Xustino I: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tl:Justin I
Liña 61: Liña 61:
[[sr:Јустин I]]
[[sr:Јустин I]]
[[sv:Justinus I]]
[[sv:Justinus I]]
[[tl:Justin I]]

Revisión como estaba o 8 de agosto de 2008 ás 11:06

Flavius Iustinus Augustus

Flavius Iustinus ou Xustino I (c. 450 - 1 de agosto de 527) foi emperador bizantino (518527).

Naceu nunha aldea preto de Bederiana, na provincia de Dardania, pertencente á diocese de Dacia que, xunto coa de Macedonia, formaba entón a prefectura pretoriana de Ilírico. Na súa mocidade chegou a Constantinopla fuxindo das invasións bárbaras. Alistouse no exército, e grazas á súa capacidade, ascendeu rapidamente pola escala militar, ata converterse en comandante da garda de palacio (os excubitors) do emperador Anastasio I en 515. Grazas á súa posición (era o comandante do único exército acantonado na cidade) e a súa prodigalidade, conseguiu ser nomeado sucesor á morte de Anastasio I, en 518. No momento da súa ascensión ao trono tiña preto de setenta anos e probablemente era analfabeto.

Xustino, que era un militar sen os coñecementos nin a visión precisos para gobernar o estado bizantino, rodeouse de conselleiros de confianza. O máis destacado deles foi sen dúbida o seu sobriño, Flavius Petrus Sabbatius, ao que adoptou como fillo e ao que deu o nome, polo que pasou á historia, de Xustiniano. Aínda que se di con frecuencia que Xustiniano rexeu os destinos do Imperio xa en vida do seu tío, como afirma o historiador Procopio, é probábel que non fose así, xa que só foi investido como sucesor meses antes da morte de Xustino.

En 525, Xustino derrogou unha lei que prohibía aos membros da clase senatorial contraer matrimonio cunha muller de clase inferior, o cal foi considerado escandaloso na época. Grazas a este edicto, Xustiniano puido casarse con Teodora, unha antiga actriz e artista de circo; por outra banda, a derrogación desta norma contribuíu a diluír as antigas diferenzas de clase da sociedade romana.

Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados polas disputas cos ostrogodos, conseguindo apaciguar a Teodorico ao renunciar Xustino a nomear cónsules, e os persas pola rexión de Lazica, a antiga Cólquida e que vai provocar unha guerra que non vai ter un vencedor claro. En 526 a súa saúde comezou a declinar, e nomeou formalmente sucesor a Xustiniano o 1 de abril de 527. Morreu o 1 de agosto dese mesmo ano.

A cidade de Anazarbus foi rebautizada como Iustinopolis en 525, en honor seu.

Ligazóns externas


Imperio Bizantino

Segue a:
Anastasio I, Emperador
Xustino I
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Dinastía Xustiniana