Inocencio IV, papa: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
aumentado desde es:Inocencio IV
m png->svg
Liña 1: Liña 1:
{{PapS-XIII}}
{{PapS-XIII}}
[[Imaxe:C_o_a_Innocenzo_IV.jpg|120px|left]]
[[Imaxe:C o a Adriano V.svg|120px|left]]
'''Inocencio IV''' (nado en [[Xénova]] hacia o 1185 e falecido en [[Nápoles]] o 7 de decembro de 1254) foi o [[Papa]] nº 180 da [[igrexa católica]].
'''Inocencio IV''' (nado en [[Xénova]] hacia o 1185 e falecido en [[Nápoles]] o 7 de decembro de 1254) foi o [[Papa]] nº 180 da [[igrexa católica]].



Revisión como estaba o 2 de agosto de 2008 ás 12:54

Modelo:PapS-XIII

Inocencio IV (nado en Xénova hacia o 1185 e falecido en Nápoles o 7 de decembro de 1254) foi o Papa nº 180 da igrexa católica.

De nome Sinibaldo Fieschi, foi o último representante da teocracia pontificia. Formouse en Parma e Bolonia, sendo profesor de dereito canónico nesta última cidade. O 23 de setembro de 1227 foi nomeado cardeal-párroco de San Lourenzo en Lucina; o 28 de xullo de 1228, vice-chanceler de Roma; en 1235 bispo de Albenga e legado no norte da península itálica. Foi elexido Papa o 25 de xuño de 1243, tras máis de ano e medio coa sede vacante trala morte de Celestino IV.

Con ocasión da celebración do cónclave para elexilo Papa, Federico II controlaba os arredores de Roma, sendo de facto quen dominaba os Estados Pontificios. Con esta situación pretendeu controlar a elección papal, ó que a maioría dos cardeais se opuxo. Elexido Inocencio IV, Federico II enviou emisarios para acodar a paz. Federico II fora proscrito por Gregorio IX e buscaba a toda costa un acordo coa Igrexa, pero sen renunciar ó seu poder e influencia nas decisións eclesiásticas. Pola súa parte, Inocencio era un home convencido de que o poder da Igrexa, e en concreto da figura papal, debía estar por riba dos gobernantes e os reis.

Nesta situación, Inocencio esixiu de Federico o recoñecemento do dano que causara á Igrexa. Finalmente chegaron a un acordo o 31 de marzo de 1244. Nel restituínase á Igrexa as súas posesións, especialmente os Estados pontificios, e liberábase ós prelados favorables ó Papa que mantiña presos o emperador. Aínda que firmara a paz con el mercede á mediación do rei de Francia, sentiuse incómodo en Italia pola presenza da milicia imperial, e decidiu refuxiarse en Lyon co apoio dos xenoveses. Convocou o 3 de xaneiro de 1245, nada máis chegar á cidade, o Concilio de Lyon I pese á oposición do emperador. Sentíndose forte, Inocencio procedeu a realizar novas acusacións durante a celebración do concilio contra o emperador e terminou por excomulgalo o 17 de xullo por non organizar unha nova cruzada, e dictou a bula Agni sponsa nobilis para declarar o poder supremo da Igrexa fronte ós gobernantes. Federico organizou tropas para enfrontarse ó papado; Inocencio, pola súa parte, pretendeu organizar unha cruzada contra o propio emperador mobilizando ós príncipes alemáns. Nese camiño pretendeu a elección de Henrique Raspe e, aínda que foi proclamado emperador o 22 de maio de 1246, nunca foi recoñecido como tal. Ó mesmo tempo provocou o alzamento contra o emperador de moitas cidades do norte de Italia, obtendo a victoria as tropas papais o 26 de maio de 1249.

Morto Federico II en 1250, continuou a súa loita contra Conrado IV, fillo e sucesor daquel, propoñendo para os alemáns a Guillermo de Holanda. Recuperou o Reino de Sicilia para o papado, ofrecéndoo sucesivamente a Ricardo de Cornwall, irmán de Henrique III de Inglaterra, ó seu fillo Edmundo o Xorobado e a Carlos de Anjou. Todos o rexeitaron, mentras Conrado IV e Manfredo (bastardo de Federico II) controlaban pola forza das armas Nápoles e Sicilia. Á morte de Conrado, a posición do seu fillo Conradino era tan precaria que negociou co Papa. Por un tratado firmado en setembro de 1254, Apulia pasou a ser propiedade papal. O gobernante de Apulia, Manfredo, sospeitou da conducta do pontífice ó visitar a súa nova terra, polo que fuxiu cos sarracenos, que o axudaron a derrotar ás tropas papais en Foggia o 2 de decembro de 1254. Inocencio, enfermo, faleceu en Nápoles o 7 de decembro, como consecuencia do efecto que a noticia da derrota tivo na súa desastrada saúde.

Ademais dos seus enfrontamentos coa dinastía Hohenstaufen, interviu na política de Inglaterra (protexendo a Henrique III), na de Austria, Hungría e Portugal.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Comes laurentius (O conde de Lourenzo), facendo referencia ó título nobiliario que ostentaba ó ser elexido pontífice, Conde de Lavagne de San Lourenzo.

Ligazóns externas