Oliveira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 168: Liña 168:
[[ta:சைதூண்]]
[[ta:சைதூண்]]
[[tr:Zeytin]]
[[tr:Zeytin]]
[[uk:Маслина європейська]]
[[vec:Olea europaea]]
[[vec:Olea europaea]]
[[yi:איילבירט]]
[[yi:איילבירט]]

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2008 ás 11:46

A oliveira (Olea europea) é unha das 35 especies do xénero Olea. A oliveira silvestre está considerada dentro daa subespecie sylvestris e as oliveiras cultivadas dentro da subespecie sativa. É unha árbore perennifolia, de tamaño mediano, e con tronco nudoso. Encóntrase presente en toda a rexión mediterránea e Oriente Próximo, mais foi estendida a outros países ou zonas con clima semellante como Perú, Chile, Arxentina, California, a República Sudafricana ou Australia. É un dos cultivos tradicionais máis antigos. É unha planta orixinaria do Oriente Próximo, que desde ha máis de 5000 anos foi introducida no oeste da conca mediterránea.

En Galicia, a oliveira está pouco espallada, aínda que se poden atopar exemplares aillados practicamente por todo o país. Na zona galega con influencia do clima mediterráneo poden atoparse masas arbóreas pequenas, que se crearan para autoconsumo basicamente. Esas masas localízanse, fundamentalmente, no conca do río Sil (comarcas de Quiroga, Valdeorras, Bolo) e no val de Verín.

Descrición botánica

A oliveira forma parte da familia das oleaceas, que comprende, entre outras, as lilas (Syringia), os ligustros (Ligustrum) e os freixos (Fraxinus), así como inúmeros arbustos como as forsythias ou os xasmíns.

Aspecto xeral

Oliveira en Portugal

Moi ramoso, de toro nudoso, e cortiza esburacada e castaña, pode chegar alcanzar de 15 a 20 m de altura e vivir moitísimo tempo. Porén, pola acción de animais cavadores ou vivir en lugares moi venteados ou expostos ás brétemas, soe adoitar un aspeito arbustivo, manténdose en bolas compactas e impenetrábeles, tomando a forma dun mato espiñento. Na maioría das formas de cultivo, as oliveiras son mantidas a unha altura de 3 a 7 metros de hauteur, a fin de facer posíbel o seu cuidaddo e a recolleita dos froitos.

Raíces

As raíces poderosas e longas da oliveira poden chegar até unha profundidade de 6 metros, característica que lle asegura sempre a posibilidade de obter auga para o seu desenvolvemento.

Follas

As follas son opostas, ovais alongadas, sostidas por un curto pecíolo, coriáceas, enteiras, enroladas sobre os seus bordos, dunha cor verde escura brillante na cara superior e dun verde claro prateado, cunha nervadura medial saliente na cara inferior. A follaxe é persistante, e sempre verde, mais isto non quere dicer que as súas follas sexan inmortais, pois viven, como media, tres anos, logo amarelean e caen, principalmente no verán.

Flores

As flores son blancas cunha corola, dous estames, un cáliz con catro pétalos ovais, e un ovario de forme arredondada que ten un estilo bastante espeso e remata cun estígmata. Este ovario contén dous óvulos. As flores están agrupadas en pequenos acios con entre 10 e 20 exemplares, abrochando na axila das follas a comezo da primavera nas pólas con dous anos de idade.

A maioría das oliveiras son autofértiles, é dicer que o seu propio pole pode fecundar os seus propios ovarios. A fecundación efectúase sobretodo polo venot e non dura máis que apenas unha semana por ano. Se non chove demasiado durante ese período, entre un 5% e un 10% das flores producirán froitos suficientes para unha boa sazón.

Froitos

O froito, a oliva é unha drupa, da que a pel (epicarpio) está recuberta dunha materia cerosa impermeábel á auga, e unha pulpa (mesocarpio) carnosa, rica en materia graxa, almacenada durante a época de lipoxénese, que vai entre fins de agosto e o inicio da maduración. En inicios verde, tórnase negra na completa madurez. A coia moi dura, ososa, está formada dun envoltorio (endocarpio) que se esclerosa no verán a partir de finais de xullo e contén unha améndoa con dous ovarios, dos cales un é, polo xeral, estéril e non funcional: ese gran (raramente os dous) produce un embrión, que dará unha oliveira nova se as condicións son favorábeis.

Subespecies

A especie Olea durante moito tempo foi subdividida en dúas subespecies, Olea europaea var. europaea para a oliveira doméstica (Europa e Turquía), e Olea europaea var. sylvestris (Mill.) Lehr para a oliveira brava. Esta subdivisión está hoxe anticuada. Diversos traballos teñen demostrado a ausencia de límites entre as poboacións salvaxes e as cultivadas, tanto no aspeito xenotípico como fenotípico[1].

Porén existen outras seis subespecies:

Ciclo Vexetativo

Fases Vexetativas Comezo Duración Manifestacións
Repous vexetativo decembro-xaneiro 1-3 meses Actividade xerminative parada ou lentificada
Indución floral febreiro . Os froitos desenrolaránse sobre pólas deitadas o ano precedente (> poda).
Aceleración da vexetación fins de febreiro 20-25 días Emisión de nova vexetación de cor clara
Aparición de botóns florais metade de marzo 18-23 días Inflorescencias de cor verde, brancuxo na madurez
Floración de inicio de maio a 10 de xuño 7 días Flores abertas e de bon aspeito, polinización e fecundación
Fructificación fin maio-xuño . Caída dos pétalos, precocidade de flores e froitos
Desenrolo dos froitos segunda metade de xuño 3-4 semanas Froitos pequenos mais de bos aspeito
Endurecemento das coias xullo 7-25 días Fin da formación dos froitos voltándose resistentes a cortes e seccionados
Medramento dos froitos agosto 1,5-2 meses Aumento considerabel do tamaño dos froitos e aparición de lenticulas
Comezo da maturación metade de outubro a decembro . Polo menos a metade da pel du froito vira de verde a violeta
Maturación completa fin de outubro a decembro . Froitos con cor uniforme de violeta a negro

