Célula vexetal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DragonBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ca:Cèl·lula vegetal
Toliño (conversa | contribucións)
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2008 ás 12:22


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Diagrama coa estrutura dunha célula vexetal

A célula eucariota vexetal é unha un célula eucariota complexa pola razón de ter un núcleo non primitivo senón con membranas, etc. Este tipo de célula diferénciase das células eucariotas animais por varias razóns, enumeradas deseguido:

  1. As células eucariotas animais teñen un orgánulo chamado centriolo que pola súa contra non teñen as células eucariotas vexetais.
  2. As células eucariotas vexetais teñen tamén un orgánulo exclusivo chamado cloroplasto.
  3. As células eucariotas vexetais teñen vacuolas moito máis grandes que as células eucariotas animais.
  4. As células eucariotas vexetais teñen unha capa exterior protectora chamada parede celular que as células eucariotas animais non teñen.
  5. As células eucariotas animais acostuman ter un órganulo chamado lisosoma que non é moi habitual ver nas células eucariotas vexetais.
  6. As células eucariotas animais só fan a respiración celular, en troques as células eucariotas vexetais fan a respiración celular e máis a fotosíntese.