Fernando González Laxe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
Liña 14: Liña 14:
<references/>
<references/>


{{Start box}}
{{Gobernante|
{{ succession box
ESPAZO_POLITICO=[[Imaxe:Escudo de Galicia.svg|25px]]<br>[[Lista de Presidentes de Galiza]]|
| predecesor = [[Xerardo Fernández Albor]]
DINASTIA=[[Goberno tripartito]]|
| título = [[Imaxe:Escudo de Galicia.svg|35px]]<br>[[Lista de Presidentes de Galicia|Presidente de Galicia]]
ANTES=[[Xerardo Fernández Albor]]|
| período = [[1987]] - [[1989]]
DEPOIS=[[Manuel Fraga Iribarne]]|
| sucesor = [[Manuel Fraga Iribarne]]
DATA_ENTRADA=[[1987]]|
DATA_SAIDA=[[1989]]|
}}
}}
{{End box}}


[[Categoría:Presidentes da Xunta de Galicia|G]]
[[Categoría:Presidentes da Xunta de Galicia|G]]

Revisión como estaba o 17 de agosto de 2008 ás 18:45

Fernando González Laxe (A Coruña, 6 de setembro de 1952), político galego que foi Presidente da Xunta de Galicia co goberno tripartito (28 de setembro de 1987 - 2 de febreiro de 1990).

Licenciado e doutor en Ciencias Económicas enceteou a súa carreira profesional en 1975 como profesor de estrutura económica no colexio universitario da Coruña, foi un dos fundadores de ADEGA, chegando a ser o seu secretario xeral[1] e afiliado ó Partido Socialista Galego, en 1977 entrou no Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) co cal foi secretario da Xunta preautonómica en 1978 e posteriormente subdirector xeral de Pesca (1979-1980). Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro na Coruña e foi tenente de alcalde e voceiro do PSdeG no concello ata 1982.

González Laxe foi candidato ó Congreso dos Deputados nas eleccións xerais de 1977 e ó senado nas de 1979, sen obter escano en ningunha delas, en 1986 foi designado senador pola comunidade autónoma de Galicia.

Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 1982 foi nomeado director xeral de ordenación pesqueira do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación asemade de representante español na Conferencia Mundial da FAO sobre pesca e no II Congreso Latinoamericano de Pesca. Desde o seu posto no ministerio foi o responsable das negociacións pesqueiras de España coa Comunidade Económica Europea.

En novembro de 1985 foi o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta de Galicia, eleccions que gañou Coalición Popular e o seu candidato Xerardo Fernández Albor formou goberno. En 1987 González Laxe presentou unha moción de censura contra o goberno de Fernández Albor trala marcha de Xosé Luís Barreiro, contando ademais, tras o coñecido como Pacto dos Tilos, co apoio de Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego cos que formou un goberno de coalición tripartito o 28 de setembro de 1987 con Barreiro de vicepresidente. Presidente do PSdeG desde 1988 e o seu candidato nas eleccións autonómicas de 1989 e malia obter os mellores resultados ata o momento para o seu partido (28 escanos) non puido impedir a vitoria de Manuel Fraga, o candidato do Partido Popular, por maioría absoluta.

No ano 2000 deixou o posto de senador e en 2001 deixou de ser deputado no Parlamento de Galicia, non volveu a ocupar postos de relevancia política e na actualidade é catedrático de economía aplicada na Universidade da Coruña.

Notas

  1. Información na web de ADEGA


Predecesor:
Xerardo Fernández Albor
 
Presidente de Galicia
 
1987 - 1989
Sucesor:
Manuel Fraga Iribarne