Muller: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: hak:Ńg-ngìn
m bot Modificado: ar:امرأة
Liña 49: Liña 49:
[[an:Muller]]
[[an:Muller]]
[[ang:Wīf]]
[[ang:Wīf]]
[[ar:مرأة]]
[[ar:امرأة]]
[[az:Qadın]]
[[az:Qadın]]
[[bar:Wei]]
[[bar:Wei]]

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2008 ás 07:07

Nai e meniña

Unha muller é un ser humano de sexo oposto ó dos homes. Este tipo de oposición non é antinómica: existen casos intermedios tanto bioloxica (hermafroditismo) coma psicoloxicamente (transexualidade).

Factores biolóxicos

En términos biolóxicos, os órganos sexuais femininos forman o aparello reprodutor, mentres que as características sexuais secundarias teñen como función a atracción dun home ou a alimentación dos bebés.

Aínda que nazan menos mulleres que homes (a proporción está ao redor de 1:1.05), hai máis mulleres entre a poboación adulta (sobre un 1.04:1). As mulleres teñen un índice de mortalidade inferior que os homes, aínda no útero, e viven un promedio de cinco anos máis debido a unha combinación de factores: a xenética, a socioloxía, a saúde, a presenza do estróxeno (a hormona feminina), e o efecto de altos niveis de andróxenos nos homes. No ano 2001, da poboación total, había 101.3 homes por cada 100 mulleres.

Aparello reprodutor feminino

Co inicio da menstruación (menarquia), as funcións reprodutivas permiten que a maior parte das mulleres poidan quedar embarazadas e dar a luz. Á ciencia que estuda a reprodución feminina e os órganos reprodutores é a xinecoloxía. As mulleres xeralmente chegan á menopausia en torno aos 50 anos, idade á cal as súas ovarios deixan de producir estrógenos e termina a etapa de aptitude reproductiva.

En xeral, as mulleres sofren as mesmas enfermidades que os homes; con todo hai algunhas enfermidades específicas que se dan con maior frecuencia ou exclusivamente en mulleres, e pola contra hai enfermidades que as mulleres non padecen como a hemofilia, doenza exclusiva dos varóns.

En xeral as mulleres teñen menor tamaño, talla e peso total que os homes. Así mesmo, e debido a factores hormonais, teñen un peso óseo inferior e unha maior porcentaxe graxa con menos masa graxa. Malia isto as mulleres desenvólvense máis rápido na adolescencia, polo tanto nese período ten unha media de estatura maior aos varóns que decrece ata que se chegue ata a idade adulta.

A distribución graxa na muller é diferente ao home, presentando unha distribución maior en glúteos, mamas, cadeiras e coxas. A muller ten unha pelve máis ancha, maior angulación do fémur e maior lordose lumbar que o home.

Cultura e roles

Estatua en homenaxe á muller rural. Ponte Carreira, Frades

Desde a prehistoria, as mulleres, coma os homes, asumiron un papel cultural particular. En sociedades de caza e recolección, as mulleres case sempre eran as que recollían os produtos vexetais, mentres que os homes fornecían a carne mediante a caza. Por mor do seu coñecemento profundo da flora, a maior parte dos antropólogos cren que foron as mulleres as que conduciron ás sociedades antigas cara ao Neolítico e convertéronse nas primeiras agricultoras.

Na historia recente, os roles das mulleres cambiaron enormemente. As funcións sociais tradicionais das mulleres da clase media consistían nas tarefas domésticas, acentuando o coidado de nenos, e non adoitaban acceder a un posto de traballo remunerado. Para as mulleres máis pobres, sobre todo entre as clases obreiras, esta situación era ás veces un obxectivo, xa que a necesidade económica obrigounas durante moito tempo a buscar un emprego fóra de casa, aínda que as ocupacións en que se empregaban tradicionalmente as mulleres de clase obreira eran inferiores en prestixio e salario que aquelas que levaban a cabo os homes. Eventualmente, o liberar ás mulleres da necesidade dun traballo remunerado converteuse nun sinal de riqueza e prestixio familiar, mentres que a presenza de mulleres traballadoras nunha casa denotaba a unha familia de clase inferior.

O movemento feminista é en parte unha loita polo recoñecemento de igualdade de oportunidades cos homes, e para a igualdade de dereitos independientemente do sexo. As dificultades para obter este recoñecemento debéronse a factores históricos combinados cos costumes e tradicións sociais. Actualmente, grazas aos cambios económicos, o apoio do poder económico e os esforzos do movemento feminista de fai décadas e outros movementos de dereitos humanos, na maior parte das sociedades as mulleres teñen acceso a carreiras e traballos, máis aló da atención das tarefas domésticas ou de ama de casa.

Sufraxio Feminino

Artigo principal: Sufraxio feminino.

O primeiro sufraxio feminino (coas mesmas características propias que o masculino) garantiuse en Nova Jersey en 1776, aínda que rescindiu en 1807. Varios países e estados garantiron un sufragio feminino restrinxido na segunda metade do século XIX, comezando por Australia do Sur en 1861. O primeiro sufraxo feminino sen restrinxir, no que a dereito a votar refírese (xa que ás mulleres non se lles permitía presentarse a eleccións), garantiuse en Nova Celandia en 1893.

Palabras relacionadas

Véxase tamén