Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Agremon (conversa | contribucións)
→‎Datos: posición
Agremon (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Arquitectura en progreso}}
{{Arquitectura en progreso}}
[[Imaxe:Cantonmoreno050207peq2.JPG|thumb|500px|right|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de [[Ribadeo]], (tomada dende o Parque da Praza de España o [[7 de febreiro]] de [[2005]]) ]]
[[Imaxe:Cantonmoreno050207peq2.JPG|thumb|500px|right|Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de [[Ribadeo]], (tomada dende o Parque da Praza de España o [[7 de febreiro]] de [[2005]]), fachada SO]]
==Datos==
==Datos==
Localización: Ribadeo, Pza. España (Cantón dos Moreno), esq. r/ Ibáñez
Localización: Ribadeo, Pza. España (Cantón dos Moreno), esq. r/ Ibáñez

Revisión como estaba o 26 de xullo de 2008 ás 10:22


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de Ribadeo, (tomada dende o Parque da Praza de España o 7 de febreiro de 2005), fachada SO

Datos

Localización: Ribadeo, Pza. España (Cantón dos Moreno), esq. r/ Ibáñez

Orde de construción: Pedro e Juan Moreno Ulloa, 1915

Arquitecto: Julián García Núñez (xunto do enxeñeiro Ángel Ardex)

Estilo: Ecléctico - modernista

Estructura: Mixta de formigón e ferro

Adornos: Diversos, alicatados, mármores, vidrieiras, grecas, pilastras, ... . Cúpula da torre principal mantida por catro cariátides

Planta: 950m2 (solar, 1050m2, medidas tomadas usando SIXPAC)

Posición: 43º32'16"N, 7º2'17"O

Xeral

Casa de indianos emblemática de Ribadeo, datada de 1916, construída con cartos enviados polos irmáns Moreno (Pedro e Juan Moreno Ulloa). A súa construción, rica en adornos, extensión de planta, tellado con tellas cerámicas rechiscantes (cerámica vidrada de brilo atornasolado), torres con columnas figurando mulleres, ... fan del un edificio singular. Ocupa un solar de uns 1050m2, dos que están construídos uns 950m2 con baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Ten habido varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance do deterioro do edificio.

O tellado de tellas de porcelana (cerámica vidrada) en cor vermella pódese observar dende lonxe, en particualar os días luminosos, nos que o reflexo forma unha imaxe chamativa. Na torre situada na imaxe á dereita, a cúpula semiesférica vése mantida polas cariátides de reminiscencias antergas. O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.

Vista artíscia da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época (1 de setembro de 1916)
Ascensor da Torre dos Moreno, onde se aprecia a súa manufactura de ferro fundido e motivos vexetais

Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.

As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.

A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.

Bibliografía

Casas de Indianos. AAVV. Xunta de Galicia, 2000

Ver tamén