Farinxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hu:Garat
Liña 53: Liña 53:
[[fr:Pharynx]]
[[fr:Pharynx]]
[[he:לוע]]
[[he:לוע]]
[[hu:Garat]]
[[id:Faring]]
[[id:Faring]]
[[is:Kok]]
[[is:Kok]]

Revisión como estaba o 29 de agosto de 2008 ás 21:19

A farinxe é un tubo musculoso situado no pescozo e revestido de membrana mucosa; conecta a nariz e a boca coa traquea e o esófago. Pola farinxe pasan tanto o aire coma os alimentos, polo que forma parte tanto do aparello dixestivo como do aparello respiratorio. No home mide uns trece centímetros, estendido desde a base externa do cranio ata a 6ª ou 7ª vértebra cervical, situándose diante da columna vertebral.

Partes da farinxe

Farinxe superior: Tamén se chama nasofarinxe ou rinofarinxe ó arrincar da parte posterior da cavidade nasal. O teito da farinxe situado na nasofarinxe chámase cavum, onde se atopan as amígdalas farínxeas ou adenoides. A nasofarinxe está limitada por diante polas coanas das fosas nasais e por abaixo polo veo do padal. A ambos os dous lados presenta o orificio que pon en contacto o oído medio coa parede lateral da farinxe a través da Trompa de Eustaquio. Detrás deste orificio atópase un receso farínxeo chamado fosita de Rosenmüller. Na parede posterior da nasofarinxe apréciase o relevo do arco anterior do atlas ou primeira vértebra cervical.

Farinxe media: Tamén se chama orofarinxe ou bucofarinxe porque por diante ábrese á boca ou cavidade oral a través do istmo das fauces. Por arriba está limitada polo veo do padal e por abaixo pola epiglote. Na orofarinxe atópanse as amígdalas palatinas ou anxinas, entre os alicerces palatinos anterior ou glosopalatino e posterior faringopalatino.

Farinxe inferior: Tamén se chama hipofarinxe ou laringofarinxe. Comprende as estruturas que rodean a larinxe por baixo da epiglote, como os seos piriformes e a canle retrocricoideo, ata o límite co esófago. No medio dos seos piriformes ou canles faringolaríngeos atópase a entrada da larinxe delimitada polos pliegues aritenoepiglóticos.

Funcións da farinxe

A farinxe intervén en importantes funcións como:

  • A deglución: É o paso do birlo alimenticio desde a boca cara á farinxe. A este acto denomínaselle vulgarmente como comer (inxerir) e se se fai de forma compulsiva inicialmente pode presentarse unha patoloxía despois de que o alimento sexa dixerido transfórmase en eteroflomobulxionesiris que axuda ó tránsito intestinal.
  • A respiración: Por respiración xeralmente enténdese o proceso fisiolóxico indispensable para a vida dos organismos (adoita simplificarse en 'aeróbicos' e 'anaeróbicos' vulgarmente).
  • A fonación: A fonación é o traballo muscular realizado para emitir sons intelixibles, é dicir, para que exista a comunicación oral.

Músculos da farinxe

Enfermidades da farinxe