Godos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m bot Engadido: ca:Poble got Modificado: fa:گت‌ها
Liña 32: Liña 32:
[[br:Goted]]
[[br:Goted]]
[[bs:Goti]]
[[bs:Goti]]
[[ca:Poble got]]
[[cs:Gótové]]
[[cs:Gótové]]
[[cv:Готсем]]
[[cv:Готсем]]
Liña 43: Liña 44:
[[et:Goodid]]
[[et:Goodid]]
[[eu:Godo]]
[[eu:Godo]]
[[fa:گوت]]
[[fa:گت‌ها]]
[[fi:Gootit]]
[[fi:Gootit]]
[[fr:Goths]]
[[fr:Goths]]

Revisión como estaba o 14 de outubro de 2008 ás 17:45

Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.


Invasións

Tralas invasións hunas, os godos dividíronse en ostrogodos, que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do Imperio Romano e acabaron formando un reino en Italia; e visigodos, que saquearon Roma e tras isto lograron acordaron un foedus (pacto) co Imperio Romano que lles permitiu asentarse en Francia, naquel momento chamada Galia, e posteriormente, por causa dunha derrota contra os Francos, fuxiron a Hispania, onde crearon un reino que se extendía por case toda a Península Ibérica.

As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos hunos e doutros pobos procedentes de Asia que nesta época invadiron Europa.

Relixión

A súa relixión era nun principio pagá, pero axiña se converteron ó cristianismo, e máis concretamente ó arrianismo, herexía que posteriormente foi perseguida polo Imperio Romano. Por esta razón, ós romanos, católicos na súa enorme maioría (excepto en Siria e Exipto, onde a confesión máis importante era o monofisismo), os godos non lles tiñan en moita estima.

Antes de ser cristiáns, os godos causaban pánico ós seus inimigos, pois os prisioneiros que conseguían capturar eran sacrificados a diversos deuses, especialmente ó da guerra, Tyz.

Economía

O dos godos era un pobo agrícola e gandeiro. Sen embargo, unha vez que se asentaron nos territorios que previamente invadiran e conquistaran, se converteron na clase dominante, na nobreza, deixando a maioría dos traballos ós pobos conquistados. Non se mesturaron momentaneamente con estes pobos, senón que conformaron unha sociedade endogámica.


Ver tamén