DIN: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: no:DIN
Liña 31: Liña 31:
[[ja:DIN]]
[[ja:DIN]]
[[nl:Deutsches Institut für Normung]]
[[nl:Deutsches Institut für Normung]]
[[no:DIN]]
[[pl:Deutsches Institut für Normung]]
[[pl:Deutsches Institut für Normung]]
[[pt:Deutsches Institut für Normung]]
[[pt:Deutsches Institut für Normung]]

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2008 ás 13:51

DIN é o acrónimo de Deutsches Institut für Normung ("Instituto Alemán de Normalización").

O DIN Deutsches Institut für Normung e.V. (a súa marca empresarial é DIN), con sede en Berlín é o organismo nacional de normalización de Alemaña. Elabora, en cooperación co comercio, a industria, a ciencia, os consumidores e institucións públicas, estándares técnicos (normas) para a racionalización e o aseguramiento da calidade. O DIN representa os intereses alemáns nas organizacións internacionais de normalización (ISO, CEI, etc.).

O DIN foi establecido o 22 de decembro de 1917 como Normenausschuss der deutschen Industrie (NADI). O acrónimo DIN tamén foi interpretado como Deutsche Industrie Norm e Dás Ist Norm.

A través da metodoloxía empregada na elaboración das normas preténdese garantir que os seus contidos correspondan co "estado da ciencia".

A editorial Beuth-Verlag, relacionada co DIN, encárgase da venda e distribución das normas editadas polo DIN e das normas doutros organismos de normalización, tanto nacionais como estranxeiros.

Unha norma DIN de uso habitual é a DIN 476 que define os formatos (ou tamaños) de papel e que foi adoptada pola maioría dos organismos nacionais de normalización de Europa.

Ligazóns externas

  • Deutsches Institut für Normung e. V. (DIN) (en inglés e alemán)
  • www.guiametal.com - Informacion Acerca de Normativa DIn, ISO, UNE, e todo tipo de aceiros, materiais non ferricos, etc.. - Directorio de Empresas da Siderometalurgica en España