Conversa usuario:Lmbuga: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 297: Liña 297:


--[[Saúde]], e pola sombra!! [[User:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 20:03, 5 agosto 2008 (UTC)
--[[Saúde]], e pola sombra!! [[User:Estevoaei|Estevo(aei)]]<sup>[[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]]</sup> 20:03, 5 agosto 2008 (UTC)

== Bot flag for [[タチコマ robot]] ==

Hi, I was wondering the situation on this... --<small> [[User:White Cat|Cat]]</small> <sup>[[User talk:White Cat|chi?]]</sup> 09:32, 6 agosto 2008 (UTC)

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2008 ás 09:32

Babel
gl Este usuario é galegofalante.
es Este usuario es un hablante nativo de español.
pt-3 Este usuário pode contribuir com um nível avançado de Português.
en-1 This user can contribute with a basic level of English.


Orixe das imaxes

Boas, desculpa por tardar tanto en responder. Gracias polos avisos que me deixache sobre as fotos que subín sen indicar a sua orixe. A partir de agora tereino en conta ;) Un saúdo --Efremigio 10:32, 28 abril 2008 (UTC)

Imaxes para borrar

Ola. Gracias pola atencion, pero sigo sin saber por que esas imaxes que eu subin van ser borradas. Son todas miñas e xa teñen a licencia indicada. É unha pena que as borredes e que eu non entenda como hai que facer. Se non estan indicadas de xeito correcto borrádeas, pero sigo sin entender a que vos referides con eso da licencia. Eu so fago como fixen sempre, ademais noutras wikipedias non me pasa nada de eso. Un cordial saúdo e a seguir con ese traballo.

Se as imaxes son túas (iso quere dicir que ti es o fotógrafo, non valen imaxes doadas ou emprestadas por amigos) e teñen licenza, tes que editar as imaxes e escribir o outro dato necesario para que se poidan manter na Galipedia: Eu son o autor. Sen ese dato, denominado orixe, non se pode manter ningunha imaxe. Rogaríache que editases rexistrado, ó non estares rexistrado, non sei de que imaxes falas--Lmbuga Commons - Galipedia 16:14, 28 abril 2008 (UTC)

Etiqueta de licenza

Ola Lmbuga, cando me dis que non as categoricei, a que te refires? Creo que o estou a facer.--PepedoCouto 11:30, 4 maio 2008 (UTC)

  • Pois moitas grazas pola túas explicacións, eu cría que poñendoas na galería de imaxes correspondentes categorizábanse elas automaticamente. Tereino en conta de agora en diante. Un saúdo.--PepedoCouto 13:44, 7 maio 2008 (UTC)

Xabiercs

Ola de novo. Vaia unha politica que tendes na Galipedia. Resulta que engado artigos, engado fotografías, e logo porque comento que non vou colaborar mais, vai o señor Albert Galiza e bloqueame. Se dixen iso, foi porque continuamente me estades a dicir que as imaxes non teñen licencia, cando si a teñen, e que as ides borrar (algo que non é xusto). Ser un pouco mais seguros cas vosas accions porque se borrades a todos os que se queixan...que pasa, vos non tedes erros??. Con esa politica de facer calar a quen se queixa a Galipedia non vai ir adiante. Eu teño lido comentarios de usuarios onde incluso se chega ó insulto disimulado e seguen a engadir artigos. Non é xusto. xabiercs - xabiercs@hotmail.com

  • Tes permiso para desbloquear, pero hai algo raro e quédome coa dúbida: finalmente Xabiercs é unha conta do actual usuario da conta Xabier (que me pediu o bloqueo desa conta), ou realmente son usuarios distintos? Habería que aclarar o tema, porque eu actuei facendo o que se me pedía (bloqueando unha conta alternativa dun usuario que ten actualmente outra conta coa que editar). Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:11, 7 maio 2008 (UTC)

Ola de novo. Non sei porque non podes comunicar ca miña conta, funciona perfectamente. Se non podes contactar con xabiercs@gmail.com, proba con esta outra contacto@carreira.info . Un saúdo. xabiercs

