Irmandades da Fala: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Sen resumo de edición
Liña 72: Liña 72:
[[en:Irmandades da Fala]]
[[en:Irmandades da Fala]]
[[es:Irmandades da Fala]]
[[es:Irmandades da Fala]]
[[eu:Irmandades da Fala]]
[[pt:Irmandades da Fala]]
[[pt:Irmandades da Fala]]

Revisión como estaba o 18 de setembro de 2008 ás 20:57

As Irmandades da Fala foi unha organización nacionalista galega activa entre 1916 e 1936. Coas Irmandades da Fala por vez primeira o movemento galeguista asumiu o monolingüísmo en galego.

Orixe

Aurelio Ribalta, escritor galego que residía en Madrid, dende a revista Estudios Gallegos realizou un chamamento para defender a lingua galega en 1915. O 5 de xaneiro de 1916 Antón Vilar Ponte recolleu a chamada de Aurelio Ribalta e comezou dende as páxinas de La Voz de Galicia unha campaña para a creación dunha Liga de Amigos do Idioma Galego e en marzo publicou o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional, no que volve sobre a cuestión da defensa, dignificación e cultivo da lingua.

A proposta foi ben acollida por diferentes sectores ideolóxicos, aínda que serían dúas as tendencias principais, a de orixe tradicionalista de Antón Losada Diéguez e a liberal demócrata.

Historia

O 18 de maio de 1916 unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, á que asistiron arredor de 20 persoas, acordou a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tiña como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia, e nomeou a Antón Villar Ponte Primeiro Conselleiro. Entre os que acudiron á xuntanza estaban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, ou Ramón Vilar Ponte entre outros.

De seguido constituíronse diversas agrupacións locais, Santiago de Compostela presidida por Luís Porteiro Garea, Monforte de Lemos, Pontevedra, Ourense e Vilalba e intégranse nela Aurelio Ribalta, Manuel Banet Fontela, Ramón Cabanillas ou Xoán Vicente Viqueira.

O 14 de novembro de 1916 apareceu o seu órgano oficial A Nosa Terra, integramente en galego (que contou dende o comezo con 2.000 subscritores).

O 26 de abril celebrou o primeiro acto público, en conmemoración dos fusilamentos de Carral. En febreiro de 1917, Lois Porteiro Garea deu un mitin no Casino Republicano da Coruña, que supuxo o paso á política do movemento, salto que tería fulminantes consecuencias: abandono dos elementos só interesados nun rexionalismo cultural e perda de apoio da prensa da Restauración. A Nosa Terra deixábase de imprimir no obradoiro de La Voz de Galicia e este xornal converteríase no seu principal adversario. En Novembro de 1917, unha delegación galeguista, encabezada por Porteiro, Ribalta e Peña Novo foi convidada a Barcelona para a Semana Galeguista que organizaba a Lliga de Cambó. En setembro de 1917 colaborou coa Lliga Regionalista para concorrer ás eleccións parlamentarias de febreiro de 1918, logrando competir só en tres distritos e non conseguindo gañar en ningún.

A I Asemblea Nacionalista celebrouse en Lugo entre o 17 e 18 de novembro de 1918 e contou coa asistencia de 60 persoas, a metade procedente da cidade da Coruña. Dela saíu o "Manifesto Nacionalista", que constituiría a base común de todos os programas do nacionalismo galego ata a Guerra Civil. Nel defínese a Galicia como nación, reclámase a autonomía integral de Galicia e a cooficialidade do galego.

Tendo a Galicia todal-as caracteristicas esenciaes de nazonalidade, nós, nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verba rexonalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas.

En 1919 tivo lugar a II Asemblea Nacionalista en Santiago de Compostela, que decidiu celebrar o 25 de xullo como Día de Galicia, a III Asemblea realizouse en Vigo no mes de abril de 1921.

Na IV Asemblea Nacionalista de Monforte, en febreiro de 1922 as Irmandades esgazaron: a Irmandade da Coruña e algunhas pequenas da comarca foron as que mantiveron as formulacións orixinais, mentres o resto constituiron a Irmandade Nazonalista Galega, dirixida por Vicente Risco. A Irmandade da Coruña, dirixida por Alfredo Somoza e Ánxel Casal, seguiu a editar A Nosa Terra durante a ditadura.

