Wikipedia:A Taberna (imaxes): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Lansbricae (conversa | contribucións)
Liña 72: Liña 72:
:* Eu vira a imaxe pero non reparara en que era unha imaxe cedida. Probablemente non reparei en que era unha maxe cedida porlo feito de que, ó ser unha foto tan antiga, non me preocupei pola súa autoría. Logo de setenta anos da morte do fotógrafo, as obras en dúas dimensións están no dominio público. Así a todo, semella conveniente aclarar as condicións en que a imaxe foi subida: a autoría e a data de realización da mesma.
:* Eu vira a imaxe pero non reparara en que era unha imaxe cedida. Probablemente non reparei en que era unha maxe cedida porlo feito de que, ó ser unha foto tan antiga, non me preocupei pola súa autoría. Logo de setenta anos da morte do fotógrafo, as obras en dúas dimensións están no dominio público. Así a todo, semella conveniente aclarar as condicións en que a imaxe foi subida: a autoría e a data de realización da mesma.
::Entendo que a imaxe non debe ser borrada polo de agora. Entendo que aquel que a marcou non seguiu os procedementos de cordialidade e transparencia debidos, polo que polo de agora non se debe borrar. A imaxe foi marcada como copyvio, pero o usuario que a subiu non foi -a meu xuízo- avisado de tal circunstancia. Procedín a avisalo [http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_Usuario:MPereiro#Imaxe:Sarria_0015.jpg aquí]. Espero que se poña en contacto comigo e vermos que é o que podemos facer--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 18:21, 6 agosto 2008 (UTC)
::Entendo que a imaxe non debe ser borrada polo de agora. Entendo que aquel que a marcou non seguiu os procedementos de cordialidade e transparencia debidos, polo que polo de agora non se debe borrar. A imaxe foi marcada como copyvio, pero o usuario que a subiu non foi -a meu xuízo- avisado de tal circunstancia. Procedín a avisalo [http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_Usuario:MPereiro#Imaxe:Sarria_0015.jpg aquí]. Espero que se poña en contacto comigo e vermos que é o que podemos facer--[[User:Lmbuga|Lmbuga]] <sup>[[:Commons:User talk:Lmbuga|Commons]] - [[User talk:Lmbuga| Galipedia]]</sup> 18:21, 6 agosto 2008 (UTC)
* Os ''procedementos de cordialidade e transparencia debidos'' non semellan ser iguais en commons, onde a imaxe foi borrada aos poucos minutos, que neste proxecto. Creo que sabes que non é a única imaxe de Sarria nesas condicións de cesión de palabra ou sen ningún tipo de procedemento, polo que espero continues cos teus ''procedementos de cordialidade e transparencia debidos'' e esas imaxes poidan ser reguladas e mantidas en wikimedia ou sexan eliminadas como corresponde. [[User:Lansbricae|Lansbricae]]<sup>[[User talk:Lansbricae| (Ti dirás) ]]</sup> 12:13, 23 setembro 2008 (UTC)


== Imaxes da semana ==
== Imaxes da semana ==

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2008 ás 12:13

Esta é a sección de imaxes da Taberna

Novas
publicar

Políticas
publicar

Técnica
publicar

Propostas
publicar

Axuda
publicar

Esta sección úsase para solucionar problemas relacionados coas imaxes.

Comezar un novo fío de conversa


Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Dereitos en esculturas / Liberdade de panorama

Inauguro a sección cunha pregunta sobre esta imaxe (unha imaxe dunha escultura de Paco Leiro nunha rúa de Biarritz, Francia). Non teño nin idea de imaxes nin de dereitos. Pero lembro que hai moitos meses propuxen unha imaxe dun cartel dunha exposición do fotógrafo Robert Mapplethorpe que tiña como fondo do cartel un autorretrato del (polo tanto, foto del, foto feita por el e cartel dunha exposición súa todo xunto). A foto estaba tomada na vía pública. E díxoseme (xa non lembro onde nin quen, pero é o de menos) que non se podía porque esa fotografía que facía de base para o cartel tiña dereitos protexidos. A min pareceume lóxico. Pero, entón esta escultura de Paco Leiro non ten eses dereitos de non reprodución? Onde estabelecemos a liña divisoria? --Xabier Cid Conversa 08:39, 28 maio 2008 (UTC)

