Cánnabis (droga): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Desfíxose a edición de 71.49.44.82 (disc.), cambiado á última versión feita por XoseBot
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cy, el, fr, hr, lv, sq, sr, tr
Liña 58: Liña 58:
[[bg:Марихуана]]
[[bg:Марихуана]]
[[cs:Marihuana]]
[[cs:Marihuana]]
[[cy:Cannabis (cyffur)]]
[[de:Marihuana]]
[[de:Marihuana]]
[[el:Κάνναβη]]
[[en:Cannabis (drug)]]
[[en:Cannabis (drug)]]
[[eo:Mariĥuano]]
[[eo:Mariĥuano]]
[[es:Cannabis (droga)]]
[[es:Cannabis (droga)]]
[[fi:Kannabis]]
[[fi:Kannabis]]
[[fr:Chanvre]]
[[he:מריחואנה]]
[[he:מריחואנה]]
[[hr:Marihuana]]
[[id:Ganja]]
[[id:Ganja]]
[[it:Marijuana]]
[[it:Marijuana]]
Liña 70: Liña 74:
[[ko:대마초]]
[[ko:대마초]]
[[lt:Marihuana]]
[[lt:Marihuana]]
[[lv:Marihuāna]]
[[mk:Марихуана]]
[[mk:Марихуана]]
[[ml:കഞ്ചാവ്]]
[[ml:കഞ്ചാവ്]]
Liña 79: Liña 84:
[[sk:Marihuana]]
[[sk:Marihuana]]
[[sl:Marihuana]]
[[sl:Marihuana]]
[[sq:Marijuana]]
[[sr:Конопља]]
[[sv:Cannabis]]
[[sv:Cannabis]]
[[tr:Esrar]]
[[tt:Kinder]]
[[tt:Kinder]]
[[uk:Марихуана]]
[[uk:Марихуана]]

Revisión como estaba o 18 de agosto de 2008 ás 08:44

O cannabis é unha droga tomada da planta Cannabis sativa. Na súa forma vexetal chámase marihuana e na súa forma resinosa chámase hachís. Trátase dunha substancia psicoactiva que se consume por vía respiratoria, en forma de cigarro, aínda que tamén é posible o seu consumo por vía oral, normalmente en preparados ó efecto.

Tratase dunha substancia psicoactiva que acostúmase consumir por vía respiratoria, en forma de cigarro, aínda que tamén é posible o seu consumo por vía oral, normalmente en preparados ó efecto.

A marihuana ou canabo preséntase en diferentes formas. A máis coñecida son as flores secas (normalmente os cogollos das plantas femininas). Existe tamén "aceite de cannabis", en inglés honey oil ('aceite de mel') , que é un concentrado cuxa extración xeralmente implica o uso de disolventes como o alcol e os filtrados con carbón activo, o cal potencia os efectos.

Unha variedade manufacturada da marihuana e a resina, que se chama haxix, que en árabe significa 'herba seca'), e que é a secreción resinosa da planta (a resina), normalmente secada e cortada en blocos de cor castaña bastante oscura e levemente verdosa e do que tamén existe unha variedade líquida ou "hash oil" ('aceite de hachís'). A forma máis usual de consumo é en forma de cigarro leado a man: nestes casos úsanse directamente as follas ou os cogollos, secos e desfeitos, ou a resina mesturada co tabaco louro. Outros métodos inclúen o uso de pipas comúns e de "narguiles" ou "cachimbas" (pipas de auga) para fumar o cannabis mentres arrefríase o fume ou no caso dos "bongs" quitando o alcatrán ou as impurezas non desexadas.

O Cannabis úsase tamén na cociña, para a preparación de receitas como "space cake" ('torta espacial') e "hash brownies" ('bolos con haxix'). A inxestión por vía oral debe ser sempre ben medida, xa que desta forma ingrésase moito máis porcentaxe de THC que fumado ou vaporizado. Ademais, ao ser inxerido, o THC pasa polo fígado antes de chegar ao cerebro, tendo leves cambios no fígado, que converten ao THC noutra sustancia distinta, con máis poder psicodélico e que pode provocar ataques de pánico. Tamén pode tomarse disolvendoo en copas de café, creando así un "bhang" (do hindi).