Corrixino, semella que o marcador necesita o parámetro para funcionar correctamente. De todos os xeitos na miña opinión é moi dubidoso poñerlle un marcador tan ostentoso a un artigo bo dicindo que non ten fotografías (se cadra tamén dubidoso cun esbozo). Outra cousa sería clasificalo nunha categoría directamente. Penso que é dubidoso porque crea interferencia de máis entre enfocar o traballo á edición e os intereses dos lectores. De feito existía un Modelo:SenImaxe que apenas se usou por ese motivo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:17, 9 maio 2008 (UTC)

Ribadumia

Subín a imaxe:Ribadumia escudo.jpg. Se o cres oportuno, colócaa no artigo Ribadumia, onde non temos imaxe do escudo. A fotografía procede dunha placa que hai ó pé da ponte sobre o Umia, en Pontearnelas, na beira de Ribadumia. Pedro --Lameiro (conversa) 23:12, 10 maio 2008 (UTC)

Sigo sin poder entender nada

Hola Lmbuga. Respecto á mensaxe que me enviaches, dicirche o seguinte: a) Disme que o meu enderezo é de Hotmail e non podes contactarme. Non sei por qué, sempre foi gmail, e eu sempre puxen Gmail nos mensaxes. b) Disme que eu perdin o contrasinal. Tampouco perdin o meu contrasinal. c) Disme que eu solicitei a miña baixa como usuario. Tampouco solicitei baixa como usuario. d) Disme que teño dous usuarios creados......na de na. Tampouco. So quero (si podo, ehhh) seguir engadindo artigos con seriedade e que non me borredes as fotos que subo, porque son sacadas por min e non teñen dereitos de autor, e que lle comentes a AlbertGaliza que cal foi a causa pola que me dou de baixa como usuario. Un saúdo. xabiercs

Resposta

Non me gusta o seu proceder se é que vostede foi o que fixo as edicións con dúas ips diferentes na miñá páxina de conversa e asinando co usuario Xabiercs

É a última vez que lle respondo a unha cuestión sobre este tema se non se rexistra para editar na miña páxina (non sei se isto procede, pois non sei se vostede é a quen me debo dirixir, pois o proceder das ips que editaron na miña páxina é anómalo, e, inda que creo poder demostrar que vostede é o editor desas mensaxes, levaríame algo de esforzo e non teño ganas). Sigo sen saber se vostede é realmente Xabiercs ou se fai pasar por el (xa editou na miña páxina con dúas ips diferentes e asinando co mesmo usuario, polo que non sei con quen estou a falar). Tódolos datos que dá son incoherentes. Ó dicir que son incoherentes quero dicir que vostede ou mente ou é un desestabilizador nato. Que mente e pretende desestabilizar demóstroo a continuación


Disme que o meu enderezo é de Hotmail e non podes contactarme. Non sei por qué, sempre foi gmail, e eu sempre puxen Gmail nos mensaxes.

cando nesta edición pon o seguinte:

Se dixen iso, foi porque continuamente me estades a dicir que as imaxes non teñen licencia, cando si a teñen, e que as ides borrar (algo que non é xusto). Ser un pouco mais seguros cas vosas accions porque se borrades a todos os que se queixan...que pasa, vos non tedes erros??. Con esa politica de facer calar a quen se queixa a Galipedia non vai ir adiante. Eu teño lido comentarios de usuarios onde incluso se chega ó insulto disimulado e seguen a engadir artigos. Non é xusto. xabiercs - xabiercs@hotmail.com

  • Logo di:

Disme que eu perdin o contrasinal. Tampouco perdin o meu contrasinal.

Disme que eu solicitei a miña baixa como usuario. Tampouco solicitei baixa como usuario.

Disme que teño dous usuarios creados......na de na. Tampouco.

Que vostede solicitou o bloqueo da conta por ter dous usuarios é algo que eu contrastei aquí e tamén aquí. ¿De que vai vostede?

Déixolle esta resposta na súa outra posible conta, inda que quizais non sexa a súa conta e sexa vostede só un vándalo que queira marearme. Iso si, de aquí en diante só lle responderei sobre este tema se as explicacións son válidas ou se asina vostede como Xabier Cancela (pois eu renomeei o usuario Xabier a Xabier Cancela)

Grazas pola atención--Lmbuga Commons - Galipedia 23:53, 23 maio 2008 (UTC)

