Qadesh: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
retiro espazos innecesarios
Caronium (conversa | contribucións)
cat
Liña 1: Liña 1:
'''Qadesh''' (tamén escrito '''Kadesh''', nome que quere dicir "Santa") foi unha cidade da moderna [[Siria]], na beira do río [[Orontes]], probabelmente localizada na moderna escavación de [[Tell Nebi Mend]], a uns 24 km ao suroeste de [[Hims]].
'''Qadesh''' (tamén escrito '''Kadesh''', nome que quere dicir "Santa") foi unha cidade da antiga [[Siria]], na beira do río [[Orontes]], probabelmente localizada na moderna escavación de [[Tell Nebi Mend]], a uns 24 km ao suroeste de [[Hims]].


Foi unha cidade dos [[cananeos]] que, aliada con outra cidade importante, [[Megiddo]], e outras menores, se opuxo á conquista da rexión por [[Tuthmosis III]] de [[Exipto]]. A cidade era mencionada como '''Qidshu''' nas [[taboíñas de Amarna]] e era probabelmente aliada do rei [[hurrita]] de [[Mittani]]. Os exipcios, vencedores na [[batalla de Megiddo]], impuxeron a súa hexemonía na zona do Levante.
Foi unha cidade dos [[cananeos]] que, aliada con outra cidade importante, [[Megiddo]], e outras menores, se opuxo á conquista da rexión por [[Tuthmosis III]] de [[Exipto]]. A cidade era mencionada como '''Qidshu''' nas [[taboíñas de Amarna]] e era probabelmente aliada do rei [[hurrita]] de [[Mittani]]. Os exipcios, vencedores na [[batalla de Megiddo]], impuxeron a súa hexemonía na zona do Levante.
Liña 11: Liña 11:
O reino pasou finalmente aos [[israelitas]] no [[século -XI]].
O reino pasou finalmente aos [[israelitas]] no [[século -XI]].


[[Categoría:Lugares exipcios en Palestina]]
[[Categoría:Arqueoloxía]]
[[Categoría:Vasalos hititas en Siria]]
[[Categoría:Vasalos hititas en Siria]]
[[Categoría:Hurritas]]
[[Categoría:Hurritas]]
[[Categoría:Siria]]
[[Categoría:Historia de Siria]]
[[Categoría:Batallas]]


[[als:Kadesch]]
[[als:Kadesch]]

Revisión como estaba o 1 de agosto de 2008 ás 15:31

Qadesh (tamén escrito Kadesh, nome que quere dicir "Santa") foi unha cidade da antiga Siria, na beira do río Orontes, probabelmente localizada na moderna escavación de Tell Nebi Mend, a uns 24 km ao suroeste de Hims.

Foi unha cidade dos cananeos que, aliada con outra cidade importante, Megiddo, e outras menores, se opuxo á conquista da rexión por Tuthmosis III de Exipto. A cidade era mencionada como Qidshu nas taboíñas de Amarna e era probabelmente aliada do rei hurrita de Mittani. Os exipcios, vencedores na batalla de Megiddo, impuxeron a súa hexemonía na zona do Levante.

Coñécense os nomes de tres reis de Qadesh: Suttarna (sobre -1350); Etakkama (sobre -1345) e Ari-Teshub (sobre -1330-1325).

Despois da vitoria do rei hitita Suppiluliumas I sobre o reino de Niya (ao sur de Alepo) dirixiuse ao sur, en dirección a Qatna, onde o rei Akizzi se someteu. Acto seguido, continuou avanzando cara a Apa (talvez Apina ou Upe, despois Damasco), rexión que, polo menos en parte, era controlada por Exipto. Neste momento Suttarna, rei de Qadesh (vasalo exipcio) e o seu fillo Aitaqqama, que talvez se sentiron ameazados, atacaron aos hititas, a pesar de que este non fixo ningún movemento para atacar Qadesh. O rei hitita derrotounos e refuxiáronse na cidade de Abzuya, cidade que foi asediada e conquistada, e Suttarna, o seu fillo e outros familiares (fillos, irmáns) feitos prisioneiros (igualmente marcharon co rei para Hatti). Acto seguido o rei hitita estableceu como rei vasalo a Aitaqqama (Etakkama), pero, despois da saída dos hititas, o novo soberano insistiu nunha carta na súa lealdade ao faraón.

Qadesh, que había uns 150 anos que era vasalo de Exipto, aliouse cos hititas; sobre -1300 foi dominado efemeramente por Seti I. Ramsés II preparou unha expedición militar como resposta. Os dous exércitos chocaron na zona do río Orontes, preto da cidade, e librouse a chamada batalla de Qadesh entre hititas e exipcios; os exipcios atribuíronse a vitoria, pero crese que foi máis ben favorábel aos hititas; a data da batalla non está establecida definitivamente, pero foi sobre o -1285. Qadesh permaneceu baixo influencia hitita e restou no seu poder durante un século cono estado vasalo.

O reino pasou finalmente aos israelitas no século -XI.