A posoloxía é variable, como é natural, e depende do xénero consumido e da persoa, aínda que algúns expertos no seu consumo informan que non se rexistra intoxicación letal algunha (nin sequera intoxicación aguda) por vía respiratoria. A intoxicación aguda por vía digestiva require grandes cantidades do produto .

Actualmente investiganse os usos médicos da marihuana para diversas enfermidades, o que xenerou, de novo, certa polémica. Os seus defensores afirman que hay evidencias segundo as cales é beneficiosa para eliminar as náuseas da quimioterapia e, no tratamento contra o sida, o seu efecto estimulante do apetito axuda a combater a inapetencia. Tamén pode axudar a reducir a presión dos fluidos nos ollos asociados o glaucoma. Hay numerosos estudios que demostraron que pode axudar a reducir o medo e os temblores da esclerosis múltiple. Outras visions más restrictivas afirman que actualmente existen tratamentos e medicacions, sempre legais, para as afeccions máis eficientes que se podan lograr coa marihuana, si ben os críticos argumentan que esa mallor eficiencia non foi probada nin contrastada pola comunidade científica.

Usos

Os efectos da marihuana dependen da interrelación de diferentes factores :

as características da sustancia e a forma en que a consumas as túas características persoais: personalidade, peso, idade, estado de saúde e de ánimo, así como a túa experiencia pasada como consumidor da droga en cuestión as circunstancias nas cales consumides a droga: (compañía, lugar, legalidad)

Basicamente a marihuana produce os seguintes efectos:

No plano fisiológico: aumento do apetito, sequedad de boca, enrojecimiento da conjuntiva dos ollos, brillantez da córnea, taquicardia, sudoración, analgesia moderada, somnolencia, e dificultades na coordinación motora.

No plano psicolóxico: sensación de euforia, relajación, desinhibición, cambios sensoriais e perceptivos, perda de concentración e diminución da coordinación. En altas doses pode provocar alucinaciones (este é o efecto que fai que algúns autores consideren á marihuana como un alucinógeno menor).

Cando se consome fumada, o fume é rapidamente absorbido polos pulmóns e chega ao cerebro nun curto período de tempo, polo cal os seus efectos comezan a notarse aos poucos minutos do seu consumo, alcanzando o seu pico máximo ao cabo duns trinta minutos e prolongándose por dous ou tres horas.

Cando é inxerida por vía oral, os efectos demoran máis en aparecer e poden chegar a durar entre tres e catro horas.

En canto ao seu potencial adictivo, é dicir, en canto á súa capacidade para xerar dependencia, o cannabis non parece dar lugar a dependencia física, aínda que se describiu certa reacción de abstinencia en usuarios crónicos ao interromper o seu consumo, caracterizada por ansiedade, irritabilidad, perda de apetito, tremores e insomnio.

Por outra banda, pode conducir a certa dependencia psicolóxica, entendendo por tal a dificultade para experimentar determinadas sensacións e facer fronte a certas esixencias cotiás se non se está baixo os efectos da sustancia.


Riscos

Os principais riscos do cannabis están asociados aos efectos perjudiciales que podería chegar a xerar no sistema respiratorio cando é fumada. O fume da marihuana pode chegar a producir bronquitis crónica, enfisema pulmonar e cancro de pulmón.

Debemos de ter en conta ademais que para experimentar ao máximo os efectos desta sustancia os consumidores inhalan profundamente o fume, retéñeno ao máximo nos pulmóns e non usan filtro. Por outra banda, o consumo asociado de tabaco pode incrementar as probabilidades de que se de algunha disfunción deste tipo no sistema respiratorio.

En canto ao sistema circulatorio, o consumo de cannabis provoca de xeito case inmediato taquicardia, polo cal as persoas que padecen insuficiencia cardíaca ou hipertensión (presión arterial alta) poderían ver empeorados os seus síntomas.

Pode entorpecer a memoria, sobre todo, a memoria a curto prazo, o cal dificulta a retención dos sucesos que se viviron baixo os efectos da sustancia. Pode alterar a capacidade de concentración En caso de ser consumida con alcohol, esta combinación pode dar lugar a lipotimias (mareos ou desmaios) como consecuencia da acción vasodilatadora do alcohol e o aumento no consumo cerebral de osíxeno que provoca o THC. O cerebro necesita máis osíxeno do habitual e dispón dunha cantidade menor do mesmo.

Podería ademais xerar certos problemas psiquiátricos naqueles usuarios crónicos cunha condición esquizofrénica pre-existente.