——>Adenda tras uns días de reflexión e motivada por ter nomeado a User:Xabier cancela. Deixei o seguinte texto na súa páxina de usuario:
  • Ola Xabier Cancela. Dúas desculpas: A primeira por non me ter conectado a Internet por problemas persoais nunha semana. Nin sequera puiden mirar o meu correo. A segunda por che ter metido en todo isto do xeito en que o fixen. A verdade é que me vin perdido, sen entender nada. As ips que se dirixiron a min mareáronme de tal maneira que considerei nun momento que eras ti o que se dirixía a min (certamente hoxe non dou afirmado tal cousa, pero, de que non podía afirmalo, decateime máis tarde do debido). Menos mal que me dei conta de que o asunto se me escapulía e, en vez de actuar erroneamente, solicitei que alguén mediase (desculpa que o fixese dunha maneira brusca, pero estaba alucinando co que se me estaba dicindo).
Teño ganas de esquecer este asunto. Inda non pasei polo Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios#Taboleiro dos administradores para facer constar as desculpas. Pasarei logo.
O caso é que hai algo que me volve marear (seguro que non ten que ver contigo). Na miña páxina de usuario pídeme unha ip que borre unha páxina de conversa de usuario. Non sei se ten que ver con este caso ou non, a ip que te suplantara é diferente (85.91.82.38), ou se ten que ver con outro. Coméntocho porque comentarche este caso permíteme facer unha reflexión que si che podería resultar interesante e que poño en cursiva, por se queres tela en conta e que desdiga algo do que puiden dicir nalgunha páxina de conversa.
Que eu saiba, non se poden borrar as páxinas de conversas doadamente. Os motivos son varios:
As páxinas de conversa dos usuarios non pertencen ó usuario, pertencen á comunidade e, especiamente, a todos aqueles que a alí escribiron. Se o problema que provoca que se queira borrar unha páxina de conversa é unha actuación miña, pódeseme solicitar que rectifique o dito nunha páxina de conversa; e pode solicitalo calquera, inda que non sexa o usuario que detenta a páxina. No asunto que nos concerne, se che molesta algo do escrito por min nalgún sitio, dimo, e farei unha explicación e/ou rectificación.
Borrar unha páxina de conversa é posible así e todo se, tal e como se di en Wikipedia:Eliminación rápida non existen motivos para conservala. Un conflito, mesmo unha imaxe marcada e borrada, pode ser suficiente para que se conserve (se eu borro unha imaxe, quero que haxa constancia de que me dirixín ó usuario e que non se poida afirmar que fago as cousas sen atender principios básicos). De borrarse a páxina de conversa, o contido desa páxina só podería ser visto por administradores, perdendo os usuarios un dereito que teñen: a transparencia.
Evidentemente, se me confudo en algo, ó primeiro que lle gustaría poder borrar a confusión é a min. Pero debe constar que me confundín, debo afrontar o feito
Conta comigo para deixar o teu nome limpo, no posible. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:22, 2 xuño 2008 (UTC)
A adenda foi escrita por --Lmbuga Commons - Galipedia 11:33, 2 xuño 2008 (UTC)

capela da Ascensión

ola! hoxe fun de safari fotográfico pola Estrada, e tireille unha á capela da Ascensión. Podes preguntar a que parroquia pertence? Creo que está entre Arca e Codeseda, pero coa miríada de parroquias que hai no concello... Graciñas! --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 21:48, 12 maio 2008 (UTC)

Arquivo de son

Bos días, Lmbuga. Quería subir un arquivo de son, e prepareino en formato .ogg. É este: Ficheiro:Cantodagabita.ogg. O caso é que no meu computador escóitase perfectamente, pero ao publicalo na wiki, a pesar de que aparece como de 800 Kb, a duración é de 0 segundos, cando debería durar uns 6 segundos. Ti sabes por que pode pasar? Estou facendo eu algo mal? Ou temos algún problema co sistema de publicación de arquivos de son na wiki? Se ti non sabes, a quen lle podería preguntar? --Xabier Cid 06:44, 15 maio 2008 (UTC)

Síntoo, xa está. Amañeino modificando o procedemento de conversión, e pasándoo primeiro a mp3 e logo a ogg, e non directamente a ogg. Grazas en todo caso, e desculpa as molestias. O malo é que o subín directamente a commons... Non sei se iso pode supor un problema. --Xabier Cid 07:01, 15 maio 2008 (UTC)
Nada, Lmbuga, moitas grazas, pero xa o amañara... Deixárache a mensaxe aquí... --Xabier Cid 23:30, 18 maio 2008 (UTC)
——>Grazas por dicirme como o amañaras. Así, cando o intente, xa non terei ese problema. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:38, 2 xuño 2008 (UTC)

Why is that a decline? -- Cat chi? 15:17, 17 maio 2008 (UTC)

Fotos de Rosalía

Ola Lmbuga!, acabo de subir 2 fotos sobre Rosalía de Castro, unha delas coido que a quitaches ti. Avísoche por se hai algún problema con elas. Por certo tes uns nenos moi xeitosos. --Hugo22 21:08, 18 maio 2008 (UTC).

