Perífrase verbal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Category:Lingüística
 
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
As perífrases son complexos verbais -formados por un verbo en forma finita ou verbo auxiliar e un verbo en forma infinita (infinitivo, xerundio ou participio) ou verbo auxiliado entre os que pode aparecer un elemento de relación (preposición ou conxunción)- que presentan unha unidade formal e de significación, á cal o verbo auxiliado contribúe co significado léxico, mentres que o auxiliar aporta determinacións xerais de número-persoa e especiais de tempo-modo, aspecto ou voz.
Entendemos por [[perífrase]] [[verbo|verbal]] a unión de dous verbos que sintacticamente constitúen un só núcleo do [[predicado]]. Dese conxunto verbal, o verbo principal ou auxiliado debe ser unha forma non persoal; o outro verbo é sempre un mero auxiliar, pero será a forma que poderá conxugarse.

Os verbos auxiliares, polo feito de selo, están inhabilitados para seleccionar [[suxeito]]s e [[complemento]]s; a forma que selecciona tales funcións é sempre a auxiliada. Así na secuencia ''O tempo vai mellorar'' o que selecciona o suxeito é ‘mellorar’ e non ‘vai’ aínda que sexa o verbo auxiliar quen porte a noción de persoa. Obsérvese que ocorre exactamente o mesmo co [[complemento directo]] (''Vou mellora-los resultados'').

Se os verbos que preceden ás formas non persoais seleccionan suxeito e complementos non serán verdadeiras perífrases verbais. Contrástese ''O Brais quere ir ó teatro'' con ''Ó Brais quere doerlle a cabeza''.

A selección dun suxeito por parte do verbo auxiliado e non do auxiliar, nas perífrases verbais, percíbese perfectamente nos casos en que o verbo auxiliado é haber, por ser este verbo [[unipersoal]] (''Vai haber dez alumnos en clase, pode haber dez alumnos en clase, debe haber dez alumnos en clase,...'')

Sóese dicir que un verbo para ser auxiliar ten que estar total ou parcialmente gramaticalizado, isto é, debe de ter perdido todo ou parte do seu [[significado]] [[léxico]]. Con todo, este criterio non é fiable por varias razóns:
:*Existen perífrases verbais formadas con verbos auxiliares que manteñen o seu significado orixinario e pleno (''Empeza a chover, segue chovendo, Acabou de chover'').
:*Non é doado saber sincronicamente cando un verbo empeza a desemantizarse. Así verbos como andar ou levar semellan presenta-lo mesmo significado cando actúan como verbos auxiliares ca cando actúan como verbos plenos ou principais:
:::''Sempre andas latricando / Sempre andas con contos''
:::''Levo estudando esta cuestión varios anos / Levo con esta cuestión varios anos''
:*Hai construcións con [[infinitivo]] e [[participio]] nas cales o verbo precedente está usado metaforicamente ou parece claramente desemantizado, e non por iso se pode falar de perífrases verbais (''O Xoán lanzouse a recoller datos'', ''O Xoán anda namorado'', ''Deino por feito'', ''Deume por rir'', ''Boteino a perder'',...)


===Ligazóns relacionadas===
===Ligazóns relacionadas===
*[[Perífrases verbais galegas]]
*En [[locución verbal]] coméntase a diferencia entre esta e a perífrase verbal
*En [[locución verbal]] coméntase a diferencia entre esta e a perífrase verbal
*Hai un wikilibro sobre as [[b:Perífrases verbais|perífrases verbais]]


[[Category:Lingüística]]
[[Category:Lingüística]]

Revisión como estaba o 16 de decembro de 2005 ás 22:30

As perífrases son complexos verbais -formados por un verbo en forma finita ou verbo auxiliar e un verbo en forma infinita (infinitivo, xerundio ou participio) ou verbo auxiliado entre os que pode aparecer un elemento de relación (preposición ou conxunción)- que presentan unha unidade formal e de significación, á cal o verbo auxiliado contribúe co significado léxico, mentres que o auxiliar aporta determinacións xerais de número-persoa e especiais de tempo-modo, aspecto ou voz.

Ligazóns relacionadas