José María Fernández Colmeiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Todesfuge (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
cat
Liña 10: Liña 10:
[[Categoría:Personalidades da medicina|Fernandez Colmeiro, José María]]
[[Categoría:Personalidades da medicina|Fernandez Colmeiro, José María]]
[[Categoría:Científicos galegos|Fernandez Colmeiro, José María]]
[[Categoría:Científicos galegos|Fernandez Colmeiro, José María]]
[[Categoría:Exilio galego|Fernandez Colmeiro, José María]]

Revisión como estaba o 26 de setembro de 2008 ás 21:03

José María Fernández Colmeiro (Silleda, 1894 - París, 1959) foi un médico galego.

Biografía

Nace en Silleda o 21 de setembro de 1894. Aos 18 anos emigra a Uruguai, onde desempeña diversos traballos, rematando de farmacéutico. En 1928 gradúase en Medicina na Universidade de Montevideo. Nos anos 30 é representante da Liga contra o Fascismo, o Nacionalsocialismo e as persecucións raciais.

En 1935 noméano agregado cultural da embaixada do Uruguai en Madrid. Traballa co xinecólogo Manuel Varela Radío. En xullo de 1936 enrólase como médico no exercito da República. Pasa a Xibraltar. Colabora na fuxida de republicanos desde Marrocos. Envía unha serie de artigos para o xornal El País de Montevideo baixo o título xeral de “Guerra pola independencia de España” que serán moi difundidos en toda Latinoamérica. Desde 1938 traballa na Fundación Curie de París, que chegaría a dirixir.

Foi tamén director do Instituto de Canceroloxía. Laureado co Premio Chevillon da Academia Nacional de París e co título de Científico estranxeiro insigne. Morre en 1959 cando dirixía o Servizo de Roetxeoterapia da Fundación Curie.