Conversa Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Imaxe:Ayuntamiento de Santiago de Compostela.jpg: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lansbricae (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8: Liña 8:
::Ese, inda que é unha cuestión menor ó meu parecer, é xusto poñelo. Creo que ademais podería ser conveniente ter, coma en Commons, o costume de avisar ós fotógrafos no caso de que a súa imaxe sexa aprobada. Agora ben, cando a imaxe sexa de [http://www.flickr.com/creativecommons/ Flickr], creo que se debería avisar sobre todo ó fotógrafo de Flickr, acto este que podería servir para espallar a Galipedia. Persoalmente e se non hai inconveniente, xa que teño conta en Flickr (como usuario Lmbuga), procurarei facelo. Quizais non sexa preciso normativizalo, pois podería converterse nunha carga máis para os administradores, e creo que con isto das imaxes da semana xa son abondas as cargas.
::Ese, inda que é unha cuestión menor ó meu parecer, é xusto poñelo. Creo que ademais podería ser conveniente ter, coma en Commons, o costume de avisar ós fotógrafos no caso de que a súa imaxe sexa aprobada. Agora ben, cando a imaxe sexa de [http://www.flickr.com/creativecommons/ Flickr], creo que se debería avisar sobre todo ó fotógrafo de Flickr, acto este que podería servir para espallar a Galipedia. Persoalmente e se non hai inconveniente, xa que teño conta en Flickr (como usuario Lmbuga), procurarei facelo. Quizais non sexa preciso normativizalo, pois podería converterse nunha carga máis para os administradores, e creo que con isto das imaxes da semana xa son abondas as cargas.
::Polo demais prefiro non facer máis reflexións ca esta: Se non acepta ou explica o erro cometido ó non dialogar primeiro co usuario que colocou unha información incompleta (aseguro que non o fixen tendenciosamente), atenta contra a presunción de boa fe nos actos dos demais--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 14:47, 22 setembro 2008 (UTC)
::Polo demais prefiro non facer máis reflexións ca esta: Se non acepta ou explica o erro cometido ó non dialogar primeiro co usuario que colocou unha información incompleta (aseguro que non o fixen tendenciosamente), atenta contra a presunción de boa fe nos actos dos demais--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 14:47, 22 setembro 2008 (UTC)

:::Obviando o testamento apócrifo anterior de Prevert, só comentar que a minha intención non foi a de mudar as verbas de Lmbuga. Trátase dunha proposta feita por el como imaxe da semana, tipo de propostas que teñen un formato predeterminado. Por despiste non estaban incluidos os datos correctamente e semellaba que un bot, o "flickruploadbot", podía subir imaxes con personalidade propia. Non considerei de mala educación correxir o erro, do mesmo xeito que fai tempo non consideraba mala educacion nin falta de respeto correxir unha efeméride, proposta, ou calquera outra cousa sen dialogar previamente con cada un dos editores anteriores, nin que a min se me correxise. Ademais o contido da modificación creo que non troca ningún sentido nin deba implicar mala fe de ningún tipo. Creo, ademais que incluso debería ser o nome do autor orixinario de flickr o que debería constar na proposta. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 12:29, 23 setembro 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2008 ás 12:29

Non se trata dunha mensaxe senon dunha proposta que non se axustaba ao realmente prosposto. Lansbricae (Ti dirás) 07:50, 18 setembro 2008 (UTC)

É ben sabido que as mensaxes asinadas por outras persoas non deben ser editas por ninguén que non sexa o titular da mensaxe (teñan a forma de intervencións nun debate, a dunha proposta ou calquera das modalidades habituais neste proxectos). Iso é aplicable á Wikipedia ou a calquera outro sitio, aínda que nun wiki tecnicamente sexa moi doado facelo. Editar as mensaxes doutro supón unha manipulación máis ou menos grave segundo os casos. Cada colaborador é responsable das mensaxes que asina, son seus (no sentido en que lle atinxen) os erros —se realmente hai erros—, sexan ortográficos ou doutro tipo. Polo tanto o procedemento para modificar unha mensaxe (que neste caso ten a forma de proposta) é dirixirse ao autor e pedirllo, debe ser o autor quen teña a decisión final, quen xulgue se hai que efectuar algunha acción ou ningunha. Sumado a isto está o respecto (algo que non tería que ser preciso explicar), respecto ao resto dos colaboradores, respecto aos seus acertos e aos seus erros, respecto á integridade das mensaxes que asina,...

