Manuel II de Portugal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:
[[he:מנואל השני, מלך פורטוגל]]
[[he:מנואל השני, מלך פורטוגל]]
[[hu:II. Mánuel portugál király]]
[[hu:II. Mánuel portugál király]]
[[id:Manuel II dari Portugal]]
[[it:Manuele II del Portogallo]]
[[it:Manuele II del Portogallo]]
[[ja:マヌエル2世 (ポルトガル王)]]
[[ja:マヌエル2世 (ポルトガル王)]]

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2008 ás 10:54

Manuel II de Portugal

Manuel II de Portugal, alcumado o Patriota ou o rei perdido, (Lisboa, 19 de marzo de 1889 - Twickenham, Inglaterra, 2 de xullo de 1932), último rei de Portugal entre 1908 e 1910.

O seu reinado iniciouse en 1908, ano no que radicais republicanos asasinaron ao seu pai, o rei Carlos e ao seu irmán maior, Luís Felipe, Príncipe Real.

O novo rei tivo que salvar a posición da Casa de Bragança forzando á dimisión do primeiro ministro Joãou Franco e de todo o gabinete en 1908. Declaráronse eleccións libres nas que os republicanos e os socialistas tiveron unha abafadora maioría. A revolución iniciouse o 4 de outubro de 1910 e Manuel fuxiu a Xibraltar con toda a familia real.

Viviu no exilio no Reino Unido. O 4 de setembro de 1913 casou coa princesa Augusta Vitoria de Hohenzollern-Sigmaringen. O rei morreu novo polo que os movementos realistas que querían restaurar a dinastía de Bragança fracasaron. Ao non deixar descendencia, os pretendentes ao trono de Portugal foron diversos, sen que se determinase quen era o lexítimo herdeiro ao trono.

Manuel II escribiu unha importante guía sobre a literatura portuguesa medieval e do renacemento.


Predecesor:
Carlos I
 Rei de Portugal 
1908-1910
Sucesor:
declárase a República

Ligazóns externas

Outros artigos