Torre de Marce: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Datkad (conversa | contribucións)
Liña 33: Liña 33:


===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*{{Cita Web |url=http://www.geocities.com/xufp/torre_marce.html |título=La Torre de Marce (Vilar de Ortelle, Pantón) |dataacceso=18/10/2008 |autor=Julio Fernández Pintos |ligazónautor=http://www.geocities.com/jufp/mypage.html |data=22/03/2001 |lingua=castelán |urlarquivo=http://web.archive.org/web/20050714075640/http://www.geocities.com/xufp/torre_marce.html |dataarquivo=14/07/2005}}
*{{Cita Web |url=http://www.geocities.com/xufp/torre_marce.html |título=La Torre de Marce (Vilar de Ortelle, Pantón) |dataacceso=18/10/2008 |data=22/03/2001 |ano= |mes=|formato= |obra=La Torre de Marce |editor=Julio Fernández Pintos |páxinas= |lingua=castelán |doi= |urlarquivo= |dataarquivo=}}
*{{Cita Web |url=http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/02/26/0003_6600457.htm?idioma=galego |título=Torres sobre a ribeira en Marce |dataacceso=18/10/2008 |autor=La Voz de Galicia |ligazónautor=|data=26/02/2008 |lingua=galego}}
*{{Cita Web |url=http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/02/26/0003_6600457.htm?idioma=galego |título=Torres sobre a ribeira en Marce |dataacceso=18/10/2008 |data=26/02/2008 |ano= |mes=|formato= |obra=Torres sobre a ribeira en Marce |editor=La Voz de Galicia |páxinas= |lingua=galego |doi= |urlarquivo= |dataarquivo=}}


[[es:A Torre de Marce]]
[[es:A Torre de Marce]]

Revisión como estaba o 19 de outubro de 2008 ás 16:46

31' 7.20" N / 7° 42' 10.45" O_E_ 0°00′00″N 0°00′00″L / 42_31_7.20_N_7_42_10.45_W, 42° 31' 7.20" N / 7° 42' 10.45" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

A Torre de Marce
ConcelloPantón
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (século IX)
Estilo actual? (século XV)
Estado actualEn ruinas. Visitable
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Torre de Marce é unha fortificación medieval situada no lugar de Marce na parroquia de Vilar de Ortelle no concello lugués de Pantón, situado na Comarca de Terra de Lemos.

Historia

Os veciños de Marce recordan que era parte dun castelo, o Castelo de Marce, tan alto que polas mañás a súa sombra chegaba alén do río Miño e facía sombra á igrexa de Chouzán. Tamén recordan que xunto coa aldea pertencía ao Conde de Lemos e que era de moita importancia por atoparse nunha zona de alto valor estratéxico para a comarca.

Aparece por primeira vez en fontes escritas no ano 841, na que hai mención da existencia dun castelo, novamente mencionado en 1158 pero co nome de Castelo do Miño.

O nome de Castelo de Marce aparece na escritura na que o rei Fernando II confirma, en 1164, as doazóns que fixeran os seus proxenitores á igrexa de Lugo, ó precisar os lindeiros do couto de Atán.

No ano 1480 era dono Lopo Alfonso de Marceo, que calzaba esposas de ouro, vestía de veludo e adornábase con colares de ouro. Propietario de tres lugares: Monforte, Roucos e Sarria.

Segundo Castellá Ferrer na súa obra de 1610 Historia del Glorioso Apóstol Santiago, pertenceu a Lope Alonso López e ó seu fillo Alonso López que mantiveron enfrontamentos e rivalidades con don Pedro Garza de Castillón e co duque de Arjona don Fadrique de Castro. Comenta Castellá que viu o castelo, o cal constaba dunha torre, un palacio desmantelado, un foso e proteccións de terra.

Descrición

Os restos da antiga fortificación sitúanse no extremo sueste do lugar de Marce, sobre un terreo de pronunciada pendente.

O que se conserva da torre atópase entre construcións máis recentes. Trátase dunha construción de planta cadrada de 7,5 metros de lado e 7 metros de altura na súa parte máis alta e 4 metros na súa parte máis baixa. Cuberta por un tellado a unha soa auga.

Divídese en dúas plantas separadas por un pavimento de madeira. E a planta máis baixa atópase baixo o terreo. Está construída con pedra de granito moi basta e as súas paredes teñen 120 centímetros de espesor.

Na actualidade tres dos seus lados están rodeados por construcións modernas de pedra.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Isacc Rielo Carballo. Pantón Historía e Fidalguía. Pantón Historía e Fidalguía = 2000. ISBN 84-8064-095-2.  |publicación= e |obra= redundantes (Axuda)
  • Asociación Xuvenil Os Estraloxos. Lendas e tradicións da Ribeira Sacra : Vilar de Ortelle, Pantón. Vilar de Ortelle PANTÓN ano = 2001. ISBN 84-8064-108-8.  |publicación= e |obra= redundantes (Axuda)
  • Ramón Castro López. Reseña histórico descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca. Reseña histórico descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca = 1929. ISBN 84-8192-174-2.  |publicación= e |obra= redundantes (Axuda)

Ligazóns externas