Levallois-Perret: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: id:Levallois-Perret
Elvire (conversa | contribucións)
m + categoria
Liña 8: Liña 8:
No territorio do concello identificáronse restos prehistóricos a fins do século XIX que deron nome a unha técnica de [[talla lítica]] empregada na prehistoria, a [[Técnica Levallois]].
No territorio do concello identificáronse restos prehistóricos a fins do século XIX que deron nome a unha técnica de [[talla lítica]] empregada na prehistoria, a [[Técnica Levallois]].
[[Categoría:Cidades de Francia]]
[[Categoría:Cidades de Francia]]
[[Categoría:Comunas de Francia]]

[[ca:Levallois-Perret]]
[[ca:Levallois-Perret]]
[[ceb:Levallois-Perret]]
[[ceb:Levallois-Perret]]

Revisión como estaba o 6 de outubro de 2008 ás 21:59

Localización de Levallois-Perret
Escudo do concello
Escudo do concello
Rúa de Levallois-Perret

Levallois-Perret é un concello situado no departamento de Altos do Sena, ao noroeste de París, en Francia. Nos seus 2.42 km² habitan 62.500 habitantes (2005), o que fai que con 25.826 h/km² ocupe o primeiro posto en densidade de poboación dos concellos de Francia, con todo o dato debe ser relativizado xa que o concello forma parte da aglomeración de París onde esas densidades non son raras.

No territorio do que hoxe é o concello de Levallois-Perret existía a vila de Villiers e a aldea de Courcelles que pertencían ao concello de Clichy mentres o suroeste pertencía ao concello de Neuilly-sur-Seine. O concello debe o seu nome a Nicolas Eugène Levallois e Jean-Jacques Perret. En 1822 Perret urbanizou unha parte das súas propiedades, nacendo Champ-Perret. Anos despois outro gran propietario confía a Levallois para que organice a urbanización de parte dos seus terreos, a vila de Levallois nace oficialmente o 27 de setembro de 1845, aínda que a vila non estará concluída ata anos despois, e o 1 de xaneiro de 1867 créase o concello de Levallois-Perret.

No territorio do concello identificáronse restos prehistóricos a fins do século XIX que deron nome a unha técnica de talla lítica empregada na prehistoria, a Técnica Levallois.