Secuestro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
Liña 33: Liña 33:
[[oc:Sequestracion]]
[[oc:Sequestracion]]
[[pt:Sequestro]]
[[pt:Sequestro]]
[[ru:Похищение человека]]
[[ru:Киднеппинг]]
[[simple:Kidnapping]]
[[simple:Kidnapping]]
[[sv:Kidnappning]]
[[sv:Kidnappning]]

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2008 ás 00:48

A palabra secuestro pode ter mais dun significado:

  • Cando se refire a unha persoa, trátase do acto de privar ilicitamente a unha persoa da sua liberdade de movemento.
  • Cando se refire a un secuestro de bens, trátase do acto de apreender ou depositar un ou mais bens, que son obxecto de litíxio, como forma que garantice que sexan entregados , ao final do proceso, a quen lles pertenza por dereito.

Secuestro de persoas

O secuestro de persoas é o acto polo que se priva de liberdade de forma ilegal a unha persoa ou grupo de persoas, normalmente durante un tempo determinado, e co obxectivo de conseguir un rescate ou obter calquera tipo de rédito político ou mediático. As persoas que levan a cabo un secuestro coñécense como secuestradores.

Os secuestradores, xeralmente, e previo ao secuestro da súa vítima, seguen os seus movementos cotiáns durante días anteriores ao evento, coa finalidade de coñecer as súas rutas de tránsito e horarios habituais para así lograr con maior éxito a súa empresa delituosa. Cando se trata de bandas organizadas para cometer este tipo de delitos, organízanse en células, é dicir, hai suxeitos que se encargan de realizar as negociacións telefónicas cos familiares da vítima para esixir o pago do rescate, outros se encargan de prover de alimentos e vixiar á persoa secuestrada durante o tempo que dura en cativerio, así como que outros interveñen ao momento de someter á vítima ao momento de interceptala e trasladala ao lugar onde se manterá en cativerio, lugar que en ocasións é cambiado co fin de distraer a atención das autoridades no caso de que se denuncie o feito.

Por regra xeral, a lexislación de todos os países teñen penas moi elevadas para este tipo de delitos, chegando nalgunhas ocasións á pena de morte. En Estados Unidos foron executados varios secuestradores ao longo da súa historia. Tamén en multitude de ocasións os secuestros terminan co asasinato da vítima do mesmo e, en calquera caso, un secuestro sempre carrexa graves secuelas psicolóxicas ás vítimas dos mesmos.

Un dos trastornos psicolóxicos que poden derivarse dun secuestro é o chamado síndrome de Estocolmo.