Re: Sobre liberdade de panorama
En primeiro lugar dicir que moitas veces hai que considerar a lexislación do lugar onde se fai a foto, a lexislación do lugar onde se publica xunto coa lexislación do sitio onde están albergados os servidores (o peso de cada unha depende de moitas cuestións refiridas a cada caso concreto). Na práctica de Wikimedia hai unha serie de situacións das que se coñece a resposta mentres doutras pode haber distintos puntos de vista ou están en discusión. A túa mensaxe non me queda clara porque non sei de que imaxe falas no caso de Robert Mapplethorpe polo tanto non podo dicir nada diso. En canto ás imaxes de esculturas en España a lei de propiedade intelectual recoñece a liberdade de panorama: pódense publicar imaxes de esculturas situadas permanentemente na vía pública e de edificios; en Francia non hai liberdade de panorama (Commons:Freedom of panorama#France). A imaxe que pos como exemplo foi realizada en Francia por desgraza non pode manterse. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:07, 28 maio 2008 (UTC) Engadido: en Wikipedia:Política_de_uso_de_imaxes#Edificios_e_esculturas_ao_aire_libre hai unha lista de países na que se indica se permiten liberdade de panorama ou non. --Prevertgl 13:47, 28 maio 2008 (UTC)
Vaites!, pois que mágoa. A foto aquela era a de menos, e cando me volva atopar no caso farei a pregunta de novo. Pero a lexislación sobre imaxes é autenticamente fascinante. Por certo, mudeille o título ao apartado, para que sexa doada de atopar a info. --Xabier Cid Conversa 13:53, 28 maio 2008 (UTC)


Galipedia das imaxes: necesítanse imaxes dos seguintes concellos da provincia de Ourense

Avión, Baltar, Beariz, Os Blancos, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cartelle, Chandrexa de Queixa, Gomesende, Larouco, Lobeira, Muíños, Oímbra, Padrenda, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, Pontedeva, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Riós, A Rúa, Rubiá, San Cibrao das Viñas, San Xoán de Río, Taboadela, A Teixeira, Trasmiras, Verea, Vilamartín de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Vilardevós. Moitas grazas de antemán a todos aqueles colaboradores que poidan achegar algún material refirido a eses concellos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:52, 28 maio 2008 (UTC)





Galipedia das imaxes: precísanse imaxes dos seguintes concellos da provincia de Lugo

Baleira, Baralla, Bóveda, Cospeito, Folgoso do Courel, O Incio, Láncara, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Outeiro de Rei, A Pastoriza, A Pobra do Brollón, Pol, Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Xermade, Xove. Sería moi importante contar con algunha imaxe dos concellos devanditos para poder ilustrar os artigos, grazas de antemán a todos os que poidan contribuír con algún ficheiro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:38, 29 maio 2008 (UTC)




Galipedia das imaxes: precísanse imaxes dos seguintes concellos da provincia da Coruña

A Baña, Boimorto, Santiso, As Somozas, Touro, Trazo, Vilarmaior, Vilasantar. Para completar os artigos deses concellos son precisas algunhas imaxes. Se algún colaborador pode cargar algunha imaxe sería de grande axuda. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:46, 29 maio 2008 (UTC)




Galipedia das imaxes: precísanse imaxes dos seguintes concellos da provincia de Pontevedra

Dozón, As Neves, Portas, Rodeiro, Salvaterra de Miño. O mesmo que con outros concellos do resto das provincias galegas faltan imaxes destes concellos. Se hai algún usuario que poida axudar con fotografías de devanditos concellos será moi benvida a súa axuda. Moitas grazas. --Prevertgl 21:50, 29 maio 2008 (UTC)




Che en Oleiros

O próximo sábado ás 12 inaugúrase en Oleiros unha estatua en homenaxe ó Che Guevara. Estaría ben unha fotografía da inauguración, e se non pode ser pois da estatua calquera outro día. AlberteSi, digame? 21:10, 26 xuño 2008 (UTC)

Imaxe xa presente na Commons

Estaba engadindo unhas citas que atopei de Linus á Galicitas, e cando intentei poñer a foto que había no artigo aquí na Galipedia, resultou que non aparecía (estaba na Gali, non na commons). Polo tanto, busquei a foto na commons, e está a mesta, co tipo mirando a unha e outra direción, e, en fin, que a imaxe Linus Torvalds 01.jpg ben podería sr borrada, e aforrar espazo. --Un saúdo! --GallaecioE logo? 14:59, 13 xullo 2008 (UTC)

  • As imaxes da Galipedia que foron subidas e xa estaban en Commons deben ser marcadas coa etiqueta {{EnCommons}}, e serán borradas.

