Theodore Roosevelt, Jr.: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m +modelo:Premio Nobel da Paz
Liña 98: Liña 98:
[[sv:Theodore Roosevelt]]
[[sv:Theodore Roosevelt]]
[[sw:Theodore Roosevelt]]
[[sw:Theodore Roosevelt]]
[[ta:தியொடோர் ரோசவெல்ட்]]
[[th:ทีโอดอร์ รูสเวลต์]]
[[th:ทีโอดอร์ รูสเวลต์]]
[[tr:Theodore Roosevelt]]
[[tr:Theodore Roosevelt]]

Revisión como estaba o 5 de agosto de 2008 ás 17:08

Retrato do Presidente Roosevelt

Theodore Roosevelt Jr, ou sinxelamente Teddy Roosevelt (1858-1919) foi presidente dos Estados Unidos de 1901 ata 1909.

Naceu en Nova York, 27.10.1858, morreu en Sagamore Hill, Nova York, 6.1.1919). Foi un politico americano que vén dunha rica familia de colonos holandeses establecida en América desde o XVII século, entrou no partido republicano e converteuse no líder da tendencia imperialista.

Secretario agregado á Mariña (1897-98), dimitiu para tomar a cabeza dun corpo de cabaleiros voluntarios, o "Rough Hlders" que se ilustrarían contra os españois durante a guerra de Cuba. Feito un heroe popular, elixíuselle como Gobernador de Nova York (1899-1900) logo Vicepresidente dos Estados-Unidos (1900) e, a partir de setembro de 1901, sucedeu ao Presidente McKinley, que acababa de ser asasinado. Reelexido en 1904, permaneceu na presidencia durante oito anos (1901-09).

Campión dos dereitos "do pequeno home", contra o gran capitalismo, fixo máis eficaz a lexislación "anti-trusts" e interveu en favor dos obreiros nos conflitos sociais. Reforzou o goberno federal e aumentou a influencia do poder executivo a costa do lexislativo.

Nos asuntos exteriores, efectuou unha política activa e enérxica, afirmándoa, por unha referencia un tanto abusiva da doutrina de Monroe, o dereito dos Estados-Unidos a intervir en todos os asuntos latinoamericanos; logo de haber fomentado unha secesión en Colombia, obtivo da nova República de Panamá a concesión necesaria para construír unha canle e unha franxa de territorio de 15 quilómetros de ancho, para unir o mar Pacífico ao mar Caribe. O canle, logo sería inaugurado en 1914. Rompendo así co longo illamento no que se atopaban os Estados-Unidos, interveu activamente na política mundial, aportou a súa mediación na guerra ruso-xaponesa, fíxose representar na conferencia de Alxeciras e se erixiu como o campión do arbitraxe internacional, o que lle valeu o Nobel da Paz (1906).

En desacordo co seu propio partido, Roosevelt, presentouse de novo á Presidencia en 1912 pero desta vez xa non foi elixido.

Aplicacións do imperialismo norteamericano

Faciana de Roosevelt no Monte Rushmore

O Presidente Théodore Roosevelt en 1904 engadira á doutrina Monroe un "corolario" que xustificaba a política da gran bastonada (' ' big stick' ') pensando en aplicala respecto á América Latina.

O «corolario» da Doutrina Monroe;
« A incapacidade permanente e o comportamento errático e constante, dun Goberno, cuxa consecuencia sería a disolución xeneralizada dos vínculos que forma calquera sociedade civilizada, require, en América como por todas partes, a intervención dunha nación que posúe este carácter civilizado; o feito de que no marco do hemisferio occidental, os Estados Unidos séntanse responsables en virtude da adhesión á doutrina Monroe, pode obrigalos, ata contra a súa vontade, en casos de incapacidade ou malos comportamentos obvios, a exercer o papel de xendarme ». (Fonte: presidente Théodore Roosevelt, o 6 de decembro de 1904.)
A emenda Platt posta en practica en Cuba;
« "Estou tan enfadado contra esta pequena e infernal República de Cuba que me gustaría que fose borrada do mapa. Nos só queremos que eles (os cubanos) que se empoliquen ben, que sexan prósperos e felices, de forma que non teñamos necesidade de intervir. E agora, que comezaron unha revolución completamente inxustificable e inútil, as cousas van converterse en tanto complicadas que nos veremos obrigados a intervir - o que convencerá inmediatamente a todos os idiotas sospeitosos en Sudamérica xa que iso é logo de todo, é o que queriamos. » (Fonte: presidente Théodore Roosevelt, 1906.)

O imperialismo norteamericano manifestouse durante estes anos en ben outros países. Tralo Presidente Roosevelt (1901-1909), William Howard Taft (1909-1913) inaugurou a diplomacia do dólar, máis directamente preocupada pola defensa dos intereses económicos.

Para os pequenos países de Centroamérica e o Caribe, a diferenza pasou un tanto inadvertida, ata 1933, foron numerosos os países que se converteron en protectorados financeiros norteamericanos. Así pois, en 1905, un Tratado asinado coa República Dominicana permitiu aos Estados Unidos tomar o control dos dereitos de aduana deste país ata 1941. Haití coñeceu a mesma situación entre 1915 e 1934. En1920, a Nacional City Bank xa controlaba as finanzas da facenda pública.

Presidente dos Estados Unidos

Segue a:
William McKinley
Theodore Roosevelt, Jr.
Precede a:
{{{DESPOIS}}}
Partido Republicano