Titanic (filme de 1997): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot:Eliminando espazos nas cabeceiras
m bot Modificado: simple:Titanic (1997 movie)
Liña 235: Liña 235:
[[ru:Титаник (фильм, 1997)]]
[[ru:Титаник (фильм, 1997)]]
[[sh:Titanic (film iz 1997.)]]
[[sh:Titanic (film iz 1997.)]]
[[simple:Titanic (1997 film)]]
[[simple:Titanic (1997 movie)]]
[[sl:Titanik (film, 1997)]]
[[sl:Titanik (film, 1997)]]
[[sq:Titanic]]
[[sq:Titanic]]

Revisión como estaba o 5 de agosto de 2008 ás 18:11

Titanic é unha película dramática estreada en 1997, escrita, producida e dirixida por James Cameron. Está protagonizada por Leonardo DiCaprio e Kate Winslet como Jack Dawson e Rose DeWitt Bukater respectivamente, membros de diferentes estratos sociais que se namoran a bordo do RMS Titanic mentras realizan un mesmo viaxe pero con diferentes "destinos".

A película está co-protagonizada por Billy Zane que interpreta o papel de Caledon Hockley, prometido de Rose, Bill Paxton que interpreta ó líder da expedición que na actualidade trata de atopar a xoia O Corazón da Mar e Gloria Stuart, que dá vida á anciá Rose, no ano 1996.

Titanic non estaba completada a mediados de 1997, e existiron problemas entre produtora e o propio director sobre a duración da mesma. Pero a insistencia de Cameron unida a sacrificos propios, como non cobrar o que correspondía da billeteira (tendo en conta a recaudación, iso supuxo perder moito diñeiro) fixeron que ó final a película vira a luz como James Cameron quería.

Nos Estados Unidos foi estreada o 19 de decembro de 1997, pero non foi ata primeiros do ano seguinte cando empezou a subir a súa recadación.

O orzamento foi de aproximadamente 240 millóns de dólares, e só en Estados Unidos a película recadou arredor de 600.

Produción

Cando a película non fora terminada para a data prevista, os executivos de Hollywood comezaron a impacientarse debido á fortísima suma de cartos invertida no proxecto. Na 20th Century Fox (que acababa de estrear The Mask of Zorro e que controlou a distribución da película fóra dos Estados Unidos, e na Paramount Pictures (que a controlou dentro) cundiu o pánico.

Cun orzamento de 240 millóns de dólares, Titanic converteuse na película máis custosa de tódolos tempos a mediados de 1997. Cando o director James Cameron entregou a montaxe definitiva ós directivos, cunha duración de 3 horas, comezou a haber serias dúbidas do seu posible funcionamento nas billeteiras unido á perda de confianza no director canadense. Cameron defendeu a súa produción e enfrontouse a eles para convencelos de que non podían acurtar a película por debaixo desas 3 horas. Cameron admitiría máis tarde que naquel momento pensou que a película Titanic tiña todalas papeletas para converterse nun fracaso absoluto.

Na primeira fin de semana trala estrea, o filme recaudou preto de 28 millóns de dólares, cifra que antes de acabar o ano subiu ata acadar os 100. Titanic era número un, e mantívose nese posto máis de catro meses, sendo dese xeito a película con maior recaudación da historia do cine. No mundo enteiro, recadou algo máis de 1800 millóns de dólares.

O éxito da película estendeuse tamén á banda sonora da mesma, cuxo tema central, "My heart will go on", estaba interpretado pola canadense Celine Dion.

Premios

Premios Oscar

James Cameron - Oscar e Globo de Ouro ó mellor diretor, en 1998, por Titanic

Titanic gañou Oscars en case todas as categorías ás que foi nominada, un total de 11 Oscars de 14 nominacións. Isto supúxolle converterse, despois do Ben-Hur, na película máis premiada polos premios da academia. Ademais, resultaron nominadas ó Oscar dúas actrices que interpretaban o mesmo personaxe, Kate Winslet e Gloria Estuard por interpretar a Rose, se ben ningunha das dúas resultou vencedora. Criticouse que o guión de Cameron non recibise nin sequera a nominación, o mesmo que ocorreu coa interpretación de Leonardo DiCaprio.

