Sol: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: rm:Sulegl
m bot Engadido: sah:Күн
Liña 257: Liña 257:
[[ru:Солнце]]
[[ru:Солнце]]
[[rw:Izuba]]
[[rw:Izuba]]
[[sah:Күн]]
[[scn:Suli]]
[[scn:Suli]]
[[sco:Sun]]
[[sco:Sun]]

Revisión como estaba o 5 de agosto de 2008 ás 11:13

Sol
Datos astronómicos
Distancia media á Terra 150 000 000 km
(93 000 000 mi)
Brillo aparente (V) -26,8m
Brillo absoluto 4,8m
Características físicas
Diámetro 1 392 000 km
Diámetro relativo (dS/dE) 109
Área da superficie 6,09 × 1012 km2
Volume 1,41 × 1027 m3
Masa 1,9891 × 1030

kg

Masa en relación á Terra 333 400
Densidade media 1411 kg m-3
Densidade en relación á Terra 0,26
Densidade en relación á auga 1,409
Gravidade na superfície 274 n s-2
Gravidade relativa (superfície) 27,9 g
Temperatura na superficie 5506,85 ºC
Temperatura da coroa 5 × 106ºC
Luminosidade (LS) 3,827 × 1026 X s-1
Características orbitais
Período de rotación  
No ecuador: 27d 6h 36m
A 30° latitude: 28d 4h 48m
A 60° latitude: 30d 19h 12m
A 75° latitude: 31d 19h 12m
Período de translación en
torno ao centro da Galaxia
2,2 × 108 anos
Composición da fotosfera
Hidróxeno 73,46 %
Helio 24,85 %
Osíxeno 0,77 %
Carbono 0,29 %
Ferro 0,16 %
Neón 0,12 %
Azote 0,09 %
Silicio 0,07 %
Magnesio 0,05 %
Xofre 0,04 %

O Sol é unha estrela de tamaño medio, en relación ao conxunto da nosa galaxia, a Vía Láctea, arredor da cal gravitan a Terra e mailos outros membros do noso sistema planetario. A súa masa é 333.000 veces a da Terra e o seu volume 1.400.000 veces. A distancia do noso planeta ao Sol é de preto de 150 millóns de quilómetros (1 Unidade astronómica), tardando a súa luz, en chegar ata nós, pouco máis de oito minutos.

O Sol presenta unha estrutura granulosa e o seu brillo non é uniforme, sendo o borde menos brillante que a parte central do disco solar. As capas exteriores do Sol divídense en: fotosfera, a máis profunda, con preto de 300 km de espesura e unha temperatura mínima de 6000°C; a cromosfera, con preto de 8000 km de espesura, de onde emerxen enormes chorros luminosos, as protuberancias, que chegan a acadar 800 000 km; e maila coroa cunha altura de 1 millón de quilómetros e temperatura de 1 millón de graos Celsius.

A temperatura interna acada 20 millóns de graos Celsius. Presúmese que o Sol ten 5 000 millóns de anos de idade, pola secuencia principal do Diagrama de Hertzsprung-Russell, pódese considerar unha estrela anana. O seu "imperio" - o Sistema Solar - comprende 9 planetas, 1600 asteroides, 32 satélites e un gran número de cometas. Diámetro: 1 390 000 km; Superficie: 1 940 000 km²; Volume: 2 700 000 millóns de km3; Masa: 2 x 103 t; Velocidade absoluta (en relación ao centro da vía Láctea): 216 km/s; relativa (en relación ás estrelas máis próximas): 19 km/s.


Futuro

O Sol perde cada día 360 000 millóns de toneladas transformadas en enerxía. A súa atracción vai, por iso, enfraquecendo e de aí que a Terra se afasta do Sol 1 m por ano. Xa que a súa masa non chega ó límite de Chandrasekhar (1,44 masas solares), cando se lle esgote o combustible está previsto que acabe como unha anana branca.


Efectos sobre a Terra

Eclipse solar

Alén da alternancia das estacións do ano, entre días e noites, o Ciclo Solar ten moitos efectos importantes, que influencian ao noso Planeta. Estudos de Heliosismoloxía executados a partir de sondas espaciais, permitiron observar certas "vibracións solares", cuxa frecuencia aumenta co aumento da actividade solar, acompañando o ciclo de once anos de erupcións, a cada vintedous anos existe a manifestación do chamado hemisferio dominador, alén da movimentación das estruturas magnéticas en dirección aos polos, que resultan en dous ciclos de dezaoito anos con incremento da actividade xeomagnética da Terra e da oscilación da temperatura do plasma ionosférico na estratosfera do noso planeta.

Foron observadas emisións electromagnéticas en forma de aneis de diversos tamaños con temperaturas na orde de dous millóns de graos Kelvin, alén de emisión de masa coronal a cada 24 horas aproximadamente. Polo tanto, o noso Astro Rei, domina a nosa sobrevivencia na Terra.


Modelo:Link FA

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA Modelo:Link FA