Podería pensarse que é unha edición intrascendente, que non paga a pena desfacela, nin sequera compensa adicar tempo ao tema, pola contra en circunstancias coma esta cómpre que quede claro que as devanditas edicións non son aceptables. Non é a primeira vez que Lansbricae modifica as mensaxes doutros usuarios, coñece perfectamente que dito proceder constitúe unha manipulación, ningún de nós podemos atribuír á persoa que asina algo que non dixo, algo que non sexa da súa autoría (menos Lansbricae se pode converter en intérprete do que se deba ou non se deba dicir nas intervencións asinadas por outros colaboradores).

Desde o punto de vista práctico non se entende unha mudanza do tipo que fai Lanbriscae: unha mudanza que consiste en engadir o seu nome na mensaxe doutro, un tipo de edición que mesmo podería interpretarse como egocentrismo ou vangloria. O feito de que por dúas veces se repetira a edición manipuladora reafirma que o que se está facendo é incorrecto. Se tanto interese, necesidade ou se resulta esencial na opinión de Lansbricae que apareza ese dato, no canto de editar a proposta debe dirixirse ao autor expoñendolle ás súas obxeccións. Insistir unha e outra vez na mesma teima semella fóra de lugar. Procedo a desfacela por segunda vez. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:04, 19 setembro 2008 (UTC)
Inda que Lansbricae non se puxo en contacto comigo nin antes de variar un texto escrito e asinado por min, nin despois das anteriores palabras, procedo a introducir un dato que no seu momento non vira na imaxe, inda que o procurei, pero non esperaba que estivese nunha etiqueta á cal nin mirei en parte por présa.
Ese, inda que é unha cuestión menor ó meu parecer, é xusto poñelo. Creo que ademais podería ser conveniente ter, coma en Commons, o costume de avisar ós fotógrafos no caso de que a súa imaxe sexa aprobada. Agora ben, cando a imaxe sexa de Flickr, creo que se debería avisar sobre todo ó fotógrafo de Flickr, acto este que podería servir para espallar a Galipedia. Persoalmente e se non hai inconveniente, xa que teño conta en Flickr (como usuario Lmbuga), procurarei facelo. Quizais non sexa preciso normativizalo, pois podería converterse nunha carga máis para os administradores, e creo que con isto das imaxes da semana xa son abondas as cargas.
Polo demais prefiro non facer máis reflexións ca esta: Se non acepta ou explica o erro cometido ó non dialogar primeiro co usuario que colocou unha información incompleta (aseguro que non o fixen tendenciosamente), atenta contra a presunción de boa fe nos actos dos demais--Lmbuga Commons - Galipedia 14:47, 22 setembro 2008 (UTC)
Obviando o testamento apócrifo anterior de Prevert, só comentar que a minha intención non foi a de mudar as verbas de Lmbuga. Trátase dunha proposta feita por el como imaxe da semana, tipo de propostas que teñen un formato predeterminado. Por despiste non estaban incluidos os datos correctamente e semellaba que un bot, o "flickruploadbot", podía subir imaxes con personalidade propia. Non considerei de mala educación correxir o erro, do mesmo xeito que fai tempo non consideraba mala educacion nin falta de respeto correxir unha efeméride, proposta, ou calquera outra cousa sen dialogar previamente con cada un dos editores anteriores, nin que a min se me correxise. Ademais o contido da modificación creo que non troca ningún sentido nin deba implicar mala fe de ningún tipo. Creo, ademais que incluso debería ser o nome do autor orixinario de flickr o que debería constar na proposta. Lansbricae (Ti dirás) 12:29, 23 setembro 2008 (UTC)