Oscar Persoa Resultado
Mellor película Gañadora
Oscar ó mellor director James Cameron Gañador
Oscar á mellor actriz Kate Winslet Nominada
Oscar á mellor actriz de secundaria Gloria Stuart Nominada
Oscar á mellor banda sonora dramática James Horner Ganador
Oscar á mellor canción
My Heart Will Go On
James Horner
Will Jennings
Ganadores
Oscar á mellor fotografía Russell Carpenter Gañador
Oscar ó mellor deseño de vestiario Deborah Lynn Scott Gañadora
Oscar á mellor dirección artística Peter Lamont
Michael Ford
Michael Foster
Gañadores
Oscar á mellor montaxe Conrad Buff IV
James Cameron
Richard A. Harris
Gañadores
Oscar á mellor maquillaxe Tina Earnshaw
Greg Cannom
Simon Thompson
Nominados
Oscar á mejor edición de son Tom Bellfort
Christopher Boyes
Gañadores
Oscar ó mellor son Gary Rydstrom
Tom Johnson
Gary Summers
Mark Ulano
Gañadores
Oscar ós mellores efectos visuais Robert Legato
Mark A. Lasoff
Thomas L. Fisher
Michael Kanfer
Gañadores

Globo de Ouro (EEUU)

  • Venceu nas categorias de mellor película - drama, mellor diretor, mellor banda sonora e mellor canción (My Heart Will Go On).
  • Nominada nas categorias de mellor actor - drama (Leonardo DiCaprio), mellor actriz - drama (Kate Winslet) e mellor actriz secundaria (Gloria Stuart).

Premios BAFTA (Reino Unido)

  • Nominada nas categorias de mellor película, mellor director, mellor banda sonora, mellor fotografía, mellor edición, mellor maquillaxe, mellor deseño de produción, mellor sonido e mellores efectos especiais.

Premio César (Francia)

  • Nominada na categoria de mellor película estranxeira.

MTV Movie Awards (EEUU)

  • Venceu nas categorías de mellor película e mellor actor (Leonardo DiCaprio).
  • Nominada nas categorías de mellor actriz (Kate Winslet), mellor villano (Billy Zane), mellor bico, mellor secuencia de acción, mellor parella (Leonardo DiCaprio e Kate Winslet) e mellor canción orixinal (My Heart Will Go On).

Grammy (EEUU)

  • Recibiu o premio á mellor canción creada para o cine (My Heart Will Go On).

European Film Awards

Premio Eddie (American Cinema Editors, EEUU)

  • Recebeu o prêmio de Filme Melhor Editado.

Academia Xaponesa de Cine (Xapón)

  • Venceu na categoría de mellor película estranxeira.

Polémica

A película suscitou numerosas polémicas. Por exemplo, o seu alto custo, que foi tema de critica desde antes mesmo de finalizar a produción. Tamén o foron o feito de que o romance tome protagonismo por enriba do desastre en si e numerosas incorreccións históricas, a pesar do empeño de Cameron por coidar ó detalle estes aspectos.

