuíu a unha integración do absolutismo real en Castela máis rápida e temprana.

A casa de Juan de Padilla en Toledo foi derruída e o seu solar sembrado de sal. As torres das casas de familias comuneiras desmochadas, como o caso da Casa das Cunchas de Salamanca (da familia dos Maldonado) e de moitas outras.

O Perdón Xeral de 1522 e os Exceptuados do Perdón

Trala súa chegada a Palencia en 1522, e baixo a dirección persoal do emperador, a represión contra os comuneiros non se fixo esperar. En tres meses dictáronse máis de cen condenas a morte, sendo a máis famosa a do comuneiro salmantino Pedro Maldonado, executado na praza de Simancas o 14 de agosto. Tras esta ondeada represiva, Carlos I promulgou o perdón xeral, unha especie de amnistía, aínda que moi limitada polo número de excluídos de dito perdón. Ós perdoados non se lles volveu incriminar penalmente, porén, o perdón non os eximía do pago das indemnizacións civiles, o que condenou á indixencia a moitos deleeos. Os excluídos do Perdón figuraban nunha longa relación de 293 nomes que abarcaba a xefes militares, procuradores na Xunta, funcionarios da mesma, ou das xuntas locais e eclesiásticos comuneiros. Os comuneiros que conseguiron eludir condena quedaron, nembargantes, apartados para sempre dos cargos públicos. Antonio de Acuña, o célebre comuneiro zamorano, foi executado en 1526, e María Pacheco morreu no exilio portugués.

O Perdón de 1522 permite aclarar un aspecto fundamental da rebelión: o seu ámbito xeográfico. Os exceptuados do perdón sinalan en boa medida o grao de implicación das cidades castelás coa causa comuneira. Os exceptuados de cada cidade son:

Ámbito xeográfico do movemento comuneiro
  • Palencia: 34
  • Salamanca: 25
  • Segovia: 24
  • Avila e Madrid: 22
  • Valladolid: 20
  • Medina del Campo: 19
  • Toledo e León: 18
  • Zamora: 16
  • Aranda de Duero: 15
  • Toro: 10
  • Guadalaxara: 4
  • Sevilla:3
  • Soria:2
  • Burgos:1

Adoita aludirse a que tódalas rexións da Coroa de Castela se viron afectadas en maior ou menor medida pola rebelión. Porén, en puridade, só se pode falar de tal naquelas comarcas ou rexións onde constan as seguintes notas:

  • Sumisión á Xunta Xeral (Santa Xunta comuneira)
  • Sustitución das autoridades locais por unha administración revolucionaria de carácter máis representativo.

Esas notas e o aporte de dirixentes, tropas e diñeiro, reduce o ámbito xeografico ás cidades das dúas Castelas. Practicamente as únicas con dereito a voto nas Cortes. En Murcia non se chegaba a cuestionar o poder político, e a súa adhesión á causa comuneira tiña que ver coa súa conquista polo Reino de Castela. As notas que definen a presencia murciana na revolta gardan máis relación coas xermanías valencianas que coas comunidades castelás. No País Vasco un enfrontamento histórico entre poderes locais fraccionou o poder político que buscou nuns casos contactar cos comuneiros e noutro cos imperiais. Azcona cre que o feito guipuscoano iniciouse con independencia das reivindicacións comuneiras.

A Sociedad de Caballeros Comuneros

Trátase dunha sociedade secreta que existiu a principios do século XIX. Era de carácter liberal e semellante a outras organizacións masónicas da época. Os seus compoñentes, os Caballeros Comuneros que se proclamaban Hijos de Padilla. Destacados membros da sociedade foron o antigo guerrilliero Juan Martín 'El Empecinado', quen o 23 de abril de 1821, 300 anos despois da batalla de Villalar, rendiu homenaxe a Padilla, Bravo e Maldonado e exhumou os seus restos; ou Rafael de Riego, que iniciu co seu pronunciamento o 1 de xaneiro de 1820 o Trienio Liberal.

Nacionalismo e rexionalismo castelán e castelán-leonés

Na actualidade partidos rexionalistas castelán-leoneses como Unidad Regionalista de Castilla y León (URCL) reividican a figura e valores desta Revolta como símbolo de Castela e León e as súas nove provincias. Defenden por tanto o 23 de abril como Día de Castela e León.

Tamén partidos castelanistas como Tierra Comunera (TC) ou Izquierda Castellana (IzCa) reivindican a tradición e valores da Revolución das Comunidades de Castela dentro da súa ideoloxía castelanista, interpretando dita revolta como favorable á unión das actuais comunidades autónomas de Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha, Cantabria e A Rioxa, e, en calquera caso, o seu recoñecemento como nacionalidade histórica.

Referencias

Notas

  1. Maravall, José Antonio (1979). Las Comunidades de Castilla. Alianza Editorial, Madrid. ISBN 84-206-2227-3. 
  2. Pérez, Joseph (1970). La révolution des "Comunidades" de Castilla (1520-1521). Bordeaux: Institut d'Etudes Ibériques et Ibero-Américaines de l'Université. ISBN 84-206-2227-3. 
  3. Gan Giménez, Pedro, pg. 43

Bibliografía

  • Alba, Ramón (1975). Acerca de algunas particularidades de las Comunidades de Castilla tal vez relacionadas con el supuesto acaecer terreno del Milenio Igualitario. Editora Nacional, Madrid. 
  • Danvila, Manuel (1897-1900). Historia crítica y documentada de las Comunidades de Castilla (6 volumes). Memorial Histórico Español, Madrid. 
  • Gan Giménez, Pedro (Madrid, 1986). La política y los problemas interiores. "Historia general de España y América", Tomo VI, Ediciones Rialp. ISBN 84-321-2101-0. 
  • Rady, Martyn (1997). Carlos V. Altaya. ISBN 84-487-0729-X. 
  • Belenguer, Ernest (1995). El Imperio Hispánico 1479-1665. Grijalbo Mondadori. ISBN 84-253-2861-6. 

Ligazóns externas

Modelo:Link FA