Ordes

thumbs
thumbs
thumbs
thumbs

Imaxe:Ordes - alameda e concello - 1.jpg e 2 son moi semellantes pero distintas. Pode deberse á miña obsesión polos encadres, que mesmo estando en sitios distintos meto os mesmos obxectos. No alto están cortadas a diferente altura nas árbores e no fondo unha ten unha persoa e outra non. Usuario:Sobreira

Imaxe dubidosa

Contéstoche mañá, vale? --Xabier Cid 23:07, 19 maio 2008 (UTC)

Troitas

Vin a túa foto das troitas en Commons, e é moi xeitosa. Pódese propoñer para Imaxe da semana se está en Commons? --Xabier Cid 22:26, 19 maio 2008 (UTC)

Nada, ho. Eu non ando moito por Commons, pero como estaban ligadas a artigos parecéronme bastante estrañas. por certo, hoxe borrei a presenza dunha imaxe en tres puntos da Galipedia, porque deron o aviso dende Commons. Eran fotos de Ben Johnson sacadas dunha base pública canadense; parece que ao final, esa base de datos ten unhas limitacións á reprodución maiores das que semellaba a simple vista. --Xabier Cid 12:09, 21 maio 2008 (UTC)

Re:Imaxe borrada por copyvio

Ola Lmbuga:Grazas pola tua comunicación de borrado da Ficheiro:Antiguo-escudo-zaragoza01.jpg, pois pensando que era unha imaxe bastante antiga pensei equivocadamente que os dereitos Copyright xa estarían caducados e que logo polo feito de haberlle modificado à color de fondo davame dereito en transformala. Vexo que non é asi e pidoche disculpas por este meu malentendido. Un cordial saúdo--Basilio 09:01, 23 maio 2008 (UTC)

Segundo o que podo asimilar despois de releér o artigo sobre iso das "obras derivadas", paréceme bastante complicada a cousa, ainda mais cando sabes que un simple xoguete ou calqueira outra inocente imaxen poidan estar tan protexidas selon nestas politicas do copyvio. Neste caso moi difícil o vexo, pois sinto non poder aportar algo maís de creatividade sen expoñerme a unha sanción. De todas maneiras agradezoche a tua recomendación. Gostaríame saber si posible é, que antes de cargar unha imaxen poidese asegurarme contigo e evitar asi un malentendido ou un inútil traballo. Receve un cordial saúdo.--Basilio 17:47, 24 maio 2008 (UTC)
——>Non dubides en preguntarme o que sexa. Considera, de tódolos xeitos, que non o sei todo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 11:42, 2 xuño 2008 (UTC)

Artigos sen imaxes

Agora hai unha nova opción que permite levar rexistro non invasivo dos artigos que non teñen imaxes, son as categorías ocultas (aquelas que inclúen a magic word __HIDDENCAT__). Por primeira vez incluín __HIDDENCAT__ na categoría Artigos sen imaxes que se clasifica en Categoría:Categorías ocultas. Para engadir unha páxina á categoría Artigos sen imaxes estou usando a seguinte escrita <!--Categorías ocultas--> [[Categoría:Artigos sen imaxes]] para que apareza diferenciada das categorías normais. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:18, 23 maio 2008 (UTC)

visualización de imaxes

Interesantísima ferramenta para poder ver tódalas fotografías que un foi subindo ó lonmgo do tempo (¡meu Deus, cantas!, e algunhas xa esquecidas totalmente). Esta Wikipedia ten de todo, está visto.

Bueno. Vexo que hai varias "orfas", é dicir, sen artigo que as respalde. Nalgunha ocasión dixeches que se non se usaban habería que borralas. ¿Segue iso en pé? porque neste caso terei que apurarme para buscarlles un artiguiño onde metelas.

