Niqqud: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Nikud
Liña 127: Liña 127:


[[br:Niqqud]]
[[br:Niqqud]]
[[cs:Nikud]]
[[de:Hebräisches Alphabet#Masoretische_Vokalisation]]
[[de:Hebräisches Alphabet#Masoretische Vokalisation]]
[[en:Niqqud]]
[[en:Niqqud]]
[[es:Niqud]]
[[es:Niqud]]

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2008 ás 10:33

Diacríticos

En hebreo, os diacríticos son chamados niqqud ou nikkud (נִיקוּד, נְקֻדּוֹת, nəquddôṯ : «vogais»).

Houbo numerosa versións diferentes, pero a máis empregada hoxe foi inventada polos Masoretas (ba'alei masorah).

Os niqqud son pequenos signos, comparados coas consoantes que completan, e teñen así a vantaxe de poder seren engadidos directamente sobre un texto que non os levaba.

Os estudantes de hebreo, que non o falan aínda ou non normalmente, prestan unha especial atención a estes diacríticos, especialmente no que atinxe á controversia do tetragrama - escrito יְהוָה en hebreo. A interpretación permitiría atopar a antiga pronunciación (auténtica din algúns) de Xehová ou Yahweh.

Os signos do niqqud

Esta táboa agrupa as consoantes ב, ח e ש para amosar a posición e a forma dos niqqud. Compre sinalar que ás veces hai, en función do dialecto ou da tradición, diferenzas de pronunciación. Esta táboa dá a transcrición máis común, a empregada en Israel, que é, por exemplo, diferente da pronunciación ashkenazí.


Símbolo Hebreo tiberiano Hebreo estándar
בְ שוא šəwâ. Transliteración ə (API /ə/), ou silenciosa. שווא šəva, máis a miúdo schwa. Oficialmente transliterada ə (API /ə/ ou silenciosa, máis a miúdo transliterada e, ou como un apostrofo ' , mesmo non escrita.
חֱ חטף סגול ḥăṭep̄ səḡôl. Transliteración ĕ (API /ɛ/). חטף סגול ḥataf seggol, máis a miúdo chataf segol, ou seghol reducido. Transliterada e (API /e/).
חֲ חטף פתח ḥăṭep̄ páṯaḥ. Transliteración ă (API /a/). חטף פתח ḥataf pátaḥ, máis a miúdo chataf pátach, ou pathach reducido. Transliterada a (API /a/).
חֳ חטף קמץ ḥăṭep̄ qāmeṣ. Transliteración ŏ (API /ɔ/). חטף קמץ ḥataf qamaẓ, chataf kamatz, ou qamets reducido. Transliterada o (API /o/).
בִ חירק ḥîreq. Transliterada i (API /i/) ou í (API /iː/). חיריק ḥiriq, chirik. Transliterada i (API /i/).
בִי חירק מלא ḥîreq mālê. Transliterada î (API /iː/). ḥiriq male, chirik malei ou hiriq yod. Transliterada i (API /i/).
בֵ צרי ṣērê. Transliterada ē (API /eː/). צירי ẓere, tzeirei. Transliterada e (API /e/).
בֵי, בֵה, בֵא צרי מלא ṣērê mālê. Transliterada ê (API /eː/). צירי מלא ẓere male, tzeirei malei, tsere yod. Transliterada e (API /e/), máis a miúdo ei (API /ei/).
בֶ סגול səḡôl. Transliteración e (API /ɛ/) or é (API /ɛː/). סגול seggol, máis a miúdo segol. Transliteración e (API /e/).
בֶי, בֶה, בֶא סגול מלא səḡôl mālê. Transliteración (API /ɛː/). סגול מלא seggol male, máis a miúdo segol malei, ou seghol yod. Transliteración e (API /e/), pero con י máis a miúdo ei (API /ei/).
בַ פתח páṯaḥ. Transliteración a (API /a/) ou á (API /aː/). פתח pátaḥ, máis a miúdo pátach. Transliteración a (API /a/).
בַה, בַא פתח מלא páṯaḥ mālê. Transliteración (API /aː/). פתח מלא pátaḥ male, máis a miúdo pátach malei. Transliteración a (API /a/).
בָ קמץ גדול qāmeṣ gāḏôl. Transliteración ā (API /ɔː/). קמץ גדול qamaẓ gadol, máis a miúdo kamatz gadol, ás veces chamada simplemente qamets. Ás veces marcada cun metheg á esquerda do qamets, para distinguilo de qamets qatan. Transliteración a (API /a/).
בָה, בָא קמץ מלא qāmeṣ mālê. Transliteración â (API /ɔː/). קמץ מלא qamaẓ male, máis a miúdo kamatz malei, ou qamets he. Transliteración a (API /a/).
בָ קמץ קטן qāmeṣ qāṭān. Transliteración o (API /ɔ/). קמץ קטן qamaẓ qatan, máis a miúdo kamatz katan, ou qamets hatuf. Transliteración o (API /o/). A miúdo substituído por ḥolam male en israelita.
בֹ חלם ḥōlem. Transliteración ō (API /oː/). חולם ḥolam, máis a miúdo cholam. Transliteración o (API /o A miúdo substituído por ḥolam male en israelita.
בוֹ, בֹה, בֹא חלם מלא ḥōlem mālê. Transliteración ô (API /oː/). חולם מלא ḥolam male, máis a miúdo cholam malei. Transliteración o (API /o/).
בֻ קבוץ qibbûṣ. Transliteración u (API /u/) ou ú (API /uː/). קובוץ qubbuẓ, máis a miúdo kubutz. Transliteración u (API /u/). A miúdo substituído por šuruq en israelita.
בוּ שורק šûreq. Transliteración û (API /uː/). שורוק šuruq, máis a miúdo shuruk. Transliteración u (API /u/).
בּ דגש dāḡēš. Non é tecnicamente unha vogal. Redobra a consoante que modifica. O resultado pode aínda tomar unha vogal. דגש dageš, máis a miúdo daguesh.
שׁ Šin dot. Non é tecnicamente unha vogal. Modifica o ש, de maneira que debe transliterarse š (API /ʃ/).
שׂ Śin dot. Non é tecnicamente unha vogal. Indica que a vogal que modifica, ש, debe ser transcrita ś (API /ɬ/).

Limitacións técnicas de Wikipedia

  • Importante: Hai, actualmente, serios problemas de visualización dos Niqqud na Wikipedia e en todos os proxectos Wikimedia. Máis información en en:Wikipedia:Niqqud, en inglés e en hebreo.


Ver tamén

* diacríticos do alfabeto galego;
* diacríticos do alfabeto vietnamita (quôc ngu), 
* diacríticos do alfabeto latino; 
* diacríticos do alfabeto grego; 
* diacríticos do alfabeto cirílico; 
* diacríticos do alfabeto árabe;
* diacríticos do devanâgarî; 
* diacríticos dos silabarios xaponeses;
* diacríticos do alfabeto tibetano;
* diacríticos do alfabeto turco.