Eustaquio Ilundáin: Diferenzas entre revisións
categorizo |
categorizo, agora si |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
* [http://www.obispadodeourense.com/inst/ensenanza/mayor/bicentenario/capitulo4.html Perfil de Eustaquio Ilundáin na páxina do Bispado de Ourense (en castelán)] |
* [http://www.obispadodeourense.com/inst/ensenanza/mayor/bicentenario/capitulo4.html Perfil de Eustaquio Ilundáin na páxina do Bispado de Ourense (en castelán)] |
||
[[Bispos da diocese de Ourense]] |
[[Categoría:Bispos da diocese de Ourense]] |
Revisión como estaba o 4 de agosto de 2008 ás 07:22
Eustaquio Ilundáin y Esteban, nado en Pamplona o 20 de setembro de 1862 e falecido en Sevilla o 10 de agosto de 1937) foi bispo de Ourense entre os anos 1904 e 1920 e posteriormente arcebispo de Sevilla ata a súa morte.
Recibiu formación en Teoloxía nos seminarios de Pamplona e Cidade Real. Na capital navarra foi ordenado sacerdote no ano 1886 e alí serviu ata 1891. Entre 1901 e 1904 foi reitor do Seminario de Segovia.
Durante o seu período na diocese de Ourense prestou especial atención á formación dos seminaristas e promoveu os seus coñecementos científicos. Realizou importantes investimentos para suministrar aparellos ao gabinete de Física e Historia Natural que el mesmo fundou.
En 1914 suspendeu a divinis o crego e líder agrarista Basilio Álvarez pola campaña xornalística e política que este emprendera en defensa dos campesiños e contra os poderes conservadores. Eustaquio Ilundáin viviu tamén mentres foi bispo de Ourense a aceptación por parte da poboación de novas formas de ocio, entre elas o cinematógrafo, que foi visto como unha ameaza á doutrina da Igrexa e aos seus valores morais[Cómpre referencia].