Criptografía: Diferenzas entre revisións
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras |
m bot Engadido: kk:Криптография |
||
Liña 117: | Liña 117: | ||
[[ja:暗号理論]] |
[[ja:暗号理論]] |
||
[[ka:კრიპტოგრაფია]] |
[[ka:კრიპტოგრაფია]] |
||
[[kk:Криптография]] |
|||
[[ko:암호학]] |
[[ko:암호학]] |
||
[[la:Cryptographia]] |
[[la:Cryptographia]] |
Revisión como estaba o 8 de agosto de 2008 ás 04:33
A criptografía é a ciencia que versa sobre a ocultación da información. Durante miles de anos as nacións levan dependendo de posuír dunhas comunicacións eficientes para artellar o goberno, mandar aos exércitos e dar resposta a posibles ataques de potencias enemigas. Moitos dos parágrafos da historia estan escritos arredor de traicións e conspiración. A importancia de manter a información comprometedora en segredo levou a gobernantes de todas a época a desenvolver sistemas para conseguir confidencialidade e total segredo.
Dende un punto de vista menos filosófico a criptografía é o estudo de técnicas matemáticas relacionadas cos aspectos de seguridade da información, a confiabilidade, a integridade dos datos, a autentificación de entidades e a orixe dos datos. O nome de Criptografía proven do grego (kryptos, "ocultar", e grafos, "escribir", do que sae literalmente "escritura oculta").
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|
Fundamentos da criptografía
Un proceso criptográfico consiste en ocultar unha mensaxe dada, coñecida como texto en claro ou texto plano, producindo un resultado inintelixible para claquer observador alleo, non autorizado, á comunicación. Dito resultado é o criptograma. No proceso interven un determinado método de codificación, algoritmo de cifrado, convenio entre os interlocutores e que modifica a mensaxe orixinal empregando unha chave.
Formalmente dise que un criptograma C é resultado de aplicar un algoritmo criptográfico E, que matematicamente pode entenderse como unha función, sobre o texto en claro M empregando unha chave dada K_e (o subindice indica que a chave é para cifrar, deixando claro que non ten por que ser a mesma que a empregada para descifrar). Este proceso coñecese como cifrado.
Loxicamente un proceso criptográfico ten que ser inversibel, ou do contrario non tería ningunha utilidade práctica. Por isto, debe existir unha maneira de recuperar a mensaxe orixinal M, a partires do criptograma C; resulta lóxico pensar que ese proceso resulta trivial coñecida a chave K_d. Ese proceso inverso chamase descifrado, en contraposición ao proceso anterior.
Mecanismos de cifrado
Cifrado de sustitución
Un mecanismo de cifrado chamase de sustituciñon cando establese unha correspondencia entre os caracteres nos que esta escrita a mensaxe orixinal e os caracteres doutro alfabeto ou alfabetos. Este segundo non ten por que ter diferente natureza que o primeiro, a fortaleza deste tipo de cifrados está nas relacións que se establecen entre os alfabetos orixe e destino.
Na rececpción o destinatario coñece tamén esa correspondencia y pode establecer o proceso inverso para obter a mensaxe orixinal en claro, para poder lela.
Cifrado de trasposición
Este tipo de mecacanismos criptográficos “descolocan” os símbolos da mensaxe en claro, xeralmente dispoñendoos en forma matricial, seguindo unha regra que conforma a chave en si mesma. Esta chave debe ser coñecida por ambos interlocutores para que o método sexa útil.
Cifrado en fluxo
Cifrado en bloque
Protocolos que usan a criptografía
Algoritmos
Algoritmo AES
Algoritmo Blowfish
Algoritmo CAST-128
Algoritmo CAST-256
Algoritmo DES
Algoritmo DES-X
Algoritmo Skipjack
Cifrado ROT-13
Algoritmo RSA
Algoritmo Triple DES
Algoritmo Twofish
Véxase tamén
Ligazóns externas
- [http://www.iacr.org/ International Association
for Cryptologic Research]