A oliveira non produce de modo natural máis que un ano de cada dous a falta de poda, e a produción non se estabiliza máis que de vagar, progresivamenet, mais tamén duradeiramente : entre 1 e 7 ans, é o período improductivo, cunha dura que pode dobrar o tempo en caso de seca; até os 35 anos, a árbore desnvólvese e coñece un aumento progresivo da produción; entre 35 anos e 150 anos, a oliveira alcanza a súa madurez plena e a súa produción óptima. Para alé de 150 anos, a árbore envellece e os seus rendementos tórnanse aleatorios, ao chou.

Cultivo

Necesidades climáticas

A oliveira é un cultivo propio de climas mediterráneos caracteritzados por invernos relativamente suaves e veráns longos, cálidos e secos, con medias anuais de temperatura entre 15 e 20 graos, e de precipitacións entre 500 e 700 mm. Prefire os vales amparados ou as chairas baixas que no estexan expostas a fríos intensos. Pode medrar nas ladeiras de montañas orientadas para o sur.

A oliveira é máis sensíbel ao frío que outras árbores froiteiras, como maceiras, pereiras ou pexegueiros, pero é máis resistente do que os cítricos. Como outras árbores experimenta un aguante progresivo ás baixas temperaturas a partir do outono.

As temperaturas entre 0 e -5 graos provocan pequenas feridas en pólas novas, mentres que con temperaturas entre -5 e -10 graos poden xa morrer esas mesmas pólas, e a partir de temperaturas inferiores a -10 graos morren tamén pólas grandes e mesmo toda a parte aerea da planta.

A oliveira precisa un verán bastante cálido para que poidan madurar as olivas. Na clasificación agroclimática de Papadakis necesita un verán do tipo do que permite o cultivo do arroz.

O mínimo pluviométrico rexístrase na rexión de Sfax, en Tunícia, onde se cultiva a oliveira con non máis de 200 litros de chuiva anual. Porén, un clima tan seco conleva uns rendementos moi baixos.

As boas prácticas agrarias determinan que, en caso de terreos en pendente, as aradas se fagan seguindo as curvas de nivel para limitar os perigos da erosión.

Na plantación tradicional colocábanse 100 árbores ou menos por hectárea. Actualmente tense comprobado que plantacións máis densas, de até 300 oliveiras por hectárea, son máis productivas.

Labores habituais

Os labores correntes son:

  • As aradas, que se fan con obxecto de incrementar a retención de auga no chan e de erradicar malas herbas.
  • O adubado ou abonado, que se fai hoxe mecánicamente; aínda que a oliveira necesita poucos nutrientes en comparación con outros cultivos é moi sensíbel á deficiencia de boro.
  • A espurga, faise manualmente e ten por fin clarear a ramaxe para que se chegue ben a luz, e, ademais, pra darlle forma a árbore para que se poidan alcanzar con maior facilidade as olivas.
  • A recolleita, até hai pouco manual, e agora mecanizada, usando vibradores individuais ou grandes máquinas autopropulsadas.
Recolleita de olivas nunha cerámica negra da Grecia Antiga, Museo Nacional de Atenas

Recentemente estanse a xeralizar as técnicas de mínimo cultivo, é dicer, que só se fan as aradas indispensables e quítanse as malas herbas con herbicidas. Con esta técnica obtéñense producións similares, pero con menor custo económico.

A agricultura ecolóxica da oliveira está moi espallada, por ser unha árbore rústica, resistente, sendo moi fácil aplicala. Combátense as pragas empregando feromonas e máis insecticida biolóxico, e non se usan productos sintéticos químicos para abonar nen herbicidas.

As plantacións "superintensivas", ou de alta densidade, supoñen plantar unhas 2.000 oliveiras por hectárea, utilizándose unha mecanización total para a espurga; a recolección faise con máquinas que pasan por riba das plantes, ao xeito das máquinas de vendimar; así sereduce moito o custo da recolleita, pero non hai aínda suficiente experiencia a respeito de si estas novas plantacións poderán aguantar bastantes anos con tal sistema.

O cultivo da oliveira, por tradición, é de secaño, aínda que actualmente tamén se realiza con rega; así se asegura unha produción dada, pois se o ano é moi seco pode ser nula.

As olivas para aceite cóllense entre finais de outono e comezo do inverno. Algunhas variedades son recollidas a man cando aínda están verdes, e, cun pouco de adobo, poden seren consumidas como olivas de mesa. Tradicionalmente as destinadas para obtención de aceite, cóllense con sacos ou mallas cosidas, estrándoas en terra por embaixo da copa (máis un par de sacos arredor da raíz, para evitar perderen as olivas por esa zona); as olivas fanse caír: sacudindo con as mans as gallas con froito ou ben cunha especie de "pinza" de ferro ou ben a golpes de vara (nas variedades en que se pode, por ter un tipo de oliva que cai facilmente ao vareala). As olivas estendidas sobre os sacos ou mallas recóllense en seiróns ou outros recipientes para levalas ao moíño ou lagar, para moélas e extraérlles o aceite. Antigamente tamén se collían as que xa caíran antes da recolleita, e que andaban ciscadas entre pedras e torróns, mais hoxe considérase unha práctica traballosa e antieconómica. Ademais esas olivas son de calidade ruín por que soen ser acedas en demasía.


  1. Breton C. Reconstruction de l'histoire de l'olivier et de son processus de domestication, Thèse de doctorat, 2006