David Rubín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Retiro ligazóns externas
Liña 26: Liña 26:
*[http://www.agpi.es/ilustrador.php?id=22 Galería de imaxes na ''Asociación galega de profesionáis da ilustración]
*[http://www.agpi.es/ilustrador.php?id=22 Galería de imaxes na ''Asociación galega de profesionáis da ilustración]
*[http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=39&busca=David%20Rubin Perfil en ''Cultura Galega'']
*[http://www.culturagalega.org/bd/autores_detalle.php?Cod_prsa=39&busca=David%20Rubin Perfil en ''Cultura Galega'']
*[http://www.terra.es/joven/articulo/html/jov5500.htm Entrevista en ''Terra'']
*[http://www.prazadasletras.org/lectura/lecomigo/le/494/david-rubin Entrevista en ''Praza das Letras'']
*[http://bijcomic.blogsome.com/2006/11/09/david-rubin-miguelez/ Biografía, premios e obras]
*[http://www.entrecomics.com/?p=3250 Entrevista en ''Entrecomics'']
*[http://chuza.org/index.php?search=tag:david+rub%C3%ADn Novas relacionadas con Davíd Rubín en ''Chuza!'']


[[Categoría:Personalidades do cómic|Rubin, David]]
[[Categoría:Personalidades do cómic|Rubin, David]]

Revisión como estaba o 10 de setembro de 2008 ás 14:03

David Rubín (nado en Ourense o 19 de outubro de 1977) é un dos principais debuxantes de banda deseñada galegos.

Traxectoria

Debuxante e animador, comezou na ourensá Limaía Produccións. Continúa no campo dos debuxos animados, agora traballando para a produtora coruñesa Dygra. Ten feito curtametraxes e cortinillas de animación, pero é máis coñecido como autor de BD, xa que é un dos máis prolíficos de Galicia. Confundador do colectivo Polaqia en 2001, debuxou unha historia escrita por Kike Benlloch no álbum colectivo "Mmmh!!". Conta con series propias nas principais revistas galegas: "BD Banda" (desde 2001) e "Barsowia" (desde 2003), respectivamente. É o autor de "Os Kinkilláns", unha das series máis populares da segunda etapa de "Golfiño" (La Voz de Galicia). Cómics seus viron a luz en innumerables publicacións como "Tos", "Huevo" ou "El fanzine enfermo". Foi un dos autores que máis contribuíu á última época da revista "Dos veces breve".

Tamén se dedica ao humor gráfico para El Periódico de Catalunya.

Premios

Gañou o primeiro premio das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, na categoría de 22 a 30 anos, nos anos 2000 (por "A sombra xigante que me afoga") e 2002 (por "Antón ardendo") e mais o cuarto premio en 2001. Premio Ourense ao mellor autor afeccionado (Casa da Xuventude de Ourense, 2000).

Gañador en xaneiro de 2003 do VIII Certame de Cómic de Arteixo, correspondente ao ano 2002. Gañador en marzo de 2004 do IX Certame de Cómic de Arteixo coa historia "O segundo que ía dicirche".

En 2004 fíxose co segundo premio do certame "Na Vangarda" (Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade) polo relato breve "Corredora" feito en equipo con Emma Ríos. Gañou en 2005 coa historia curta "Patacas".

Gañador en 2005 do I Premio Castelao de BD (Deputación Provincial da Coruña) coa novela gráfica “Onde ninguén pode chegar”.

III Premios La Cárcel de Papel, mellor autor revelación no 2006.

Álbumes

Enlaces externos