Outro tema é que hai dúas repetidas: imaxe:1195 recortada 50.jpg e imaxe:depuradora de mexillón.jpg. Creo lembrar que xa che expliquei o problema: a primeira foi unha das primeiras fotografías que subín, cando aínda me cría aquel consello que recomendaba que as imaxes fosen pequenas -de aí o de "recortada"-, pero logo volvín subila no seu tamaño orixinal, e esta segunda é a que temos no artigo Depuración de moluscos, o que converte aquela en inútil e candidata a ser borrada. E falando de borrar, lembra aquelas imaxes de etiquetas que estabas refacendo: aínda che falta algunha que substituír e tamén habería que borra-las modificadas ¿non?

Máis. Hai uns días creaches unha categoría para Gastronomía, na que metiches outra imaxe miña: IMG 3733.jpg. Tamén había unha política de prescindir de nomes de imaxes que non din nada, como é o caso, polo que esta imaxe debería pasar a ser renomeada como "sargo ó forno", título moito máis indicativo.

Bueno, máis nada. Que saibas que o teu coas imaxes é un traballo impagable e que por moito que se diga nuncha cho agradeceremos dabondo. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 10:34, 24 maio 2008 (UTC)

  • Perdoa, Miguel, que che dea tanto chollo. Na Imaxe:Mata do porco 2.jpg, no “Historial do ficheiro” aparéceme a seguinte descrición: “Bubela (Upupa epops) (Noalla, Sanxenxo, 1994).”, a pesar de telo corrixido tal como aparece no “Resumo”: “Figura que representa a mata do porco”. Na Imaxe:Sargo ao forno 01.jpg pasoume o mesmo. A descrición correcta sería “Sargo ó forno”. Sonche cousas do copia-pega sen te-lo coidado de face-los cambios necesarios. Por favor, ¿podes cambiar ese texto erróneo do "Historial"? Ou explicarme como se fai para a próxima vez que me equivoque. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 23:35, 24 maio 2008 (UTC)
Aproveito esta mensaxe de Lameiro pra dicirche que eu xa tamén revisei as miñas. Xa non me quedan orfas, e creo que están todas con información. Incluso creo que categoricei moitas delas. --Xabier Cid Conversa 00:48, 29 maio 2008 (UTC)


SOLICITUDE PARA BORRAR A MIÑA CONVERSA

Recomendáronme que me puxese en contacto contigo para solicitarche que me mudes o nome do usuario, e se pode ser que me borres definitivamente. Por favor ponte en contacto comigo en lingua2@gmail.com. Non conseguín atopar o teu correo na túa páxina de usuario. E por iso estou escribindo aquí sen querelo... Dixéronme que "ao mellor Lmbuga necesita algunha proba de que ti es ti (non o sei, quizais non, iso entra do seu ámbito de decisión e non do meu). Quizais tamén necesite unha explicación de por que tomas esta decisión. Creo que as razóns que esgrimes son moi axeitadas, pero seguramente terás que dicirllas tamén a el." Esta é a súa páxina: http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Lmbuga. Grazas.Esta mensaxe foi deixada por User:80.59.44.15, que lle esqueceu asinar. --Xabier Cid Conversa 21:48, 30 maio 2008 (UTC)

