Camberra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: nah:Canberra
PipepBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tpi:Kambra
Liña 112: Liña 112:
[[tg:Канберра]]
[[tg:Канберра]]
[[th:แคนเบอร์รา]]
[[th:แคนเบอร์รา]]
[[tpi:Kambra]]
[[tr:Kanberra]]
[[tr:Kanberra]]
[[ty:Canberra]]
[[ty:Canberra]]

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2008 ás 17:24

Canberra
Mapa
Información
País Australia
Estado Territorio da Capital Australiana
Data de establecemento: 12 de marzo de 1913
Superficie 2.396 km2
Poboación 332.798 (2006)
Densidade 137,8 h/km²
www.visitganberra.com.au

Canberra é a capital de Australia, e cunha poboación de 332.000 habitantes, é a maior cidade do interior do país. A cidade atópase no norte do Territorio da Capital Australiana, 280 km (177 mi) ao sudoeste de Sidney, e 650 km (400 mi) ao norleste de Melbourne. A territorio de Canberra foi elixido como sede da capital do país en 1908 tralo acordo entre as cidades de Sidney e Melbourne, a dúas cidades maiores de Australia. Canberra é unha cidade atípica entre as australianas, xa que foi enteiramente planificada para a súa construción. A construción da cidade comezou en 1913 seguindo o deseño do arquitecto de Chicago, Walter Burley Griffin quen gañara o concurso para o deseño da cidade. O deseño da cidade foi fortemente influenciado polo movemento da cidade do xardíns, incorporando significativas áreas de vexetación natural na cidade, o que lle valeu a Canberra o alcume de "Capital arbustiva". Aínda que o crecemento e desenvolvemento da cidade foran obstaculizados pola I e II Guerra Mundial e a Gran Depresión, a Canberra emerxeu como unha cidade próspera tralo fin da Segunda Guerra Mundial.

Como sede do goberno de Australia, en Canberra atópanse a Parlamento, o Tribunal superior de Australia e numerosas axencias e departamentos gobernamentais. Tamén constitúe a sede de moitas institucións sociais e culturais de importancia a nivel nacional. O goberno federal contribúe á maior porcentaxe do PIB do estado, e á maioría dos postos de traballo, aínda que nun nivel menor do que foi no pasado. Canberra é tamén un destino turístico popular entre os turistas internacionais e nacionais. Modelo:Link FA

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA