Cornes, Conxo, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
'''Cornes''' é un lugar do concello de [[Conxo]], situado ao suroeste de [[Santiago de Compostela]] e dende [[1925]] integrado neste. Cornes aínda existe como núcleo, integrado na da cidade compostelá.
'''Cornes''' é un lugar do antigo concello de [[Conxo]], situado ao suroeste de [[Santiago de Compostela]] e dende [[1925]] integrado neste. Cornes aínda existe como núcleo, integrado na da cidade compostelá.


==Historia==
==Historia==

Revisión como estaba o 7 de agosto de 2008 ás 14:50

Cornes é un lugar do antigo concello de Conxo, situado ao suroeste de Santiago de Compostela e dende 1925 integrado neste. Cornes aínda existe como núcleo, integrado na da cidade compostelá.

Historia

A orixe do nome Cornes podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira. Pouco queda xa do trazado antigo do lugar de Cornes, nunha área reurbanizada dende mediados do século XX. Pero en Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28), e en Cornes naceu Rosalía de Castro, na Casa da Parra do daquela chamado Camiño Novo (na actualidade Praza de Vigo).

De Cornes saíu a primeira liña de camiño de ferro de Galiza, que remataba no Carril. Ao redor da estación levantáronse almacéns de aceite, viño, carbón, froita, sal, madeira, cemento, etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros principalmente marmoristas, carpinteiros e tallistas. Había tamén unha canteira de pedra, unha imprenta e un taller de coches.

Cultura

Cornes aparece nomeado en dous poemas de Rosalía de Castro: Aos lirios de Cornes e Ao lavadeiro de Cornes. [Cómpre referencia]