Voume explicar eu, para ver de aclarar as cousas. Este antigo usuario desexa eliminar a súa páxina de conversa. Como lle dixen que iso non era posíbel, ocorréuseme que quizais si o sería mudar o nome de usuario. Eu descoñezo totalmente a casuística dese procedemento, e non sei en que condicións se podería aplicar, e se esta é unha delas. Tamén lle puxen en antecedentes dos problemas máis recentes sobre bloquear e mudar nomes de usuarios, e que quizais tivese que demostrar un efectivo control sobre ese usuario. Se cadra queda agora lixeiramente máis claro. Para calquera dúbida, Lmbuga, podes falar comigo sobre o tema. --Xabier Cid Conversa 21:48, 30 maio 2008 (UTC)
——> Moi raras veces é posible borrar unha páxina de conversa.
As páxinas de conversa dos usuarios non pertencen ó usuario, pertencen á comunidade e, especiamente, a todos aqueles que a alí escribiron. Se o problema que provoca que se queira borrar unha páxina de conversa é unha actuación miña, pódeseme solicitar que rectifique o dito nunha páxina de conversa; e pode solicitalo calquera, inda que non sexa o usuario que detenta a páxina.
Borrar unha páxina de conversa é posible así e todo se, tal e como se di en Wikipedia:Eliminación rápida non existen motivos para conservala. Un conflito, mesmo unha imaxe marcada e borrada, pode ser suficiente para que se conserve (se eu borro unha imaxe, quero que haxa constancia de que me dirixín ó usuario e que non se poida afirmar que fago as cousas sen atender principios básicos). De borrarse a páxina de conversa, o contido desa páxina só podería ser visto por administradores, perdendo os usuarios un dereito que teñen: a transparencia.
Evidentemente, se me confudo en algo, ó primeiro que lle gustaría poder borrar a confusión é a min. Pero debe constar que me confundín, debo afrontar o feito.
Si sería factible mudar un nome de usuario. Débese facer a solicitude en Taboleiro dos administradores#Renomear usuarios e é estritamente necesario que se asine co nome de usuario que se solicita mudar. Se se indican motivos, mellor.
Procedo, a ser posible hoxe, a comunicarme co usuario por correo para dicirlle isto mesmo.
Para unha total transparencia desexo indicar que si borrei unha vez unha páxina de usuario e de conversa (User:Sarelo). A páxina estivera controlada por min fai tempo. Creeina para ensinarlle a alumnos a rexistrarse, pero nunca se fixo nin unha soa edición con esa identidade. Co tempo, ademais, esquecín o contrasinal (polo que decidín crear Usuario:IES A Estrada). A páxina de conversa (User talk:Sarelo) só puña o seguinte:

User:Sarelo é un usuario colectivo. Aqueles que editan como User:Sarelo son alumnos de User:Lmbuga.

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 12:16, 2 xuño 2008 (UTC)

Pisei unha imaxe

Ola, Lmbuga. Editando [[Imaxe:Parroquia de San Vitoiro da Mezquita do concello de Allariz.png]] non sei como demonio fixen que en vez de manter as dúas versións do arquivo, pisei a anterior coa miña. A anterior, de Caronium, non incluía todo o territorio da parroquia. Perdeuse o historial a que esa imaxe a creara el e todo... Sabes como amañalo? Moitas grazas. --Xabier Cid Conversa 16:49, 2 xuño 2008 (UTC)

Moitas grazas, agora xa o entendo todo... :) Xa completei a caixa de información, pois. --Xabier Cid Conversa 21:01, 2 xuño 2008 (UTC)

Non pasa nada

En primeiro lugar, non fai falla desculpa algunha Lmbuga, as posibilidades de ter dúas persoas que se chamen igual, cas iniciais dos seus apelidos coincidan, por riba un sae da galipedia e outro entra, temos contas de corrreo en diferentes servidores co mesmo nick, e seguramente eu enganeime ou fixen o nick que vos pedira bloquear noutra wiki; tantas coincidencias voltarian tolo a calquera, hai que tomalo coma unha causalidade que se enredou de mal xeito, nada máis, asi que sen desculpas ;) Falando xa da ip que me pasas, non é a miña, pero ademáis se che pedise algo fariao co meu nick, do mesmo xeito de cando che pedin o cambio de nick, eu sempre entro logeado, asi pois non son eu o que che pide borrar nada, é máis eso de borrar unha páxina de conversa na que seguramente participara máis xente persoalmente non me agrada nada e por riba que cho pida alguén sen dalo seu nick pois ....... puntos suspensivos, non digo máis. E nada, para o que gustes dame un toque, e non te preocupes, non foi máis que unha confusión. --Xabier Cancela (fálame 21:24, 2 xuño 2008 (UTC)

Votacións

Ola Lmbuga, que tal? Poderías concederlle a Lameiro o status de administrador de acordo coa votación rematada onte? Aquí vai a ligazón da votación: Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:Lameiro. As demais votacións atópanse aquí: Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións. Un saúdo e grazas de antemán. AlberteSi, digame? 18:04, 3 xuño 2008 (UTC)

Só dicir que lle recomendes aos teus alumnos, cando vaian traducir doutra wikipedia, que en lugar de copiaren o texto como se amosa, mellor que copien o código fonte, para que así lles sexa máis sinxela a tarefa. Máis que nada para non ter que engadir de novo os "=" para os títulos e eliminar os "[Editar]". Un saúdo! --GallaecioE logo? 12:55, 5 xuño 2008 (UTC)

