Assurbanipal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Aššurbanipal
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Assurbanipal''' (685-627) foi rei de [[Asiria]] dende o ano 669. Foi o máis ilustrado dos monarcas [[asirios]]. Os [[gregos]] coñecérono como '''Sardanápolo''' e na [[Biblia]] é coñecido como Osnapper.
'''Assurbanipal''' (685-627) foi rei de [[Asiria]] dende o ano 669. Foi o máis ilustrado dos monarcas [[asirios]]. Os [[gregos]] coñecérono como '''Sardanápolo''' e na [[Biblia]] é coñecido como Osnapper.


Fillo de [[Asarhaddon]], sucedeunoe no trono. O seu irmán [[Shamash-shum-ukin]] foi rei subordinado en [[Babilonia]].
Fillo de [[Asarhaddon]], sucedeuno no trono. O seu irmán [[Shamash-shum-ukin]] foi rei subordinado en [[Babilonia]].


==Victorias militares==
==Victorias militares==

Revisión como estaba o 11 de outubro de 2008 ás 19:39

Assurbanipal (685-627) foi rei de Asiria dende o ano 669. Foi o máis ilustrado dos monarcas asirios. Os gregos coñecérono como Sardanápolo e na Biblia é coñecido como Osnapper.

Fillo de Asarhaddon, sucedeuno no trono. O seu irmán Shamash-shum-ukin foi rei subordinado en Babilonia.

Victorias militares

Assurbanipal derrotou ao imperio de Elam, destruiu Susa (639) e volveu coa cabeza do seu rei Teumman que, ao parecer, se suicidara na batalla do río Ulaia. Isto provocou a desesperación dos embaixadores deste (un arrincouse a barba e outro suicidouse). A cabeza de Teumman luciu tétrica nas portas de Nínive.

Puxo reis monicreques en Madaktu e Hidalu.Realizou existosas campañas militares sobre Exipto, derrotou ao faraón Taharqa en Menfis e combateu ata a completa dominación do país.

O seu irmán rebelouse coa axuda de caldeos, amorreos e Guti. Assurbanipal derrotounos e someteu a Babilonia a unha dura represión, masacre incluída, pero sen destruír a cidade.

Legado cultural

Assurbanipal gabábase de saber ler e escribir, e parece ser que dominou varios idiomas (sumerio e acadio)

Durante o seu reinado floreceu a arte asiria, en particular a escultura monumental, unha das fontes históricas notables para coñecer o período. Mais onde deixou unha pegada imborrable para a posteridade foi na biblioteca de Nínive con máis de 22.000 taboíñas de arxila en escritura cuneiforme con obras literarias, textos filosóficos, relixiosos, tratados médicos, astronómicos, comerciais, dicionarios de acadio, sumerio etc. sistematicamente ordenadas. Salienta o relato de Gilgamesh

O seu reinado marca o punto culminante de Asiria, pero tamén o punto de inflexión cara a súa decadencia. Os seus fillos Assuretilini e Sinshariskun, presas da mutua rivalidade, conduciron ao imperio a un rápido proceso de extinción.