  • É incorrecto que a nave estivera intentando bater un récord. O Titanic, ó igual que o seu xemelgo Olympic, tiña unha velocidade máxima de 23 nós. Na viaxe non superou os 21 nós e calquera intento de bater un récord resultaría inútil, dado que o récord estaba en mans das naves Mauretania e Lusitania, as dúas cunha velocidade de 26 nós. Aínda que totalmente incorrecta, a actitude de manter 21 nós durante a noite non foi unha tolemia extraordinaria, pois aquela mesma noite o Olympic facía a mesma ruta en sentido contrario a uns 800 kms no mesmo campo de xeo e os mencionados Lusitania e Mauretania cruzaban estes campos a 24 nós ou máis.
  • Non se pechou a pasaxeiros de terceira clase nas súas áreas contra a súa vontade, o que ocorreu foi que non se lles prestou axuda e non se lles informou. Moitos cando se decataron do que ocorría e cando lograron saír do laberíntico Titanic atopáronse con que case todos os botes foran xa lanzados.
  • Non hai probas de que o primeiro oficial W.Murdoch se suicidase. Hai testemuñas de que se efectuaron disparos ó aire e unha lenda de que un oficial se suicidou. Hai quen asegura que este oficial foi o capitán, outros que un oficial superior, pero ningún que relacione este feito con W.Murdoch (hai testemuños que din que o viron na agua tralo afundimento e mesmo axudando a subir a xente ós botes desde a agua). Por tanto, mostrar a unha persoa que existiu e morreu de verdade coma un asasino que logo se suicida non sentou ben á familia do propio W.Murdoch que demandou (e gañou) a James Cammeron por como mostrou ó seu defunto antepasado.
  • Esta película, ó igual que moitas outras, mostra que o Titanic dá marcha atrás para evitar a colisión (algunhas películas mesmo van máis alá e sinalan isto coma un erro). É certo que o oficial W.Murdoch deu orde de contramarcha para evitar a colisión, pero segundo expertos e xulgando pola maquinaria da época, os motores dunha nave da clase Olympic necesitaban máis de 1 minuto tan só para parar e probablemente outro para volver a coller velocidade. O Titanic só tivo 40 segundos desde que se deu a orde ata a colisión fatal. Iso implica que no momento da colisión as hélices do Titanic (polo menos as exteriores) aínda estaban xirando cara adiante. Na película amósase como en menos de 40 segundos deceleran, frean, invirten e chegan á máxima potencia cara atrás. É algo incorrecto tecnicamente.
  • A película tamén amosa ó enxeñeiro Andrews facendo unha estimación de 1 hora no tiempo que tardaría o Titanic en afundirse. Andrews non fixo tal estimación, a aproximación era de entre 2 e 4 horas.
  • Se ben isto non é unha polémica e non se pode culpar á película, hogano sábese que a nave se partiu en 2 de forma moi diferente á amosada na película.

Reparto

Leonardo DiCaprio
Kate Winslet
Actor Personaje
Leonardo DiCaprio Jack Dawson
Kate Winslet Rose DeWitt Bukater
Billy Zane Caledon Hockley
Frances Fisher Ruth DeWitt Bukater
Kathy Bates Margaret "Molly" Brown
Eric Braeden Coronel John Jacob Astor IV
David Warner Spicer Lovejoy
Martin Jarvis Señor Cosmo Duff Gordon
Rosalind Ayres Señorita Lucille Duff Gordon
Danny Nucci Fabrizio De Rossi
Gloria Stuart Anciana Rose (Rose Dawson Calvert)
Victor Garber Thomas Andrews
Bernard Hill Capitán Edward J. Smith
Jonathan Hyde J. Bruce Ismay
Bernard Fox Coronel Archibald Gracie
Jason Barry Tommy Ryan
Ewan Stewart Primeiro Oficial William McMaster Murdoch
Jonathan Phillips Segundo Oficial Charles Lightoller
Ioan Gruffudd Quinto Oficial Harold Lowe
Michael Ensign Benjamin Guggenheim
James Lancaster Pai Thomas Byles
Rochelle Rose Noël Leslie
Suzy Amis Lizzy Calvert
Bill Paxton Brock Lovett
Freddy Vicente Villarreal O negro
Anatoly Sagalevitch Dr. Anatoly Milkailavich
Lewis Abernathy Lewis Bodine
Elsa Raven Ida Straus
Lew Palter Isidor Straus

Gerard Deparideu Amigo Caledon

Véxase tamén