  • 4º da ESO... Os vellos tempos. Claro que para min iso era o ano pasado :-D E en Informática os alumnos acostumabamos aproveitar calquera momento para facer outra cousa. Tampouco te preocupes moito polo artigo. O único que lle vin foi iso. DEica! --GallaecioE logo? 08:22, 6 xuño 2008 (UTC)

Imaxes

Ola Lmbuga, había tempo que non me dirixía a ti, e como case sempre é por algunha dúbida. A imaxe Imaxe:1557-San Felipe.JPG está na Galería de imaxes de Mugardos, por estar sacada desde a outra banda da ría de Ferrol, porén é dun lugar de Brión en Ferrol. Non debería estar en imaxes de Ferrol? Grazas.--PepedoCouto 19:53, 10 xuño 2008 (UTC)

Descubremento de América

Ola Lmbuga dirixome a ti para decirche que eu non fixen o artículo de Descubremento de America, ademais que dito artículo pareceme dunha estensión razoable, posiblemente cando te refires a min sexa por outro articulo o cal estaria disposto a mellorar si esta nas miñas mans, tamen unha ves que me dirixo a ti queria a ver se me sacas dunha dubida ¿Como ai que facer para usar unha foto da wikipedia inglesa¿, pois non logro redirecionalas as miñas contribucións sin mais un saudo e grazas por anticipado. O usuario User:Alfonso Márquez Pois ben ainda que non é na inglesa desexaba poder usar as fotos dos grandes mestres de xadrez que están na wikipedia Brezhoneg [1] para poder usar nunha serie de articulos que estou traducindo da wikipedia española e o mesmo tempo tratando de mellorar.Unha ves máis douche as grazas un un saudo da miña parte .--Alfonso Márquez 17:49, 20 xuño 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, creei este artigo hoxe a partir do mesmo en español, mais teño algún problema co medalleiro e as medallas dos gañadores, poderías arranxalo? Grazas.--PepedoCouto 20:26, 16 xuño 2008 (UTC)Esto último xa o amañarón.--PepedoCouto 20:29, 16 xuño 2008 (UTC)


Flickr

Ola Lmbuga. Unha pregunta, en Commons de Flickr ademais da primeira e derradeira categorías, non se poden obter imaxes doutras categorías? Pregúntocho porque na wiki castelá vin que subiron fotos doutras categorías sen ningún problema--Hugo22 17:16, 19 xuño 2008 (UTC).

Xa me decatei, a imaxe que che dicía é dunha rapaza de Flickr que permitiu o seu uso na Wikipedia malia clasica-la con Copyright en Flickr--Hugo22 17:31, 19 xuño 2008 (UTC).

Edouard Manet

Ola Lmbuga, poderías arranxarme a redirección Édouard Manet, Manet, Edouard Manet? tente face-lo por min mesmo pero non dou--Hugo22 20:25, 22 xuño 2008 (UTC). Moitas Grazas--Hugo22 20:58, 22 xuño 2008 (UTC).

Non son a mesma imaxe

Coma poderás ver no artigo Gemini, onde uso as dúas imaxes, non son iguais; á que ti te refires é a gráfica (conexión) oficial (arriba,á dereita, na táboa da constelación), mentres que a outra é un xeito de conexión alternativo das estrelas de Xémini (abaixo, dereita).

Cambiar de sinatura

Ola Lmbuga. Desexo cambiar o nome da miña conta. O nome da conta que desexo é Ogcbizrohnoacn. --Benigno Fernández Salgado.

Monte Xiabre

Hai algo que non entendo: clasificas "Imaxe:Rapa das Besta Xiabre - Pontevedra - Galicia - España.jpg‎" entre as Imaxes de Valga; e "Imaxe:Xiabre Galicia - España.jpg" entre as Imaxes de Caldas de Reis. Aínda hai un treito entre o monte Xiabre e Valga. Supoño que xa o terías en conta, pero prefiro facer esta observación por si acaso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:39, 8 xullo 2008 (UTC)


Imaxes

Ola Lmbuga, non entendo porque dis que son infraccións de copyright. Moitas das fotos que subín son de xente que non quere que as súas imaxes sexan libres ou que estean en Commons, pero sí queren que aparezan na Galipedia--Hugo22 19:06, 10 xullo 2008 (UTC).