Entre 1929 e 1930 produciuse a reorganización das Irmandades, que culminou na VI Asemblea Nacionalista da Coruña de 1930, da que, non obstante non saiu ningunha proposta concreta. A Irmandade da Cruña formara maiormente as bases de ORGA desde 1929 e, integrada maiormente nela, asistirá á proclamación da II República, e as eleccións ás Cortes Constituíntes (Xuño de 1931).

A VII Asemblea Nacionalista de Pontevedra, en decembro de 1931, acordou a creación dun partido que aglutinase o galeguismo, que levou o nome de Partido Galeguista. Até febreiro de 1932 non botou a andar o PG. A Irmandade da Cruña, non se disolviu como tal, senón que modificou o seu estatuto para constituirse en Delegación do PG. Mantivo a súa vida até 1936, aínda que moitos dos seus membros fundadores (Afredo Somoza, Federico Zamora, ou Arturo Taracido) non militaron xa nela senón que seguiron na ORGA-FRG. Victor Casas deixou a ORGA en novembro de 1931, Suárez Picallo non entrou no do PG até 1933 e Antón Villar Ponte até marzo de 1934.

Afiliación

A fins de 1916 as 6 irmandades locais contaban con 200 afiliados, e en novembro de 1918 xa eran 13 irmandades e 700 afiliados, a máis importante a da Coruña con arredor de 350 afiliados. En 1919 permanecían 500 afiliados e en 1924 só quedaban 200 afiliados. Despois da Ditadura de Primo de Rivera produciuse o renacer das Irmandades, que chegaron a 16 agrupacións e 700 afiliados en 1929, sendo xa 46 agrupacións en 1931.

A maior parte dos afiliados estaba constituído por intelectuais e profesións liberais

Ideoloxía e programa político e económico

A composición ideolóxica dos homes que compuxeron nun principio as IF era ben variada, nela cabían desde republicanos como Antón Vilar Ponte e demócratas radicais como Lois Porteiro, e o primeiro Xaime Quintanilla, rexionalistas liberais como Uxío Carré, rexionalistas tradicionalistas como Salvador Cabeza de León, Juan Barcia, Felipe Gil Casares, xaimistas como Antonio Valcárcel e social-católicos como Luís Peña Novo. Van ser os sectores máis liberais e progresistas os que doten ás IF dun claro contido nacionalista fronte ó rexionalismo dos sectores máis conservadores que acabarán marchando ou sen relevancia dentro das Irmandades, coa excepción de Antón Losada Diéguez.

No congreso celebrado en novembro de 1918 na cidade de Lugo, as Irmandades marcaron o seu programa político:

  1. Obxectivos prioritarios:
    1. Autonomía integral para Galicia.
    2. Autonomía municipal.
    3. Ingreso de Galicia na Liga das Nacións.
    4. Busca dunhas bases para facer posible un federalismo con Portugal.
  2. Obxectivos para Galicia:
    1. O poder lexislativo encomendábase a un Parlamento galego, elixido directamente polo pobo.
    2. O poder xudicial estaría sempre desenvolvido por cidadáns galegos.
    3. Réxime tributario propio, sen intervención do poder central.
    4. Cooficialidade do castelán e do galego.
    5. Igualdade de dereitos da muller.
    6. Supresión das Deputacións Provinciais.
    7. Lexislación social nas competencias que se estimasen non exclusivas do Estado.
    8. Toda a potestade docente.
    9. Administración (non construción) dos ferrocarrís.
    10. Fixación do cupo de forzas que se estimasen precisas para manter a orde no país.
    11. Control da política económica, non excluídos os bancos.
    12. Substantividades do dereito foral galego.
    13. Recuperación por parte dos pobos dos montes comunais.
    14. Soberanía estética de Galicia (que se conservase nas construcións o estilo digno e propio de cada marco xeográfico).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas