Intelixencia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Synthebot (conversa | contribucións)
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: scn:Babbu
Liña 61: Liña 61:
[[ro:Inteligenţă]]
[[ro:Inteligenţă]]
[[ru:Интеллект]]
[[ru:Интеллект]]
[[scn:Babbu]]
[[simple:Intelligence]]
[[simple:Intelligence]]
[[sk:Inteligencia]]
[[sk:Inteligencia]]

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2008 ás 18:41

A intelixencia é a capacidade mental para razoar, planear, resolver problemas, pensar en abstracto, aprender, comprender ideas e a linguaxe. A intelixencia pódese medir por medio de tests de intelixencia que asumen moitas formas, mais todos miden a mesma intelixencia. O factor xenérico medido por cada test de intelixencia é coñecido como g (ver a Teoría g).

Nas propostas dalgúns investigadores, a intelixencia non é unha cantidade única senón que consiste nun conxunto de capacidades relativamente independentes. O psicólogo Howard Gardner desenvolveu a Teoría das múltiplas intelixencias dividindo a intelixencia en sete compoñentes diferentes: lóxico-matemática, lingüística, espacial, musical, cinemática, intra-persoal e inter-persoal. Daniel Goleman e outros investigadores desenvolveran o concepto de Intelixencia emocional e afirman que esta intelixencia é polo menos tan importante como a perspectiva máis tradicional de intelixencia. Os propoñentes das teorías de múltiplas intelixencias que a Teoría g é no máximo unha medida de capacidades académicas. Os outros tipos de intelixencia poden ser tan importantes como a g fora do ambiente de escola.

Ás veces defínese a intelixencia como a capacidade de se adaptar a situacións novas por contraposición ás condutas innatas que son ríxidas, tradicionalmente presentábase como unha capacidade específica humana que nos diferenciaba dos animais, pero aínda que os humanos teñen un grao superior ós animais non é un trazo específico noso. As especies que poden realizar condutas máis flexibles son máis intelixentes, pero tamén precisan un período de aprendizaxe maior, por iso os seus membros teñen unha infancia máis longa, é o ser humano ten a infancia máis longa, o que permite que maduren as estruturas intelectuais que posibilitan as condutas intelixentes.

Desenvolvemento

Ó nacer o ser humano posúe un número de condutas limitado, denominados reflexos: succión, prensión, micción, defecación, estornudo, reptación, marcha... A partir destas condutas o neno por medio da interacción co ambiente constrúe o seu desenvolvemento intelectual. Estes reflexos non evolucionan igual, mentres uns non se alteran outros modifícanse sustancialmente como a prensión ou a locomoción. Estes reflexos nos primeiros meses son innatos, pero co paso do tempo vaise convertendo nunha acción voluntaria e diante estímulos diferentes as accións vanse diferenciando e formando esquemas de conduta, o desenvolvemento da intelixencia consiste na construción de novos esquemas por diferenciación doutros anteriores e que lle permiten actuar sobre a realidade.

Segundo Piaget o desenvolvemento da intelixencia pasa polas seguintes etapas, unha etapa sensorio-motor ata o 18/24 meses, nela predominan as actividades perceptivas e motoras, cara os 18 meses aparece a representación, isto é actuar sobre os obxectos simbolicamente: o remedo, a linguaxe, o xogo simbólico, o debuxo, as imaxes mentais, etapa de operacións concretas ata 7 ou 8 anos, etapa de operacións concretas propiamente dito desde os 7 ou 8 ata 11 ou 12 e a etapa de operación formais desde 11 ou 12 anos ata 15 ou 16.

Linguaxe

A linguaxe é unha capacidade especificamente humana e instrumento indispensable para o pensamento abstracto. As actividades sensorio-motoras prelingüísticas son unha condición indispensable para a aparición e desenvolvemento da linguaxe. Nun principio as palabras están ligadas a unha situación determinada e o seu significado pode cambiar cando comeza o desenvolvemento lingüístico arredor dos 18 meses. Ós 5 anos o neno ten xa a maioría das estruturas sintácticas e ós 7 ou 8 anos o desenvolvemento da linguaxe está rematado.

Controversia

Os investigadores no campo da intelixencia receben máis críticas que os investigadores doutras áreas. Algúns temas controversos son:

  • A relevancia da intelixencia psicométrica co senso común
  • A importancia da intelixencia no día-a-día.
  • O impacto dos xenes e do ambiente na intelixencia humana
  • Diferenzas entre a intelixencia media de grupos raciais e dos sexos, e as fontes e significados desas diferenzas (Raza e intelixencia)

Medición

Foi Francis Galton o que tivo a idea de medir a intelixencia, pero foi Alfred Binet o primeiro que realizou probas ou test para a medir que se xeneralizaron en Europa Occidental e sobre todo nos Estados Unidos. Posteriormente apareceron probas colectivas para a medición da intelixencia.

Hoxendía a investigación da intelixencia mediante o uso de test está desprestixiada entre moitos psicólogos, xa que a noción de intelixencia como algo fixo e xeral que ten cada individuo perdeu apoio entre a comunidade científica sobre todo a raíz da aparición dos computadores, que realizan tarefas consideradas intelixentes e das investigacións de Jean Piaget sobre a evolución da intelixencia na infancia.

Véxase tamén