Ainur: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: sk:Ainur
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: uk:Аінур
Liña 35: Liña 35:
[[th:ไอนัวร์]]
[[th:ไอนัวร์]]
[[tr:Ainur]]
[[tr:Ainur]]
[[uk:Аінур]]
[[zh:埃努]]
[[zh:埃努]]

Revisión como estaba o 21 de agosto de 2008 ás 14:59

No legendarium de J.R.R. Tolkien, os Ainur (Os Sagrados en quenya, singular: Ainu) son espíritos anxelicais, representantes directos do deus Eru Ilúvatar. Foron a súa primeira creación. A pesar de que a maioría deles moran con Ilúvatar, algúns deles descenderon a (os Valar e os Maiar) para rematar de formar o mundo durante a creación de Arda.

O máis poderoso deles, Melkor, baixou a querendo facerse coa Chama Imperecedoira e así ser considerado Señor e Creador. Corrompeu a outros Ainur para a súa causa (como Sauron ou os Balrogs). Por envexa ós outros Valar, que facían todo para agradar a Eru, estragaban a obra dos seus semellantes. Aínda que isto último podería ser en realidade parte da propia canción ideada por Eru como el mesmo apunta n'O Silmarillion cando Melkor tenta esnaquizar A Canción coa súa discordancia:

E ti, Melkor, verás que ningún tema pode tocarse que non teña en min a súa fonte máis profunda, e que ninguén pode alterar a música ó meu pesar. Porque aquel que o tente probará que é só o meu instrumento para a creación de cousas máis marabillosas aínda, que el non ten imaxinado.
Ilúvatar n'O Silmarillion

Véxase tamén