Pola contra, as imaxes subidas a Commons e que xa estaban na Galipedia deben ser marcadas coa etiqueta {{SubidaACommons}}. Cando a comunidade o decida (pode ser un tema controvertido) farase con elas o que se quixer.

No caso desta imaxe, a imaxe en Commons está en discusión e poida que sexa borrada. Procedo a eliminala por innecesaria e coocar no seu lugar a de Commons pois iso facilita non ter un futuro copyvio--Lmbuga Commons - Galipedia 17:49, 30 xullo 2008 (UTC)

Dominio Publico

Interésame saber a que lle chamades fotografías de dominio publico, unha fotografía que esta colgada en internet?, non é de dominio publico?--Rafa Salgado 22:55, 13 xullo 2008 (UTC)

  • Depende do sitio web no que estén colgadas, se nel se indica que as imaxes son de dominio público poden usarse na gali, se non por defecto as imaxes colgadas en páxinas web teñen dereitos de copyright. Podes ver máis aquí. --BaNjO tell me 23:08, 13 xullo 2008 (UTC)
  • Moitas grazas pola resposta,agora faime falta saber que se entende por uso aceptable?--Rafa Salgado 09:13, 14 xullo 2008 (UTC)

Imaxes de Sarria

Temos en votación unha vella fotografía de Sarria (Imaxe:Sarria 0015.jpg) que carece da máis mínima descrición. O que cargou esta fotografía, MPereiro, hai xa dous anos que non edita nada e non ten activado o seu correo, polo que me temo que pouca axuda podemos esperar por aí. ¿Non hai ningún galipedista de Sarria ou de cerca que poida imprimir esa foto e preguntar por aí: ano, época, ocasión (festividade de...), etc.? ¡Ai, canto boto de menos esa páxina de axuda para pedir imaxes ou fotografías para completar artigos! A ver se hai sorte. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:10, 2 agosto 2008 (UTC)

  • Hai unha web de fotografías de Sarria, que inclúe unha sección de Archivo Histórico [1], con 127 fotografías, e alí non está incluída esta que nos ocupa. Tamén mirei noutras seccións da mesma web co mesmo resultado negativo. Mandeilles un correo ó enderezo de contactos que vén alí, a ver se din algo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:31, 2 agosto 2008 (UTC)
  • Eu vira a imaxe pero non reparara en que era unha imaxe cedida. Probablemente non reparei en que era unha maxe cedida porlo feito de que, ó ser unha foto tan antiga, non me preocupei pola súa autoría. Logo de setenta anos da morte do fotógrafo, as obras en dúas dimensións están no dominio público. Así a todo, semella conveniente aclarar as condicións en que a imaxe foi subida: a autoría e a data de realización da mesma.
Entendo que a imaxe non debe ser borrada polo de agora. Entendo que aquel que a marcou non seguiu os procedementos de cordialidade e transparencia debidos, polo que polo de agora non se debe borrar. A imaxe foi marcada como copyvio, pero o usuario que a subiu non foi -a meu xuízo- avisado de tal circunstancia. Procedín a avisalo aquí. Espero que se poña en contacto comigo e vermos que é o que podemos facer--Lmbuga Commons - Galipedia 18:21, 6 agosto 2008 (UTC)
  • Os procedementos de cordialidade e transparencia debidos non semellan ser iguais en commons, onde a imaxe foi borrada aos poucos minutos, que neste proxecto. Creo que sabes que non é a única imaxe de Sarria nesas condicións de cesión de palabra ou sen ningún tipo de procedemento, polo que espero continues cos teus procedementos de cordialidade e transparencia debidos e esas imaxes poidan ser reguladas e mantidas en wikimedia ou sexan eliminadas como corresponde. Lansbricae (Ti dirás) 12:13, 23 setembro 2008 (UTC)

Imaxes da semana

Luns, pola mañá, encontreime con que non había imaxe da semana. Coloquei a única que tiña os cinco votos precisos. Para a semana, pode non haber ningunha. Eu -e perdoade, pero é así-, creo preferible saltar a norma dos cinco votos antes ca quedar sen imaxes. Non tiven que saltala, pero se non nos preocupamos todos por propor imaxes e por votar, semella o dos cinco votos un número agobiante.--Lmbuga Commons - Galipedia 23:00, 22 setembro 2008 (UTC)