Ordenador → タチコマ robot

I own both accounts. This request is to unify all of my bot accounts for SUL. Thanks. -- Cat chi? 09:22, 11 xullo 2008 (UTC)

Imaxes e vandalismo?

Ola Lmbuga, grazas pol aviso tenterei facelo así de agora en diante. Por certo, onte subín unha foto de André Pena Graña para ilustrar o seu artigo e hoxe vexo que esta IP 83.34.105.21 borrouna e máis cambiou o nome. É esto vandalismo ou ten o poder para facelo? Grazas por atenderme.--PepedoCouto 17:20, 11 xullo 2008 (UTC)

Haber !

Como podes comprobar en editar pon self made !!!!!! Ou é que non sabes ler?? e senón se fai así faino ti que agora xa o sabes --Martinho12 17:24, 11 xullo 2008 (UTC)

Desculpa!

quizais fun un pouco borde demáis. Sintoo moito, pero levo uns días que teño un humor de cans. Grazas. --Martinho12 17:42, 11 xullo 2008 (UTC)


Imaxes

A autora das imaxes de Anxo Quintana quitou o Copyright, poderías volve-las subir?--Hugo22 18:35, 11 xullo 2008 (UTC).

  • Lmbuga, quedouche por subir Imaxe:Quin.jpg, Grazas--Hugo22 19:51, 16 xullo 2008 (UTC).

Atúns

Ola Lmbuga. Bótalle un vistazo a Imaxe:Diagrama tunidos 2.jpg e faime as correccións que cumpran. Espero que non sexan moitas. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:18, 16 xullo 2008 (UTC)

Nome de usuario

Ola, Lmbuga. Hoxe deuse de alta o Usuario:Conacho. Supoño que non o fixo de mala intención, pero para min esta é unha palabra malsoante e un insulto, algo que non debería ser empregado como nome de usuario. Pero tampouco as teño todas comigo. Que opinas? --Xabier Cid Conversa 17:39, 17 xullo 2008 (UTC)

Ok, :) --Xabier Cid Conversa 17:44, 17 xullo 2008 (UTC)

Outra cousiña

Bótalle unha man a esta foto [[2]] en Commons. Ademais de que inclúe publicidade dun sitio privado, na web indícase como material con copyright, a pesar de que aparenetemente os seus autores o queren liberar agora en commons, sen retirar a licenza. Eu de imaxes non entendo demasiado, así que o deixo ao teu criterio. :) --Xabier Cid Conversa 19:27, 17 xullo 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, no artigo de Noia non aparece o seu escudo, xa que é esta imaxe Imaxe:Noia.JPG o único escudo existente na galipedia. Xa vin que só un administrador pode arranxalo. Grazas. Por certo, non sei se che valerá de algo, pero conacho non só é un insulto moi empregado en Ferrol, os ferroláns tamén o usan como sinónimo de ferrolán.--PepedoCouto 15:29, 18 xullo 2008 (UTC)

Ola Lmbuga, vin que me deixaches unha mensaxe hai varios días. Solucionaches o problema ou aínda o tes pendente? Un saúdo. AlberteSi, digame? 13:38, 20 xullo 2008 (UTC)
Vale, creo que entendín o tema. Para unificar contas de usuario necesítase te-lo mesmo nome de usuario en tódalas wikipedias nas que esteas rexistrado. É por iso que o usuario pídeche muda-lo nome, para poder unifica-las contas. Xa o fago eu por se lle corre presa. Un saúdo. por certo, quizabes ti tamén debas unificar contas, dende as miñas preferencias podes facelo. Saúdos. AlberteSi, digame? 21:05, 21 xullo 2008 (UTC)

categorización de imaxes

ola Luis.

tes razón no da categorización das imaxes. No caso de músicos solistas teño o feo costume de categorizalos en "música" porque é o que fago coas fotos de grupos de música. No caso das estatuas, como a de Ricardo Portela, púxeno en "categoría:Cotobade" tamén porque antes subira outra do concello.

Grazas polo consello. Procurarei categorizar mellor na galipedia. En commons resúltame máis complicado, pois hai moitas categorías, e adoito pór en "music" tódalas imaxes, sexan de grupos ou de solistas.

--Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:03, 5 agosto 2008 (UTC)

Bot flag for タチコマ robot

Hi, I was wondering the situation on this... -- Cat chi? 09:32, 6 agosto 2008 (UTC)