Viño do Porto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: simple:Port wine
m bot Engadido: sah:Портвейн
Liña 33: Liña 33:
[[pt:Vinho do Porto]]
[[pt:Vinho do Porto]]
[[ru:Портвейн]]
[[ru:Портвейн]]
[[sah:Портвейн]]
[[simple:Port wine]]
[[simple:Port wine]]
[[sv:Portvin]]
[[sv:Portvin]]

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2008 ás 15:06

O viño do Porto (portugués: vinho do porto), tamén coñecido simplemente como oporto, pertence ao xénero de viños coñecido como viños fortificados. Estes viños naceron nos séculos XVI e XVII, como produto da adición de brandy ao viño cando está en proceso de fermentación. Deste xeito conséguese a estabilización do viño, logrando un viño que resistía as variantes temperaturas e humidades do longo traxecto marítimo que o comercio da época impuña.

Copa de viño do Porto

O viño do Porto prodúcese nas vides do Val do río Douro, en Portugal. Antes do século XVII, esta rexión era xa coñecida polos seus viños, tintos e brancos, aínda que eran pouco consumidos fóra de Portugal. En 1678, Inglaterra e Francia entraron en guerra, ocasionando escaseza de viño no reino británico. Para facer fronte á escaseza, Inglaterra recorreu aos viños de Portugal, o seu aliado de tres séculos. O viño do val do Douro comezou a facerse popular en Gran Bretaña, máis que nada polo súa ubicuidade en tempos onde o viño francés era escaso ou inexistente. Unha versión sobre a orixe do viño de oporto como se coñece actualmente, di que en 1678, comerciantes de Liverpool adoptaron unha técnica empregada nun mosteiro en Lamego para modificar o viño. Esta técnica consiste en engadir brandy ao viño durante a fermentación, interrompendo así o proceso de fermentado. O resultado é un viño con maior contido de alcol (ata 25 °G.L.), e con sabor máis doce, debido ao azucre remanente que non rematou de fermentarse.

O éxito deste tipo de viño en Gran Bretaña, levou ao establecemento de varias casas vinícolas de orixe británica en Portugal. Para o século XVIII, había un monopolio británico de facto sobre a produción de oporto. Este monopolio durou ata a fundación da Companhia Velha, que marcou o ingreso dos portugueses á produción e comercialización deste viño.

O oporto tinto faise a partires de uvas Tinta Roriz, Tinta Barroca, Touriga e Tinta Çāo. O oporto branco obtense das uvas Malvasía Dourada, Malvasía Fina, Gouveio e Rabigato.

Ligazóns externas