Hertz: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: mr:हर्ट्झ
DragonBot (conversa | contribucións)
Liña 83: Liña 83:
[[th:เฮิรตซ์]]
[[th:เฮิรตซ์]]
[[tr:Hertz (birim)]]
[[tr:Hertz (birim)]]
[[uk:Герц]]
[[uk:Герц (одиниця виміру)]]
[[ur:ہرٹز]]
[[ur:ہرٹز]]
[[vi:Hertz]]
[[vi:Hertz]]

Revisión como estaba o 11 de outubro de 2008 ás 12:13

O hertz (símbolo Hz), ás veces traducido como “hercio”, é a unidade derivada do SI para frecuencia, a cal é expresada en termos de oscilacións por segundo (s-1, 1/s).

A unidade é nomeada en homenaxe ao físico alemán Heinrich Rudolf Hertz, que fixo algunhas importantes contribucións á ciencia no campo do electromagnetismo.

Por exemplo, a luz vermella ten unha frecuencia de preto de 4.6×1014 Hz. A enerxía eléctrica, en corrente alterna, chega ao consumidor (fogar, industria) coa frecuencia de 50 Hz ou 60 Hz, dependendo do país ou rexión.

En escritos antigos, fálase do termo equivalente, ciclos por segundo (cps) .

Múltiplos no Sistema Internacional

Símbolo/Unidade Frecuencia
1 kilohercio kHz 103 Hz 1 000 Hz
1 megahercio MHz 106 Hz 1 000 000 Hz
1 xigahercio GHz 109 Hz 1 000 000 000 Hz
1 terahercio THz 1012 Hz 1 000 000 000 000 Hz
1 petahercio PHz 1015 Hz 1 000 000 000 000 000 Hz
1 exahercio EHz 1018 Hz 1 000 000 000 000 000 000 Hz