Friedrich Bessel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ht:Friedrich Bessel
Prevert (conversa | contribucións)
m imaxe procedente de Commons
Liña 1: Liña 1:
[[Imaxe:Friedrich_Wilhelm_Bessel.jpeg|thumb|right|Friedrich Bessel]]
'''Friedrich Wilhelm Bessel''' ([[22 de xullo]] de [[1784]] - [[17 de marzo]] de [[1846]]) foi un matemático alemán, astrónomo e sistematizador das funciones de Bessel (as cales, a pesares do seu nome, foron descubertas por [[Daniel Bernoulli]]).
'''Friedrich Wilhelm Bessel''' ([[22 de xullo]] de [[1784]] [[17 de marzo]] de [[1846]]) foi un matemático alemán, astrónomo e sistematizador das funciones de Bessel (as cales, a pesares do seu nome, foron descubertas por [[Daniel Bernoulli]]).


Naceu en Minden, [[Westfalia]] e morreu de cancro en Königsberg (agora [[Kaliningrado]], [[Rusia]]). Bessel foi un contemporáneo de [[Carl Friedrich Gauss|Carl Gauss]], que tamén era matemático e astrónomo.
Naceu en Minden, [[Westfalia]] e morreu de cancro en Königsberg (agora [[Kaliningrado]], [[Rusia]]). Bessel foi un contemporáneo de [[Carl Friedrich Gauss|Carl Gauss]], que tamén era matemático e astrónomo.

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2008 ás 14:03

Friedrich Bessel

Friedrich Wilhelm Bessel (22 de xullo de 178417 de marzo de 1846) foi un matemático alemán, astrónomo e sistematizador das funciones de Bessel (as cales, a pesares do seu nome, foron descubertas por Daniel Bernoulli).

Naceu en Minden, Westfalia e morreu de cancro en Königsberg (agora Kaliningrado, Rusia). Bessel foi un contemporáneo de Carl Gauss, que tamén era matemático e astrónomo.

Era fillo dunha criada e aos 14 anos pasou a ser aprendiz nunha compañía mercantil de importacións e exportacións de Bremen. Xa de pequeno converteuse no seu contable e a confianza no seu traballo levouno a cambiar as súas habilidades matemáticas a problemas de navegación; isto levouno a fixar o seu interese na astronomía como unha saída para determinar a lonxitude.

O seu traballo tan concienzudo chamou a atención dunha das maiores figuras da astronomía alemá, Heinrich Wilhelm Olbers, por precisar nos cálculos da órbita do Cometa Halley. Grazas ao seu apoio puido atopar traballo nun observatorio privado instalado preto de Bremen, onde comezou a traballar con total dedicación.

A suxerencia de Olbers, analizou e clasificou as observacións e medicións estelares de posición efectuadas anteriormente por James Bradley, dunhas 3.000 estrelas; nesta tarefa demostrou un celo e precisión tal que o Kaiser Guillermo II de Prusia nomeouno director do Observatorio de Königsberg, onde pasou o resto da súa vida pese á súa constante queixa do clima local.

Despois de efectuar delicadas medicións de certas constantes fundamentais (aberración e refración atmosférica), que refinou e tabulou, recibiu en 1811 un premio do Instituto de Francia polas súas novas táboas de correcións que publicou nos seu Fundamentos de Astronomía (1818).

Buscando mellorar a precisión dos seus instrumentos sustituiu o vello tránsito meridiano (construido por Dollond) e o círculo de Cary por un nuevo círculo meridiano construído por Reichenbach-Ertel; en 1841 instalou un círculo de Repsold. Nestas datas o seu Tabulae Regiomontanae (Táboas de Königsberg) estaban en uso xa en case todos os observatorios do mundo, pola súa extensión e exactitude.

Coñecendo a elevada precisión dos seus instrumentos tentou determinar a paralaxe das estrelas máis próximas, traballando cun heliómetro construido por Joseph von Fraunhofer: elexiu para iso a denominada 61 Cygni que, en base ao seu movemento propio (5,2" ao ano), debería ser una das máis próximas ao noso planeta; ao cabo de 18 meses de observacións (finais de 1838) comprobou que a paralaxe era igual a 0,314" ± 0,020": a estrela distaba máis de 657.000 veces a distancia Terra-Sol. Só máis tarde mediríanse as paralaxes de Vega e Alfa Centauri, resultando esta última a máis próxima á Terra: 0,77" e 4,3 anos luz de distancia.

En 1844, analizando as posicións micrométricas de dúas estrelas fundamentais do catálogo do astrónomo inglés Nevil Maskelyne (Sirio e Proción), comprobou que o seu movemento aparente polo ceo era errático, coma se estivesen afectados por outro corpo moi próximo pero invisible. Utilizando as súas propias observacións deduxo a órbita do compañeiro de Sirio, a estrela anana branca Sirio B (tamén coñecida como o Cachorro) que non sería descuberta ata o ano 1862 por Alvan Graham Clark. A compañeira de Proción sería descuberta en 1895.

Despois de moitos anos de traballo e dedicación publicou un catálogo coas posicións precisas dunhas 75.000 estrelas do hemisferio norte.