Castela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Kastilja
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy:Kastylje
Liña 46: Liña 46:
[[fi:Kastilia]]
[[fi:Kastilia]]
[[fr:Castille]]
[[fr:Castille]]
[[fy:Kastylje]]
[[he:קסטיליה]]
[[he:קסטיליה]]
[[hr:Kastilja]]
[[hr:Kastilja]]

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2008 ás 02:54

Castela (en castelán Castilla) é unha nación[1] da Península Ibérica, antigamente foi un reino.

Xeografía

Administrativamente Castela non ten recoñecemento oficial, o territorio da rexión de Castela posuía as seguintes provincias:

Hai un certo movemento en varias provincias, popular e político, que di que non forman parte de Castela as tres provincias do antigo reino de León: León, Salamanca e mais Zamora (as dúas últimas, segundo o momento histórico), incluso certas veces partes de Valladolid e Palencia, que na actualidade si forman parte de Castela e León. Tamén se di que a provincia de Albacete non é Castela, pois historicamente foi parte da Rexión de Murcia. Desde certos movementos políticos e culturais incluso se reclaman as comarcas de Requena y Utiel, actualmente na Comunidade Valenciana, pois historicamente foron parte da provincia de Cuenca.

  • Poboación: 9.521.132 habitantes (2003)
  • Superficie: 150.281 km²
  • Densidade de poboación: 63,4 hab/km²
  • Cidades importantes: Madrid, Valladolid, Burgos

Historia

Castela xurdiu como condado vasalo do reino de León. Debe o seu nome á gran cantidade de castelos na zona. No século IX independizouse de León, aínda que os dous reinos reunificáronse definitivamente no século XIII.

Durante a Idade Media, o Reino de Castela foi espallándose cara ao sur, conquistando territorio aos árabes. Dende o tempo dos Reis Católicos dividíase en dúas rexións: Castela a Vella, que correspondía á metade norte e tiña a capital en Valladolid ou Burgos, e mais Castela a Nova, no sur do Sistema Central e con capital en Madrid.

Na época moderna Castela converteuse en nación hexemónica cultural e dominadora económica da Península Ibérica. Despois da Guerra de Sucesión Española confirmouse o castelán coma lingua oficial en toda España e creouse un modelo de estado xacobino baseado no modelo castelán.

Ao creárense as autonomías, Castela a Vella perdeu as dúas provincias de fóra da Meseta, A Rioxa (esta terra pertencía, na Idade Media, a Navarra e foi invadida polos casteláns) e máis Cantabria, e engadiuse a rexión de León, formando Castela e León. Castela a Nova dividiuse na Comunidade de Madrid, que abranguía soamente a provincia de Madrid, e máis Castela-A Mancha, que gañou a provincia de Albacete, que ata entón formaba parte da Rexión de Murcia.

Na actualidade existen algúns partidos nacionalistas casteláns minoritarios, coma Tierra Comunera (TC) ou Izquierda Castellana (Iz-Ca), que defenden a unión de todas as comunidades autónomas castelás. Ningún destes partidos ten actualmente representación en ningún dos parlamentos autonómicos.

Notas

  1. Nación (lat. natione). s. f. Comunidade de individuos cunha lingua, territorio, vida económica e idiosincrasia colectivos, con vínculos culturais e historia común.