Frédéric Mistral: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: la:Fridericus Mistral
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Frederic Mistral
Liña 70: Liña 70:
[[es:Frédéric Mistral]]
[[es:Frédéric Mistral]]
[[et:Frédéric Mistral]]
[[et:Frédéric Mistral]]
[[eu:Frederic Mistral]]
[[fi:Frédéric Mistral]]
[[fi:Frédéric Mistral]]
[[fr:Frédéric Mistral]]
[[fr:Frédéric Mistral]]

Revisión como estaba o 30 de agosto de 2008 ás 17:55

Frédéric Mistral

Frédéric Mistral (Maillane, 8 de setembro 1830 - 25 de marzo 1914), escritor e lexicógrafo francés en lingua occitana (provenzal), membro fundador do Félibrige, membro da Academia de Marsella e Premio Nobel de literatura en 1904. O seu nome en provenzal é Frederi Mistral (/Mistrau) segundo a norma mistraliana ou Frederic Mistral (/Mistrau) segundo a norma clásica.


Biografía

Nado o 8 de setembro de 1830 en Maillane, na Provenza, fillo dunha familia acomodada (François Mistral e Adélaide Poulinet, polos cales emparentaba coas máis antigas familias de Provenza : Cruvelier, Expilly, Roux ou Ruffo di Calabria, moi estreitamente vencelladas entre elas mesmas ; marqueses de Aurel), non foi á escola ata os nove anos de idade.


Logo de acabar o bacharelato en Nîmes, estuda Dereito en Aix-en-Provence entre 1848 e 1851, facéndose entón o cantor da independencia da Provenza e ante todo do provenzal « pimeira lingua literaria da Europa civilizada ». No transcurso dos estudos de Dereito contacta coa historia do seu país, antigo Estado independente. Emancipado polo seu pai, toma daquela o acordo : « de erguer, de reavivar en Provenza o sentimento de raza (...) ; de promover este renacemento a prol da restauración da lingua natural e histórica do país (...) ; de pór de moda o provenzal polo alento e o lume da divina poesía ». Para Mistral, a palabra raza designa un « pobo unido pola lingua, enraizado nun país e nunha historia ».

Mistral recibe o Premio Nobel de Literatura en 1904 conxuntamente con José Echegaray. Destinará o montante do premio a creación do Museon Arlaten en Arles. Recibe o galardón: "En recoñecemento da frescura, orixinalidade e autenticidade da súa produción literaria, fiel reflexo das paisaxes naturais e o espírito popular da súa nación; e, ademáis, polo seu significativo labor como filólogo provenzal".

Casado cunha borgoñona, Marie-Louise Rivière, da que non tería descendencia, falece o 25 de marzo de 1914 en Maillane.

Félibrige

De volta a Maillane, Mistral alíase co poeta Roumanille, co cal organiza o renacemento da lingua provenzal. Fundan entón con outros cinco poetas provenzais o Félibrige, que permitiría con forza promover a lingua de Oc. Posto baixo o patrocinio de santa Estela, o movemento acollerá a poetas cataláns expulsos de España por Isabel II.

Os sete "primadié", fundadores do félibrige foran: Jóusè Roumaniho, Frederi Mistral, Teoudor Aubanèl, Ansèume Matiéu, Jouan Brunet, Adòufe Tavan e Pau Giera. O Felibrige é aínda hoxe unha das principais organizacións culturais en País de Oc. Tamén é das poucas presentes nos 36 departamentos de lingua occitana.

Coa súa obra, Mistral rehabilita a lingua provenzal conducíndoa ás máis elevadas cimas da poesía épica : a calidade da obra será consagrada con diversas distincións. Botase nun traballo de monxe para facer un dicionario e como trobador, escribe textos de cancións.

Lexicografía : Lou Tresor dóu Felibrige

Mistral é o autor de Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), que permanece aínda hoxe como o dicionario máis caudaloso da lingua occitana, e un dos máis fiables pola precisión das acepcións. É un dicionario bilingüe occitano-francés, en dous grandes volumes, englobando o conxunto dos dialectos de Oc, mais con grafía mistraliana.

Mirèio

A súa obra mestra é Mirèio (Mireille en francés), publicada en 1859 despois de oito anos de esforzo creador. Mirèio conta os amores de Vincent et Mireille, unha fermosa provenzal. O poema inspirará a Charles Gounod unha ópera en 1863.


Mistral acha aquí a ocasión de propor a súa lingua, mais tamén de facer participar na cultura dun país ao falar nomeadamente de Saintes Maries de la Mer.

Obras