Deuteróstomos: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: es:Deuterostomia |
m bot Engadido: ka:მეორეულპირიანები |
||
Liña 63: | Liña 63: | ||
[[it:Deuterostomi]] |
[[it:Deuterostomi]] |
||
[[ja:新口動物]] |
[[ja:新口動物]] |
||
[[ka:მეორეულპირიანები]] |
|||
[[ko:후구동물]] |
[[ko:후구동물]] |
||
[[la:Deuterostomia]] |
[[la:Deuterostomia]] |
Revisión como estaba o 9 de outubro de 2008 ás 03:46
Deuteróstomos | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pepino de mar | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Phyla | |||||||||
|
Os Deuterostomados ou Deuteróstomos (Deuterostomia, do grego ‘segunda boca’) son un superfilo de animais nos que a boca do adulto non deriva do blastoporo embrionario, senón que é de neoformación.
Clasifícanse dentro de Bilateria, dentro de Eumetazoa, e distínguense de Protostomia polo seu desenvolvemeto embrionario; nos deuteróstomos, a primeira obertura do embrión (blastoporo) convírtese no ano, en troques en protóstomos, muda na boca. A boca dos deuteróstomos é, xa que logo, de noeformación.
Inclúe os seguintes filos:
- Echinodermata (estrelas, ourizos e pepinos de mar, etc.)
- Hemichordata
- Chordata (vertebrados, ademais doutros)
- Chaetognatha (posición incerta)
- Brachiopoda
- Phoronida
- Bryozoa (=Ectoprocta)
Os tres primeros son os filos típicamente deuteróstomos; os Quetognatos teñen unha posición incerta no reino animal e os tres últimos (que conforman o grupo dos Lofoforados) son considerados deuteróstomos por algúns autores (como Brusca[1]) ou protóstomos por outros (como Hickman[2]).
Tanto en deuteróstomos coma en protóstomos, o zigoto desenvólvese nunha masa celular afondada, chamada blástula (proceso coñecido coma segmentación. En deuteróstomos, as primeiras divisións ocorren de forma paralela ou perpendicular ao eixo que aparece entre os extremos (segmentación radial) e cando o embrión está en estado un de 4 células, se se elimina unha é quen de compensar a pérdida, de feito a célula illada pode formar un individuo (segmentación indeterminada, clonación embrionaria).
En deuteróstomos, o mesodermo, fórmase como invaxinaciónss do arquénteron, proceso coñecido coma enterocelia, namenntres que o protóstomos orixínase por esquizocelia.
Referencias
- ↑ Brusca, R. C. & Brusca, G. J., 2005. Invertebrados, 2ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XXVI+1005 pp. ISBN 0-87893-097-3.
- ↑ Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W., 2006. Principios integrales de zoología, 13ª edición. McGraw-Hill-Interamericana, Madrid (etc.), XVIII+1022 pp. ISBN 84-481-4528-3.
Ligazóns externas
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Deuteróstomos |
- UCMP-Deuterostomes (en inglés)