Marcial Valladares: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15: Liña 15:
[[es:Marcial Valladares Núñez]]
[[es:Marcial Valladares Núñez]]
[[eu:Marcial Valladares Nuñez]]
[[eu:Marcial Valladares Nuñez]]
[[pt:Marcial Valladares Núñez]]

Revisión como estaba o 3 de outubro de 2008 ás 01:55

Marcial Valladares Núñez (nado en Vilancosta, Berres, A Estrada, o 10 de xuño de 1821, e falecido o 20 de maio de 1903), foi xornalista sobranceiro, poeta, novelista e lexicógrafo.

Cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago. Retirouse en 1866 ó seu lugar natal para se consagrar ás letras. Abandonou tamén as actividades políticas, chegou a ser deputado, ás que dedicara parte das súas enerxías durante algún tempo.

Obra

É autor dun dicionario galego-castelán con 11.000 vocablos que recolleu entre 1850 e 1884, ao que incorporou como referencia 240 cántigas e 460 textos en prosa, na súa maioría literatura popular. Unha das súas composicións máis temperás como poeta leva o título de Suidades. Está escrita en hendecasílabos de tipo sentimental. Apareceron despois, A fonte do Pico Sacro de acento didáctico, en quintillas, A castañeira en Santiago, monólogo de certa calidade. Da súa autoría é tamén unha serie de cantares de tipo popular, que titulou Vilancosta.

Como novelista vén ser, cronoloxicamente, o primeiro da nosa renacencia. En efecto, a el débeselle Maxina ou a filla espúrea, novela inicial da narrativa galega. Trátase pois dun mérito histórico. Pero ten máis importancia, sen dúbida, como lexicógrafo que como novelista.